Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A cidade do Moble aprobarase no primeiro semestre de 2009   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Venres 15 de Febreiro de 2008 - 23:41
Esta mañá Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda, mantivo unha reunión con Raquel López, Gonzalo Constenla e Xosé Manuel Baños, onde lles anunciou que a Cidade do Moble aprobarase no primeiro semestre de 2008

O departamento autonómico reserva unha partida de 9,5 millóns de € nos orzamentos de 2008 e iniciará a adquisición de solo este mesmo ano
img_3386.jpg

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, prevé aprobar o proxecto sectorial do Parque Empresarial Cidade do Moble da Estrada no primeiro semestre de 2008, unha vez finalizada a tramitación administrativa.

A día de hoxe, a Consellería está ultimando a reformulación do proxecto sectorial, unha vez recibidos os estudios que estaban pendentes doutros departamentos autonómicos, para levar a cabo as incorporacións indicadas. Unha vez reformado o proxecto sectorial, este documento debe obter o correspondente informe de declaración de impacto ambiental, que emite a Consellería de Medio Ambiente e, finalizado este trámite, pasa a Dirección Xeral de Urbanismo, dependente da COTOP, último trámite na tramitación do proxecto sectorial previo a súa aprobación definitiva polo Goberno galego no Consello da Xunta.

A propia conselleira de Vivenda e Solo lle explicou este cronograma á portavoz municipal do BNG no Concello da Estrada, Raquel Arias, nunha reunión celebra hoxe, na que tamén participou o director xeral do IGVS, Daniel Pino.

O departamento autonómico ten xa reservada unha partida de 9,5 millóns de euros no orzamento de 2008 para a execución deste parque, e prevé iniciar a adquisición de solo este mesmo ano.

A superficie total da Cidade do Moble ascende a 528.350 metros cadrados cun investimento de 33,5 millóns de euros. A superficie destinada a solo empresarial é de 302.924 metros cadrados, mentres que os servizos comúns que alberga o parque ocupan 31.795 metros cadrados, e os 193.631 metros cadrados restantes destínanse a equipamentos, zona verde e sistema viario.

O futuro parque empresarial Cidade do Moble estará dotado de infraestruturas de calidade e de espazos comúns para, por unha banda, fomentar a creación de novas empresas e, por outra banda incrementar as sinerxías e a cooperación empresarial coa conseguinte redución dos custes de produción e o incremento da profesionalización do sector do moble en Galiza.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal