|
Os investimentos de Medio Rural na Estrada chegarán a 25 millóns de euros
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Sábado 03 de Maio de 2008 - 23:52
Gonzalo Constenla, Delegado de Medio Rural, e Raquel López Doce, Concelleira de Medio Rural da Estrada anunciaron que a Consellaría de investirá grazas ao Plan Bianual de Infraestruturas Agrarias 2007-2008 máis de 6 millóns de euros en distintas obras e proxectos no noso Concello. Gonzalo Constenla e Raquel López fixeron asimesmo unha recapitulación de todo o investido na Estrada polo departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal, e estiman que chegará a un total de 25 millóns de euros dende 2005 até finais de 2008, apenas tres anos e medio de goberno nacionalista na Xunta.
Estes números deixan en ridículo os 16 anos de Goberno do PP na Estrada e na Xunta, que, como todos sabemos, os orzamentos da Xunta apenas tiveron incidencia na Estrada.
O proxecto singular da Cooperativa Monte Cabalar lévase unha suma importante dos orzamento, mais tamén están contempladas a mellora de distintos viais e varias parroquias do Concello, así como as concentracións parcelarias de Arca e Codeseda. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |