Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Avaliación das eleicións 2001: O BNG segue a medrar no Concello da Estrada   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Xoves 15 de Novembro de 2001 - 00:00

O Consello Local do BNG da Estrada celebrou o venres dia 2 de novembro unha xuntanza para analizar polo miudo e valorar os resultados eleitorais acadados pola nosa organización en todas e cada unha das mesas eleitorais do noso Concello.

O método que se elixiu para facé-lo foi o de primar as valoracións e comparativas porcentuais, por riba do do número de votos acadados, tendo en conta o aumento da abstención que se produciu con respeito ás pasadas eleicións autonómicas de 1997, comícios que se toman como referencia para avaliar a evolución de resultados. Empregarmos esta metodoloxía permite-nos, asi, poder facer unha comparación non só da evolución dos nosos resultados, senón tamén contrastá-los cos das outras formación que concorreron ás eleicións.

O primeiro dado que cómpre salientar é que dos resultados globais acadados polo BNG (o número final de votos conseguidos, tras a proclamación oficial de resultados pola Xunta Eleitoral é de 2.558 votos, é dicer, 108 votos máis que os resultados anunciados pola Xunta de Galiza na noite eleitoral) desprende-se unha suba porcentual de 3 décimas, que fai que esta porcentaxe de votos (o 20'1 %) sexa a máis alta acadada pola nosa formación en todos os comícios celebrados até o de agora, e que confirma que o BNG na Estrada segue medrando e que nos afianza como segunda forza no noso Concello, tanto nas mesas da vila como nas do rural, en contraste coa primeira forza, o PP, que retrocede máis de 500 votos e incia unha tendéncia á baixa e a terceira, o PSOE, que segue caendo estrepitosamente en votos e porcentaxes.
Evolución do voto do BNG na Estrada en termos porcentuais

Evolución do voto do PSOE na Estrada en termos porcentuais
Ademais, destacamos o noso medre continuado de voto e porcentaxes do mesmo que se rexistra nas mesas do rural, un terreo de difícil penetración e aumento do voto nacionalista, e que nestas eleicións (18,1%) subiu máis dun ponto con respeito ás do 97 (16,9%) e achegándose cada vez máis ás porcentaxes do voto da vila (22,3%), tradicionalmente as máis altas, que contrasta coa perda de 400 votos tanto do PP coma do PSOE no conxunto das parróquias da Estrada. Así, o PP baixa votos en 24 das 33 mesas do rural e o PSOE en 26, fronte ao BNG que sobe porcentualmente en 20 delas, mantense en 5 e só baixa en 8.
Evolución do voto do BNG no rural estradense

Dentro das mesas do rural, debemos salientar os excelentes resultados nas seguintes parróquias onde as nosas subas significativas producen baixas moi considerábeis tanto no PP coma no PSOE:
  • Arca: pasamos dun 15,7% a un 26,7%, co correspondente descalabro do PP e do PSOE.
  • Moreira: suba de 10 pontos porcentuais, que nos sitúa nunhas porcentaxes do 22%.
  • Oca: mesma suba que en Moreira (10).
  • Paradela: suba de 9 pontos.
  • Nigoi: suba de 8 puntos porcentuais (17,6%), o que supón máis dun 100% de suba respeito ao 97 (8,38).
  • Aguións e Ribela: aumento de 6 puntos porcentuais.
  • Arnois e Santo André de Vea: suba de 5 pontos.
  • Barcala: avance de 4 pontos .

En conclusión, podemos afirmar que, ainda que no conxunto de Galiza o BNG retrocedeu lixeiramente as súas posicións eleitorais, no caso da Estrada non só se mantivo nas súas porcentaxes de apoio eleitoral senón que conseguiu medrar e manter a tendéncia continuada á alza que se vén rexistrando nos últimos dez anos, o cal nos afianza como segunda forza política do noso Concello e alternativa de governo, fronte a un Partido Popular con síntomas de retroceso e un Partido Socialista Obreiro Español que non consegue frear a sua caida, tamén continuada, nos últimos dez anos.

Xa por último, e con todas as cautelas precisas, ao tratar-se de convocatórias eleitorais de ámbito tan diferente, de facermos unha extrapolación dos resultados obtidos polas tres formacións no ámbito municipal, teriamos que o BNG aumentaría a súa representación nun concelleiro, a costa do Partido Popular, dados que confirman que a nosa é a única formación con expectativas de crecemento no noso Concello.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal