Martes 06 de Maio de 2008 - 00:29
Desde o primeiro día que se asinou o pacto co PSOE, Isabel Ruíz Ferro, Concelleira de Facenda, púxose a traballar nos orzamentos do Concello. Aínda que recoñecemos que os orzamentos chegan cun certo retraso, ben é certo que o BNG púxose cos orzamentos a primeiros do mes de novembro sen que até o momento se fixera nada para telos listos a finais do no 2007 ou principios de 2008.
Os primeiros orzamentos do BNG quedaron aprobados no pleno ordinario do mes de maio, cun importe de 11.600.400 euros un 8,10% superiores aos de 2007. O capítulo de investimentos ascende a 2.400.000 euros, dos cales 997.000 euros correspóndense a fondos propios do Concello, que un índice que mide a capacidade de aforro. Entre os investimentos previstos atópanse as beirarrúas de Guimarei, o proxecto das beirarrúas de Ouzande, a mellora do saneamento da Avenida de Santiago, a pavimentación de viais de acceso a núcleos de A Somoza, Olives, Santeles, Cereixo e Moreira; tamén se inclúen nestes orzamentos a Traída do Umia.
No que se refire aos ingresos, hai un aumento notábel nos capítulos de impostos indirectos (320%) e dos ingresos patrimoniais (190,4%), e por primeira vez elimináronse desta partida as tasas de protección civil, que quedarán exentas de pago.
No que se refire aos gastos correntes soben un 17,27%, debido entre outras cuestións á Escola Obradoiro (251.000 €), que se poñerá en marcha este ano e aos servizos que se prestan en servizos sociais (120.000 €). |