Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 08 de Xaneiro de 2009 - 13:14
Desde xaneiro de 2006 Israel somete á franxa de Gaza, onde viven un millón e medio de persoas, a un feroz bloqueo económico, que se viu incrementado nas últimas semanas impedindo a achega de calquera tipo de axuda humanitaria, imprescindíbel para a subsistencia da poboación palestina de Gaza.
O 27 de decembro de 2008, Israel decide unilateralmente apretar a corda e esganar aínda máis ao pobo palestino, e decide, co beneplácito dos Estados Unidos e/ou a pasividade da Comunidade Internacional e a ONU, bombardear a franxa de Gaza, producindo máis de 500 mortos e 2.500 feridos, boa parte deles nenos e nenas de curta idade. O 4 de xaneiro Israel invade Gaza e as consecuencias para a subsistencia física do pobo palestino en xeral e do preto dun millón e medio de palestinos en particular que viven en Gaza, é unha incógnita.
Diante desta situación o BNG da Estrada e Galiza Nova fan un chamamento aos veciños e veciñas da Estrada a acudir á concentración para parar o xenocicio perpetrado polo estado de Israel contra o pobo palestino. Esta concentración levarase a cabo o vindeiro sábado 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, diante do Concello. Lerase un manifesto e posteriormente lanzaremos zapatos contra os tanques de Israel que bombardean a faixa de Gaza. |