Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A Cidade do Móbel ten todas as garantías medio ambientais   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Xoves 26 de Marzo de 2009 - 13:42

A respecto das últimas declaracións do colectivo de Defensa Val do Liñares, o BNG da Estrada quere facer as seguintes precisións:

  • O proxecto Cidade do Móbel redixido pola Consellaría de Vivenda, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, e remitido o 18 de Novembro de 2008 á Consellaría de Medio Ambiente para o ditame da memoria ambiental e do Informe de Sostenibilidade Ambiental, xa contempla as melloras que indica este colectivo, é dicir, que o Proxecto Cidade do Móbel non afecta a ningunha masa de auga (regato Matamulleres e humidal de Lagartóns), manténdose como zonas verdes.

  • Ademais, o Proxecto deseñado pola Consellaría de Vivenda conserva integramente a vexetación de ribeira e eliminaranse as especies alóctonas, isto é, todas aquelas que non sexan autóctonas de Galiza (eucalipto, por exemplo).

  • E non só iso, senón que o Proxecto Cidade do Móbel contempla tamén unha depuradora adicada en exclusiva aos residuos xerados polo polígono. Tamén inclúe un sistema de pre-tratamento das augas pluviais previos ao seu vertido ao río Liñares consistentes en desbaste e desareado.

  • O que non di esta asociación é que as melloras contempladas no Proxecto Cidade do Móbel, deseñado pola Consellaría de Vivenda, porá fin á agresión ecolóxica e medio ambiental, ademais do caos urbanístico que supón o actual estado de alegalidade das instalacións industriais, que hai na actualidade.

Tendo isto en conta, no BNG da Estrada non entendemos o retraso que está a ter a Consellaría de Medio Ambiente no ditame dos informes citados con anterioridade, xa que todas as melloras solicitadas polo grupo que máis se opón ao Proxecto Cidade do Móbel, xa están contempladas na redacción do Proxecto feito pola Consellaría de Vivenda.

O BNG quere recordar unha vez máis que o 18 de novembro pasado a Consellaría de Vivenda remitiu á Consellaría de Medio Ambiente, que dirixe Pachi Vázquez, o Proxecto Cidade do Móbel, para o que tiña un prazo máximo de 3 meses, e a estas altura xa se cumpriron 4 meses e os informes que tiña que redactar esta última aínda non están feitos. Alén disto, unha vez ditaminados os informes remitirase todo o proxecto á Consellaría de Política Territorial, que terá un mes para informar e finalmente aprobarase no Consello da Xunta, que, tendo en conta o retraso acumulado e os prazos que aínda quedan, terá que ser aprobado polo novo executivo da Xunta de Galiza, e agardemos que este Proxecto tan importante para A Estrada, vexa a luz antes deste verán.


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal