Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Dias das letras galegas 2002: Polo direito elemental a aprendermos en galego   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Xoves 16 de Maio de 2002 - 00:00

A escola continua a ser unha institución desgaleguizadora. O alunado chega á escola falando galego en maior medida que o fai durante a sua estadia escolar e xa non digamos ao abandonar o sistema educativo. E asi resulta cando menos paradoxal que é un dos peares de calquer sociedade -a insitución escolar- estea a cumprir un papel contrário ao desenvolvimento pleno do noso idioma. Cando vai máis de 6 anos da publicación do Decreto 247/95 (que desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a sua aplicación ao ensino en língua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes nívieis non universitários) e 19 anos da Lei de Normalización Lingüística, que recoñece o galego como língua própria de Galiza, constatamos que, no ensino en xeral e no ensino en particular, nen sequer se garante o direito de que os nenos e nenas de Galiza sexan escolarizados no idioma próprio.

Preocupa-nos o escaso avanzo dos usos do noso idioma como língua veincular no ensino. Todos os estudos, proveñan de onde proveñan, confirman a grave perda de galego-falantes. Mentres o 85% das persoas maiores de 65 anos teñen como língua habitual o galego, de 16 a 20 anos só chega ao 46% (nas cidades esta porcentaxe só acada o 31%). Xusto as nenas e nenos escolarizados durante a vixéncia da Lei de Normalización Lingüística son os únicos que non teñen como língua maioritária de uso o galego. Recentemente, un informe da Unesco vén corroborar o retroceso alarmante de galego-falantes que, de continuar esta tendéncia, poria en perigo o seu futuro.

Apesar disto incumpren-se reiteradamente os aspectos máis positivos do Decreto 247/95. Calquer que sexa o nível educativo, o incumprimento dos mínimos da lexislación sobrepasa o 65% (ainda respeitados na sua totalidade non significarian máis de 1/3 das aulas en galego). En Educación Infantil, nos centros onde a língua predominante é o galego, somente se imparte as aulas en galego no 17%; no resto dos centros, a presenza do noso idioma é insignificante.

Estas constatacións respeito da língua no ensino sinalan que a Xunta de Galiza está conculcando un direito elemental do alunado galego, como é o de ser escolarizado no próprio idioma. Nen sequer se garante o direito a receber o ensino na nosa língua a aquel alunado que ten como língua habitual o galego, contravindo a Carta Europea de Línguas Minoritárias -subscrita polo Governo español-, a Declaración Universal de Direitos Lingüísticos, a Lei de Normalización Lingüística e o Decreto 247/95 de galeguización do ensino.

Por iso, perante tanta pasividade e incumprimento dos direitos máis elementais das persoas e dos povos, entre os cales está o direito a receber educación en língua própria, diriximo-nos ao Governo da Xunta coa exixéncia de:

1.- Quen en cumprimento dun direito fundamental, recollido no artigo 8 da Carta Europea das Línguas Minoritárias, no artigo 29, apartado 1 da Declaración Universal dos direitos Lingüísticos e no artigo 1, apartado 4, do Decreto 247/95, se garanta o ensino en língua galega na estapa de Educación Infantil e no 1º ciclo de Educación Primária ao alunado galego-falante, sen prexuízo do contemplado a respeito do uso da língua predominante entre o alunado.

2.- Que se tomen todas as medidas necesárias para dar cumprimento imediato do Decreto 247/95 de galeguización do ensino e outras que fagan posíbel que a institución escolar se converta na máis firme valedora da recuperación de usos do idioma galego.

3.- Que a Xunta de Galiza asuma e garanta a presenza real e viva da nosa língua en todos os eidos, desde o ensino e a administración deica os meios de comunicación e o mundo da xustiza, pasando polo mundo da empresa e o traballo, o das novas tecnoloxías ou o da toponímia própria.

4.- Que, de acorde con iso, a Xunta de Galiza acometa de xeito urxente a redacción dun Plano Xeral de Normalización Lingüística -no que participe activamente o conxunto da socieade galega-, destinado á garantir a plena normalización de usos sociais do noso idioma.


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal