Domingo 16 de Xuño de 2002 - 00:00
Os feitos remontan-se aos anos 1993 e 1994
nos que o Grupo de Governo Municipal Presidido por Ramón
Campos, aproban as licéncias dos edifícios
situados na intersección da rua Pérez Viondi
con Irmáns Valadares (con 2 alturas máis
do permitido) e os edifícios da prolongación
de Xusto Martínez (cunha altura máis
do permitido para esa rua, sendo a prolongación máis
estreita), en contra dos informes dos técnicos municipais,
xa que vulneraban a normativa urbanística vixente.
Con todo, o Grupo Municipal do PP, do que daquela formaba
parte o que hoxe é Deputado no Parlamento.

Jesús Palmou
Secretário Xeral do PP de Galiza
|
Galego e Secretário Xeral do PP de Galiza, Jesús
Palmou, aprobou as licéncias para as devanditas
edificiacións, mália ás reiteradas
protestas e recursos presentados polo Bloque Nacionalista
Galego.
O BNG da Estrada, ante a vulneración da legalidade
vixente, e pese aos reiterados rogos e recursos presentados
para que se cumprira legalidade , interpón unha querela
contra os Concelleiros do Grupo de Governo ante a Audiéncia
Provincial de Pontevedra, que xa aprécia literalmente
que "os feitos que motivan a querela poderían
ser constitutivos de senllos delictos de PREVARICACIÓN
de funcionario público, ante a posible resolución
dolosa e inxusta, ou neglixente e manifestamente inxusta que
se puidese ter dictada nos asuntos administrativos, consistentes,
en síntese, na concesión de licencias municipais
de construcción con vulneración da normativa
urbanística", pero que, por mor das competéncias
da sá, non pode depurar as responsabilidades penais
dos inculpados, mentras non haxa un fallo sobor da ilegalidade
das obras.

Edifício de Pérez Viondi
|
O BNG, entón, interpón recurso contencioso-administrativo
ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, e o
3 de novembro de 1997 dito Tribunal ANULA POR SER CONTRÁRIAS
A DIREITO as resolucións do 8 de novembro de
1993 e do 5 de agosto 1994, nas que se concedian as licéncias
para a construcción dos devanditos edifícios,
quedando fora de ordenación.
No fallo xudicial chama a atención a seguinte apreciación
do tribunal: "Pocas veces en cuestiones litigiosas
de naturaleza urbanísitica se observ con tanta claridad
un actuar municipal contrario a Derecho, Tanto en la resolución
de la Comisión de Gobierno de 8 de noviembre de 1993,
como en la del pleno de 5 de agosto de 1994".
O Alcalde, Ramón Campos, presenta un recurso de casación
ante o Tribunal Supremo que desestima, confirmando
a senténcia dictada pola Sala do Contencioso Administrativo
do TSXG.
Unha vez demostrada a ilegalidade das concesións da
licéncias con sentécia xudicial firme, cómpre
agora precisar as responsabilidades penais dos infractores.
Neste senso, o BNG, por médio dos nosos avogados solicitará
do xulgado da Estrada que abra o proceso penal e se
comecen a practicar as primeiras dilixencias e declaracións
dos encausados. |