Venres 18 de Decembro de 2009 - 12:35
José López Campos ten que dar explicacións aos veciños e veciñas por ignorar as lexítimas demandas do pobo da Estrada
O noso Concello quédase sen a Cidade do Móbel, sen o Centro de Día, sen poder recuperar a Torre de Guimarei e sen a ampliación do Colexio Pérez Viondi. Todas elas son peticións amplamente demandas e socialmente aceptadas por todos e todas. Estas peticións foron unha parte das emendas que presentou o BNG aos Orzamentos da Xunta, e que, sen embargo, ningunha delas contou co respaldo dos 38 deputados e deputadas do Partido Popular, un deles veciños e concelleiro nesta localidade.
Non é nada novo. O Partido Popular ten xa unha ampla tradición en ignorar as lexítimas demadas dos estradenses, mentres si se aceptan as demandas de concellos veciños como o de Lalín.
Cambian os nomes dos protagonistas, pero os feitos seguen a ser os mesmos. Antes chamábase Jesús Palmou, agora chámase José López Campos, pero os beneficios para o noso concello seguen a ser os mesmos: ningún.
No BNG agardamos explicacións. Non por rexeitar as nosas demandas, senón por rexeitar e ignorar as lexítimas demandas dos veciños da Estrada. Que lle expliquen aos empresarios de Lagartóns, entre os que se atopa a recente fichaxe do PP local, Juán Torres, porque rexeitaron a emenda do BNG que multiplicaba por 10 a consignada inicialmente polo PP nos Orzamentos da Xunta. Os do Bloque queremos que lle explique aos veciños da Estrada porque un dos símbolos do noso Concello, a Torre de Guimarei, que mesmo figura no noso escudo, seguirá estando nunha silveira no canto de recuperala como era a intención do BNG. Queremos que lle explique ás persoas que teñen dependentes ou persoas maiores a cargo, porque non poden levalos a un centro de día para así conciliar a súa vida familiar e laboral, como era a intención do BNG. Queremos que lle explique ás Asociacións de Nais e Pais da Estrada, por que non se amplía o Pérez Viondi, como era a intención do BNG. Todas estas explicacións -e reiteramos- non son para o BNG, son para os veciños da Estrada. |