Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG presenta unha serie de alegacións ao PXOM   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Martes 22 de Decembro de 2009 - 09:11

O Acordo de co-goberno asinado co Grupo Municipal do PsdG-PSOE en outubro de 2007 recolle, dada a importancia que para o BNG ten, o compromiso do novo goberno que se constitúe ao abeiro del para resolver o problema fundamental que é a situación xerada pola carencia dun Plan Xeral de Ordenación, o PXOM constitúe o cerne do sentido da presenza do BNG no Goberno do Concello da Estrada, a situación legada polos sucesivos gobernos do Partido Popular, coa Estrada estrangulada, fan que o Urbanismo se erixa no cerne da acción do goberno e este debe rexerse polas Directrices que na materia se recolleron no Acordo asinado.

Unha vez contrastado o mesmo co Documento en exposición, e ao constatarse que non están incluídas todas as cuestións que, desde o BNG, consideramos imprescindíbeis como o referido á urxencia da apertura de novos viais, das circunvalacións norte e sur, dos aparcadoiros públicos en superficie e do solo público industrial, formulamos as seguintes alegacións:

  1. En canto ao Rural: deberán recollerse segundo corresponda, ben como solo de núcleo rural, ben como área de expansión, todos os terreos sobre os que foran presentados Compromisos de Edificación, agás unicamente aqueles que incumpran o establecido na Lei 9/2002

  2. En canto ao casco urbano: O tramo do novo vial INF-01 vinculado ao SUNC-R03 (terreos detrás do teatro) e ao S.U.D.-R10 (terreos próximos ao Pérez Viondi) ten un carácter prioritario, polo que a súa apertura se debe trasladar ao primeiro cuadrienio de execución do PXOM. Débese ter en conta o demandado traslado das Unidades de Infantil do Pérez Viondi a este entorno, polo que a apertura de viais nesta zona resulta imprescindible

  3. Deberán adiantarse ao primeiro e segundo cuadrienio a previsión de apertura da circunvalación norte, INF-02

  4. Cómpre considerar a condición da Estrada como capital da Comarca Tabeirós-Terra de Montes e como Cabeza do Partido Xudicial, ademais do seu carácter comercial, tanto para a poboación do concello coma para os concellos limítrofes, non se debe concibir á Estrada só como unha vila na que se realizan previsións contando cos seus propios habitantes. A dotación de infraestruturas de apoio é fundamental para a pervivencia do comercio tradicional, por iso deben incrementarse o número de prazas de aparcamento previstas no contorno dos seguintes servizos: Xulgados, Facenda, Oral, Praza de Abastos, centro comercial aberto e Concello. As 404 prazas de aparcamento previstas no conxunto dos SUNC-R01, do SUNC-R03 e S.U.D.-R10 deberán superar as 700, distribuíndo o incremento de xeito proporcional entre estes solos

  5. Deberase prever a conexión da rúa Antón Losada coa zona da Praza de Abastos a través dos SUNC-R02 e SUNC-R01. Debe terse en conta que nesta zona se prevé a situación do novo Centro de Saúde e de zonas de aparcamento polo que a conexión co centro do casco urbano -no que se sitúa a zona comercial e de servizos- debe ser rápida e fluída

  6. Solo Industrial: o Concello da Estrada debe actuar como motor do desenvolvemento económico, a carencia de solo industrial é un dos problemas fundamentais e causa do atraso económico e constante perda de poboación no noso concello, xa que logo, deben modificarse tanto o Tomo II como o Tomo VI (e os que corresponda) de xeito que o S.U.D.-I21 TOEDO SUR sexa de Iniciativa pública e de xestión pública, obtendo o solo polo sistema de Expropiación de ser necesario. O mesmo solicitamos para o S.U.D.-I22 TOEDO NORTE

  7. A Estratexia Económica do PXOM debe ser modificada para recoller os cambios que implican a aceptación das presentes alegacións en canto a prioridades e cuantificación económica

  8. A cartografía presenta erros polo que deberá ser totalmente revisada, especialmente no referido a viais públicos e edificacións existentes.


imaxe
imaxe
lupa

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Boletín
boletindecembro2009.jpg
Descarga o boletín de decembro 2009

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal