Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG responde ás declaracións do Concellal de Urbanismo   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Domingo 16 de Xuño de 2002 - 00:00

Logo das declaracións do Concellal de Urbanismo, Alfonso Uzal, único membro do governo municipal que entrou a valorar a senténcia do Tribunal supremo, o BNG fai pública as sua respostas nos seguintes termos:

  1. Os informes dos técnicos municipais a respeito dos dous casos denunciados son meridianamente contudentes, ambos os dous son negativos; nun deles, o da de aquela técnica de administración xeral do Concello, a Sra. Pilar Picallo, a respeito da modificación de alturas na rua Xusto Martínez di-se textualmente: "opino que tal cambio supone un aumento de volumen y conlleva unos efectos urbanísticos, que tal como ocurrió con el ancho del viario, considero que debería ser objeto de una modificación puntual de las normas".

  2. Os informes "a favor" dos que fala o Concelleiro de Urbanismo, só se refiren a un único informe que o Concello lle pagou a un técnico externo, é dicer, un informe que o grupo de governo encargou á medida das suas necesidades, o do Sr. Rico Lenza que, ademáis xustifica a licéncia (da obra de Pérez Viondi) na necesidade de darlle máis alturas ao edificio para conseguir a uniformidade estética (???) de toda a praza (da Farola), argumento que precisamente o TXSG rebate contundentemente ao afirmar na sentenza que:

    "Bastaría la observación de la planimetría obrante en el expediente, o solamente un conocimiento del lugar, lo que obviamente debe suponerse de los miembros de la Corporación Municipal (é dicer, o Tribunal entende que se está actuando á mantenta, non inocentemente) por tratarse la plaza de Galicia de uno de los lugares más centricos y concurridos de la capitalidad del municipio, para darse cuenta que el edificio proyectado tiene una inapreciable colindancia con la referida plaza y que, en caso de autorizarse el proyecto [...] lejos de producirse una mejora estética para la uniformidad de la plaza se produciría un efecto contrario. Así nos los pone de relieve los planos obrantes en el expediente en cuanto a la colindancia de la edificación proyectada con la plaza, y las fotografías aportadas a los autos, en cuanto al deterioro estético que produce. Ni esa mínima colindancia con la plaza permitiría aplicar la normativa que en cuanto a alturas se contiene en el punto 7.6.3.3 de las normas subsidiarias -de edificios de fachada a una plaza--, ni aún cuando se admitiera por razones de colindancia la aplicación de esta norma de excepción a la general que determina las alturas por el ancho de la calle, precisamente su finalidad, y que no es otra que conseguir una uniformidad por razones estéticas, impediría tenerla en consideración, máxime cuando el edificio colindante al litigioso es un edificio protegido".

    É dicer, o TXSG desdí completamente o descabelado informe feito a medida polo Sr. Rico Lenza para sacar de un apuro ao grupo de governo, e pagado cos cartos dos viciños, cun resultado totalmente contrário ao pretendido.

  3. Por último, temos tamén que rebater os argumentos de Alfonso Uzal en canto a que todo se debeu a un erro administrativo. Evidentemente, isto non é un erro administrativo; non se trata de que se esquecese un trámite, se traspapelase un papel ou o expedente non estivese completo: trata-se, como todo o mundo hoxe xa sabe, de que o grupo de governo incumple a legalidade urbanística un día si e outro tamén, a sabendas, e despois de ser advertido en reiteradas ocasións polo Grupo Municipal do BNG de que están obrando contrário a direito, con informes dos técnicos municipais (últimamente moitas veces xa nin sequer inclúen o do aparellador municipal, o técnico de administración xeral e o secretário, presentanto as licencias fóra da orde do día) en contra e pagando informes de técnicos privados, non vinculantes nin decisórios, cos cartos de todos. E ás veces, mesmo con eses informes externos en contra, a pesar do cal seguen aprobando ilegalmente as licencias.

  4. En definitiva, que este non se trata nen dun erro nen dun caso illado, senón dunha práctica habitual de continua irregularidade e ilegalidade agora censurada contundementemente polos tribunais como tal e que coloca ao grupo de governo nunha difícil situación de falla total de credibilidade ante a cidadanía, para o cal só lle queda unha saída digna: a da súa DEMISIÓN.


imaxe
imaxe
lupa

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Boletín
boletindecembro2009.jpg
Descarga o boletín de decembro 2009

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal