|
O BNG solicita a comparecéncia do Alcalde, Ramón Campos
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Martes 16 de Xullo de 2002 - 00:00
Diante de feitos tan graves e cunha repercusión tan importante para a credibilidade democrática da Institución municipal, do siléncio que garda o Sr. Alcalde a respeito deste tema e, nomeadamente, a manifesta incapacidade dos membros do Grupo de Governo para xestionar a política urbanística sen vulnerar a Lei e mesmo coa comisión dun presunto delicto de prevaricación, segundo observa a Audiencia Provincial de Pontevedra referendo-se á concesión das devanditas licéncias municipais con vulneración da normativa urbanística, o Grupo de Governo e o Alcalde da Estrada e, como tal, máximo responsábel destes feitos, deberán dar conta da devandita sentenza --agora que xa coñecen oficialmente os termos da mesma-- perante a cidadania e perante o máximo órgano da representación popular da mesma, o Pleno da Corporación Municipal, explicando:
- Cáles foron os verdadeiros motivos que os levaron
a cometer tales ilegalidades.
- Por qué se continuaron e se continuan a cometer
presuntas ilegalidades das mesmas características
(reiterada concesión de licencias urbanísticas
cos informes en contra dos técnicos municipais).
- E se se vai perseverar nesta liña de actuación
tendo en conta as graves responsabilidades penais que se
poidan derivar da mesma, cos graves prexuízos que
para as institucións democráticas puidera
supor a confirmación da conducta delictiva do Governo
Municipal.
Consecuentemente, ao abeiro do artigo 105 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico
das Entidades Locais, o BNG SOLICITA A COMPARECÉNCIA
PERANTE O PLENO DA CORPORACIÓN DO ALCALDE DA ESTRADA
ao obxecto de dar conta da sentenza, facer unha valoración
da mesma e responder ás demais cuestións mencionadas
anteriormente. |