Xoves 17 de Outubro de 2002 - 00:00
O BNG solicita que a Corporación Municipal se posiciones en contra do ataque ao Iraque por parte dos EE.UU.
O Governo de EEUU, despois de completar a campaña
militar en Afganistán, comezou a espallar o seu
propósito de atacar a Iraque.
Nas últimas semanas esa intención xa se
fixo pública e notória, manifestando ademais
que o obxectivo prioritário da acción militar
é a de mudar o governo dese Estado, para estabelecer
outro que responda aos seus intereses, e facerse co petróleo
da zona, de xeito similar ao acontecido en Afganistán.

Aznar e Bush |
A actuación de EEUU responde en exclusiva aos
seus próprios intereses políticos, económicos
e xeoestratéxicos; apostando cada vez máis
por unha acción unilateral á marxe da opinión
dos Organismos internacionais e dos restantes Estados,
que vulneraria as regras que rexen no Direito Internacional
desde despois da II Guerra Mundial, e suporia unha desautorización
da Organización das Nacións Unidas. Mália
a gravidade desta actuación á marxe da comunidade
internacional, o Presidente do Governo español
xa se apresurou a amosar o seu apoio incondicional e sen
matices ás pretensións estadounidenses,
denotando unha falta de inciativa política própria
para abordar a solución ao contencioso por vias
pacíficas, e ao mesmo tempo, aprofundando na submisión
e aliñamento no bando máis belicoso e entreguista
dos EEUU, xunto a Berlusconi ou Blair.
O posíbel ataque militar de EEUU sobre un Estado
soberano como Iraque, sen ter demostrado graves vulneracións
ou ameazas por parte dese país ao equilíbrio
internacional, e sen contar coa lexitimación da
ONU, vén a reforzar o papel estadounidense de garante
da orde mundial a fin de manter o seu estatus de primeira
poténcia mundial, e de subordinación dos
restantes países aos seus intereses. Por iso, pon-se
en funcionamento a acción militar sen ter en conta
as graves repercusións que terá sobre a
populación civil de Iraque, xa moi empobrecida
debido a un embargo internacional que dura máis
de dez anos, cuxo saldo actual é a morte de centos
de miles de seres humanos.

Refineria iraquiana |
O BNG, reiterando a sua vontade de colaboración
na construción mundial de povos libres e de relacións
internacionais baseadas na paz e igualdade, rexeita a
inxeréncia que os EEUU pretenden realizar no Iraque
de forma violenta, e a sua teimuda política imperialista
que atenta contra a soberania das nacións do mundo.
As institucións deben facer-se eco destas reflexións
ante a iminéncia das accións militares,
e impulsar unha concienciación cidadá que
rexeite esta nova agresión militar a Iraque, e
apoie o emprego de iniciativas diplomáticas por
parte de toda a comunidade internacional no seu conxunto
baixo a cobertura da ONU, para procurar dar unha solución
pacífica a este conflito na perspectiva de defender
a soberania do Iraque face ao poderio militar estadounidense,
preservar os direitos humanos e evitar unha confrontación
armada que castigue a milleiros de cidadáns inocentes.
Deste xeito o BNG solicita que a Corporación Municipal
rexeite publicamente un ataque militar dos EEUU contra
Iraque solicitando da mesma que inste ao Congreso dos
Deputados e ao Governo do Estado español a:
1 ) Opór-se nos foros e organismos internacionais
a un ataque militar de EEUU a Iraque.
2 ) Defender o emprego das iniciativas diplomáticas
necesárias por parte da ONU para solventar por
vias pacíficas o conflito entre EEUU e Iraque.
3 ) Comunicar aos EEUU a negativa a permitir a utilización
das bases situadas en território español
ou do espazo aéreo do Estado español dentro
dunha campaña de ataque militar a Iraque.
Tamén solicita que participe e apoie institucionalmente
os actos convocados para manifestar o rexeitamento social
dun ataque militar a Iraque.
Ligazón Recomendada: Petropolítica Global: implicacións do plan enerxético de Bush no extranxeiro|
mary Escrito por Visitante en 2005-06-15 19:00:29 |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |