Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Comisión de Infraestruturas do Congreso 20 de xuño de 2001   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Martes 19 de Novembro de 2002 - 00:00

O BNG defendeu o 20 de Xuño de 2001 na comisión de Infraestruturas do Congreso a ubición na Coruña da Axéncia de Seguridade Marítma. Intervención de Francisco Rodríguez

A proposta non contou co voto favorábel do PP nin do PSOE.

(..)O tema que imos tratar é moi sintomático do funcionamento das instituicións da Unión Europea, da forma de se conducir os Estados que pertencen a ela e do papel que ocupamos o que denominan en argot comunitário algunhas rexións periféricas ao respecto. Digo isto porque unha das catástrofes importantes dos últimos anos que aconteceu nas costas de Franza, en concreto a do Erika, producida fai creo que ano e meio, provocou por fin a sensibilización das autoridades europeas respeito da contaminación gravísima por hidrocarburos que tiña lugar despois de acidentes contínuos -esta foi a mais simbólica para as autoridades europeas- nas costas de Unión. Portanto, non se trata xa de acidentes que poden acontecer no Terceiro Mundo ou de acidentes dos que normalmente fican excluídos os Estados europeos mais avanzados; deu pé tamén a cavilar sobre o estado da frota que se dedica ao transporte deste tipo de mercancias líquidas ou gasosas. Por iso digo que foi afortunado que desta catástrofe se quitase algunha conclusión ou algun tipo de iniciativa con intención de dar maior eficácia lexislativa ao que é control do tráfico marítimo e á loita contra a contaminación ou, se vostedes queren, á seguridade do tráfico e á prevención en contra da contaminación. Franza tivo a iniciativa dentro da Unión Europea e cando se celebrou o cume de Niza en decembro ficaban dados os primeiros pasos para o estabelecemento que denominaron unha axéncia europea de seguridade marítima.

Convén lembrar en relación co caso español como a dilixencia francesa por un caso gravísimo contrasta coa falta de dilixéncia en concreto do Estado español, cando alguns territórios do Estado e de forma moi particular e especial Galiza padeceron nos últimos 25 anos os acidentes con contaminación por hidrocarburos mais graves de toda a Unión Europea. Colle facer memória, comezando polo mais próximo ao mais lonxano. En concreto, lembrarán o acidente do Mar Egeo, con 80.000 toneladas de petróleo verquidas na baía de A Coruña, na ria de A Coruña, Ares e Ferrol, 80.000 toneladas fronte ás 38.000 toneladas do Erika; toneladas que se saldaron á altura do ano 2001 -e ainda non está acabado o proceso- con 11.000 millóns de pesetas, moi escasos fronte aos 40.000 millóns con que se vai saldar a catástrofe do Erika. Pero é que temos o antecedente gravísimo do Casón, hoxe ainda non claramente dilucidado,do que non se saben ben as causas, nen siquieira os contidos das adegas do barco. E antes soará-lles o nome do Polikomander, do Urquiola, do Erkowit, por non referer-nos a xaneiro do ano 2001, co Ramdane Abane, unha bomba que estivo a ponto de estoupar nas costas de Muxía, achegando-se precisamente a unha vila mariñeira de Galicia, que via impotente como o barco cada vez se aproximaba de forma máis perigosa sen que o seu control se levase a cabo . Portanto , eu creo que como antecedentes na Unión Europea o caso máis exemplar é o de Galiza. Cando a Comisión, o 6 de decembro do ano 2000, profere co paquete Erika II unha série de medidas hai que tomá-las en consideración e mesmo dá-las como acertadas, en concreto, o estabelecemento dun sistema comunitário de seguimento e información sobre o tráfico marítimo. Xa nos gostaria a nós que houbese un sistema no Estado español de seguimento real e información sobre o tráfico marítimo nas nosas costas e en particular no caso de Galiza. A decisión comunitaria, ainda que sexa por elevación e por xeneralizazón, non deixa de ser un acerto. Persegue-se criar un fondo para a indemnización por danos causados polo vertido de hidrocarburos e o estabelecemento desta axéncia europea de seguridade marítima, cuxa proposta de ubicación fará-a a Comisión e será o Consello o que decida finalmente. É curioso que mesmo se deixe aberta a porta ao estabelecemento de centros rexionais a partir desta axéncia central. Segundo notícias de prensa, semella que ia ser o cume de Gotemburgo a que ia definir cál era a ubicación da axéncia. Non foi asi, seguramente porque hai litixios entre os Estados, que son lexítimos, e, portanto , propuestas encontradas.

Volto a dicer que o caso galego é exemplar, é específico e ten antecedentes moi notórios, aparte dunha siniestralidade fora de dúvidas. En concreto, 45.000 barcos sulcan as nosas costas en direción á Europa industrializada cada ano e 13.000 levan mercancias perigosas; o noso país está situado na fachada atlántica, que semella ser que é a que conta con mais consideracións favorabeis e decisións positivas por parte dos Estados membros, e xa lles indiquei ao princípio que era lugar de grandes acidentes e catástrofes. É curioso que o Governo ou alguns membros do Governo, de forma solapada, consideraban que o lugar idóneo debia ser A Coruña, de optar por unha ubicación que tivese que ver co Estado español, pero non é menos certo que o Governo non quere ouvir falar deste tema, que a Xunta de Galicia, polo menos , cedeu á posición negativa do Governo, o que non fixo, por exemplo, Málaga, que seguiu mantendo a sua candidatura, e non sabemos se é o caso de Gijón. Bisbillota-se con argumentos moi fundamentados que o Goberno, entre outros motivos, non quere escoitar nada deste problema porque prefere que o Estado español teña outras agencias, como pode ser a agencia alimentaria. O señor

PRESIDENTE: Señor Rodríguez…

O señor RODRÍGUEZ SÁNCHEZ: Xa acabo, señor presidente. O tema é tan importante como o deZamora.

O señor PRESIDENTE: Entendemo-lo perfeitamente.

O señor RODRÍGUEZ SÁNCHEZ: Toca-nos agora ollar para Galiza, ainda que non queiran vé-la , e evidentemente non van querer vé-la. Lamentabelmente, sentimos non poder aceitar como Bloque Nacionalista Galego unha emenda que nos apresenta o Partido Popular, que nada menos que nos di que unha vez aprobada a criación da axéncia europea de seguridade marítima, realice a proposta da sua ubicación en España. A min toca-me ollar para Galiza e quero que a vexan. Non podo aceitar unha emenda onde dá a casualidade que seguen sen nos ver despois dun tratamento tan específico da cuestión como éste, que eu crio que non deixa lugar a duvidas, e a nosa pertenza ao Estado español non nos pode levar a asumir a nosa eliminación. Por ese motivo non podemos aceitar a emenda, volto a repetir, desgraciadamente. Proferíamos que á emenda do Partido Popular se engadise: estudando-se espécialmente a alternativa de Galicia. Nen sequera pedíamos que fose a única, se non que se estudase espécialmente esa alternativa. Non é aceitada polo Partido Popular e, portanto , como nós non estamos pola nosa eliminación, que xa temos suficientes instituicións que nos eliminan, non podemos aceitá-la .


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal