Martes 19 de Novembro de 2002 - 00:00
"Franza logrou que a UE aprobara dous paquetes de medidas urxentes polo desastre do "Erika", cantos "Prestige" son necesários para que o Governo estabeleza no ámbito internacional as medidas imprescindíbeis?" enfatizou o senador do BNG.
CASCOS NON RESPOSTA QUE MEDIDAS VAI ADOPTAR O GOVERNO ESPAÑOL PARA EVITAR MAIS CATÁSTROFES FRONTE AS COSTAS GALEGAS COMO A DO "PRESTIGE" Quintana exixiu-lle actuacións ao Ministro de
Fomento como "a ubicación da Axéncia
de Seguridade Marítima na Galiza, unha mayor separación
do corredor de seguridade, unha policia marítima
no corredor que exerza un maior control dos buques"
O Ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos,
foi incapaz de oferecer unha resposta concreta e detallada
ao Senador do BNG Anxo Quintana sobre as medidas que vai
adoptar o Governo español para evitar que se repitan
mais catástrofes fronte as costas galegas como
a do petroleiro "Prestige", e limitou-se a afirmar
que "as actuacións españolas deben
estar submetidas ao directo internacional".
Anxo Quintana exixiu-lle ao Ministro de Fomento actuacións
para que "non sucedan mais "Urquiolas",
"Casóns", "Mar Exeos" e "Prestige´s".
Franza logrou que a UE aprobara dous paquetes de medidas
urxentes cando sofreu o desastre provocado polo "Erika"
fronte á Bretaña. Eiquí, cantos "Prestige"
son necesários para que o Governo español
estabeleza no ámbito internacional as medidas imprescindíbeis
que poñan coto a estas catástrofes que periodicamente
padecemos os galegos nas nosas costas".
"Señor Ministro, precisamos medidas de xeito
imediato, como o estabelecimento da Axéncia de
Seguridade Marítima na Galiza, unha maior separación
do corredor de seguridade no Atlántico, a existéncia
dunha policia marítima que exerza un maior control
e inspeción dos buques que pasan pola nosa costa,
a aprobación imediata da obriga de levar o doble
casco, a ubicación de meios
anti-contaminación, de Salvamento e Prevención
na Galiza. Que ten que pasar xa para que todo isto se
aprobe con carácter de urxéncia?",
enfatizou o senador do BNG.
Quintana advertiu-lle a Cascos que tal e como están
as cousas actualmente, a ameaza de que unha situación
así se repita "está aí. Lembro-lle
que cada dia pasan 3 petroleiros a menos de 50 millas
das costas galegas, e cada ano contabilizan-se 6000 barcos
con mercadorias perigosas que navegan polo corredor Atlántico.
E que 1 de cada 5 deses buques teñen as mesmas
condicións que o fatídico "Prestige".
Se nos se adoptan medidas corremos o risco de padecer
periodicamente este tipo de catástrofes ecolóxicas,
económicas e socias na nosa costa".
Cascos estivo mais preocupado en autoxustificar a actuación
do Governo español respeito a este desastre de
enormes dimensións e en escudar a falla de iniciativa
do Executivo no feito de que "as accións españolas
deben estar submetidas ao directo internacional. Debemos
arranxa-lo no ámbito da UE".
O senador do BNG denúnciou "a incapacidade
do Governo español para influir na UE e no ámbito
internacional e facer realidade a adopción de medidas
respeito á seguridade marítima".
|