Mércores 20 de Novembro de 2002 - 00:00
Proposición non de lei, apresentanda polo BNG no Congreso dos Deputados, instando ao governo a tomar as medidas necesáiras para evitar outra catástrofe como a do Prestige, así como a de explicar cais foron as causas que provocaron o sinistro. O sinistro do buque Prestige nas costas de Galiza volta
a plantexar, unha vez máis, o problema da seguridade
marítima, en xeral, e moi en particular, a do tráfico
que pasa polos dispositivos de Fisterra. O Governo recoñece
que en 2000 foron un total de 733 emerxéncias as
que se produciron neste corredor, o maior número
de todo o Estado español, segundo resposta ao diputado
que subscrebe de 4 de xuño de 2001. nesta mesma
resposta se dicia que “se han iniciado los estudios
oportunos para la elaboración de un Plan Nacional
de Servicios Especiales de Salvamento 2002-2005 cuya línea
de trabajo pretende optimizar la cobertura de seguridad
mediante una mejora continua de los medios materiales
y humanos de la Sociedad Estatal de Salvamento y Seguridad
Marítima". Galicia contaba, según el
Gobierno, en 2001, con un colectivo humano de 82 personas
al servicio de Sasemar y con los siguientes medios marítimos
y aéreos a su servicio: buques de salvamento (
1 de 8780 CV, 1 de 4000 CV, 1 de 2310 CV); embarcaciones
de salvamento de 15 m de eslora ( 3); embarcaciones de
salvamento de 20 m de eslora (2), helicóptero de
salvamento Sikorsky S61N ( 1); embarcaciones de la Cruz
Roja (6). Se afirmaba, además, en la respuesta
que " se viene realizando un efectivo control de
los buques que transitan por el dispositivo de separación
de tráfico de Fisterra".
En outra resposta do Governo a pergunta deste deputado,
de data 7 de maio de 2001, afirmaba-se que "a
propósito de la posibilidad de extender el dispositivo
actual de Fisterra, y tomando como base el análisis
de los datos de tráfico de buques de tránsito
así como de los que navegan en las proximidades,
se considera que la ubicación actual del dispositivo,
unido a la disponibilidad del sistema de control de tráfico
marítimo existente, satisface de manera adecuada
la seguridad de la navegación".
Finalmente, a Comisión de Infra-estruturas do
Congreso dos Deputados debateu unha Proposición
non de Lei do BNG, o 28 de maio de 2001, que foi rexeitada
polo PP, na que se pedia que se tomasen medidas para mellorar
a seguridade da navegación, a prevención
de sinistros e a inspección e control dos buques
para que non se produzan infraccións da legalidade,
precisamente no corredor de Fisterra.
Desgraciadamente, o sinistro do Prestige pon, unha vez
máis, en evidéncia que o dispositivo de
separación non é suficiente, no caso de
mercancias perigosas, que os controis sobre os barcos
non son eficientes nen en porto nen en tránsito,
que os meios marítimos e aéreos distan moito
de ser suficientes e adecuados para encarar situacións
de risco ou combater as ameazas da contaminación,
no caso de Galiza. Todo isto agrava-se coas condicións
de falla de seguridade dunha frota envellecida, con tripulacións
sen preparación e sobreexplotadas e coa primacía
de criterios economicistas nas compañias armadoras
e nas petroleiras.
Creemos que son xa excesivos os casos gravísimos
de contaminación por hidrocarburos, que situan
a Galiza no número un do ranking mundial de sinistros
destas características. Non se pode seguir mantendo
unha atitude tan compracente como a que amosa o Governo
nas suas respostas, mentres a realidade encarrega-se de
demostrar de forma dramática e tráxica o
contrário.
PROPOSICIÓN NON DE LEI
O Congreso dos Deputados insta ao Governo a:
1.- Informar a esta Cámara, no menor prazo posíbel,
das causas que provocaron o sinistro do petroleiro Prestige
nas costas galegas, as suas consecuencias para o ecosistema
e do funcionamento e adecuación dos meios materiais
e humanos de Sasemar nas labores de prevención,
control, salvamento e loita contra a contaminación
neste caso.
2.- Estabelecer un control e inspección adecuadas
tanto sobre os barcos que recalan en portos galegos como
sobre os que transitan polo dispositivo de separación
de Fisterra, para segurar o cumprimento das condicións
de seguridade, especialmente no referido ao transporte
de mercancias perigosas, asi como o cumprimento das normas
medioambientais nas suas actividades de limpeza.
3.- Mellorar, dentro do Plano 2002-2005, a seguridade
do tráfico marítimo na zona coa dotación
de máis meios materiais e humanos á Sociedade
estatal de Salvamento Marítimo, para poder realizar
debidamente as labores de prevención e de control,
ademáis das de salvamento e loita contra a contaminación.
4.- Mellorar non só o troco de información
se non tamén a coordinación entre o centro
zonal de Fisterra e o centro de control de tráfico
(CROSS) en Francia e o respeitivo centro de Portugal,
para lograr un control adecuado de todo o tráfico
marítimo no corredor, espécialmente o de
mercancias perigosas.
5.- Estabelecer un organigrama de Salvamento Marítimo
en Galiza, no que a coordinación dos meios da Xunta
e da Dirección Xeral da Mariña Mercante
e os organismos encarregados das previsions metereolóxicas
sexa eficiente.
6.- Estudar un maior alonxamento do dispositivo de separación
de tráfico nas costas de Galiza, especialmente
para os buques con mercancias perigosas, e lograr un control
real do tráfico, de forma que se poda aplicar unha
política realmente preventiva.
7.- Actuar dilixentemente á hora de reparar e
indemnizar por danos provocados polo sinistro do Prestige,
de forma que non se volte a repetir a conceición
de que a Administración do Estado é unha
parte máis, sen maiores compromisos e responsabilidades,
implicada nas consecuencias da catástrofe, como
ocorreu con anteriores catástrofes. |