Martes 26 de Novembro de 2002 - 00:00
O PP votou en contra da Moción do BNG no Pleno do Congreso do 26 de Novembro de 2002, na que se instaba ao Governo español a informar das causas, consecuéncias e medidas ante o sinistro do Prestige. Texto da Moción:
O Congreso dos Diputados insta ao Governo a:
1.- Informar a esta Cámara, de forma regular,
da evolución da catástrofe provocada polo
sinistro do Prestige nas costas galegas, das medidas de
todo tipo que se van aplicando para paliar-la, das consecuéncias
derivadas e das accións do Governo destinadas a
clarificar e exixir responsabilidades incluídas
aquelas en que pudese incorrer a Administración
Xeneral do Estado.
2.- Estudar a prolongación do dispositivo de separación
de Fisterra cara o norte e ao sul, como forma de apartar
o tráfico marítimo dos cantís en
que faenan os barcos de pesca e, conseguintemente, de
toda a costa atlántica de Galiza, mellorando asi
a seguridade.
3.- Dentro da necesária e urxente mellora dos
meios materiais da Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo,
para poder realizar debidamente as labores de prevención
e de control, ademáis das de salvamento e loita
eficaz contra a contaminación, dota-la na Galiza
de:
- Remolcadores con suficiente poténcia.
- Buques de recollida de hidrocarburos no mar.
- Infra-estruturas e tecnoloxias que eliminen as zonas
de sombra.
no actual dispositivo de seguridade.
- Material de loita contra a contaminación.
- Persoal cualificado suficiente.
4.- Estabelecer, no seo da UE, medidas de control eficaces
do tráfico de mercancias perigosas ou contaminantes
en augas dos Estados membros, e un plano de coordinación
e apoio común no caso de sinistros con perigo de
catástrofe.
5.- Defender, no seo da UE, que se prohiba o transporte
de mercancias perigosas por parte de barcos que transiten
por augas comunitárias baixo bandeira de comenéncia.
6.- Estabelecer un organigrama de Salvamento Marítimo
en Galicia, no que a coordinación e participación
competencial da Xunta sexan maiores.
7.- Acelerar a criación do Fondo de Compensación
de danos producidos pola contaminación, proposta
realizada pola Comisión Europea.
8.- Reclamar a ubicación en Galicia da Agencia
Europea de
Segurídade Marítima.
9.- Reclamar con dilixéncia e na forma debida
as cantidades que debe aportar o FIDAC e amparar as reclamacións
xudiciais que se fagan contra os responsábeis directos
da catástrofe.
10.- Depurar as responsabilidades que se deran lugar
polas actuacións de autoridades públicas
na forma de encarar o sinistro.
11.- Completar as medidas urxentes contempladas no Real
Decreto Lei 7/2002 de 22 de novembro, coas seguintes:
a) Extensión das axudas a todos os afectados (comercializadores,
empresas de acuicultura, hostelería .)
b) Moratória para os créditos hipotecários
e persoais.
c) Anticipos a conta das indemnizacións que, no
seu dia se recoñezan a favor dos afectados.
d) Exencións no imposto de sociedades.
e) Plano de ocupación, en colaboración
coa Xunta de Galicia, para pescadores e mariscadores afectados,
en traballos de limpeza e recuperación do ecosistema
mariño litoral ou en actividades relacionados co
mar.
f) Estudo, en colaboración coa Xunta de Galicia,
de alternativas para traballadores/traballadoras do mar
vinculados a actividades de economia sumerxida, no sector
da pesca e marisco.
12.- Realizar, conxuntamente coa Xunta de Galicia, unha
valoración oficial de danos, que sirva como base
e para todo tipo de reclamacións, especialmente
as plantexadas nos procesos xudiciais, abertos ou por
abrir, nos que deben persoarse as administracións
públicas, que inclua as seguintes partidas:
- Limpeza de fuel no litoral.
- Compensación de ingresos deixados de perceber
polo complexo alimentário do mar (pesca, marisco,
conservas, distribución, etc.).
- Dano nas prazas e imaxe dos productos galegos do
mar.
- Gastos asociados ao control sanitário e ambiental
das nosas augas nos próximos anos para garantir
e transmitir condicións de producción
e recria óptimas.
- Deterioro da imaxe turística e impacto nos
sectores de hostelería e restauración
nos próximos anos.
- Danos causados ao patrimonio natural (rias, parques
naturais, e litoral) e á sua biodiversidade,
que tardará moitos anos en se rexenerar e ser
o que era.
Asimismo o Pleno de Congreso dos Diputados lembra a constituición
dunha Comisión de investigación parlamentária
para estabelecer as causas do sinistro do Prestige nas
costas de Galicia, a adecuación das actuacións
oficiais no caso e a avaliación das consecuéncias
da catástrofe provocada, co obxectivo de estabelecer
as consecuentes conclusións e medidas. |