Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Maré Solidária   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Martes 26 de Novembro de 2002 - 00:00

(Iniciativa das xentes da cultura en prol da Galiza mariñeira)


Para o luns 25 de novembro ás 18 h. no Auditorio de Galicia (sito na Avda. Burgo das Nacións s/n de Santiago de Compostela) está convocada unha xuntanza aberta, dirixida a todas as persoas e colectivos que traballan no noso país no ámbito da cultura.

As razóns que nos moven a impulsar esta xuntanza residen na necesidade de activarmos conxuntamente unha resposta ampla e solidaria, ante o grave desastre ecolóxico, social e económico provocado pola maré negra do petroleiro Prestige nas nosas nosas costas, entendendo que esta resposta ten que, por unha banda, transmitir a nosa solidariedade e apoio coas xentes da Galiza mariñeira –golpeada unha vez máis nestes días– e, por outra, demandar enerxicamente dos poderes públicos o desenvolvemento de accións que minimicen o impacto deste tráxico feito, tanto desde o punto de vista social, como de económico ou o ambiental.

Séndomos conscientes de que desde outros ámbitos da sociedade galega (sindicalismo, organizacións políticas, movemento veciñal, confrarías...) se está a traballar estes días na elaboración dun programa de accións e medidas encamiñadas a responder de maneira axeitada á actual situación, tamén entendemos as persoas implicadas nos máis diversos sectores da cultura estamos en disposición de facer un contributo aberto e xeneroso para con esta causa.

Con ese horizonte, fixemos esta convocatoria urxente de xuntanza para o vindeiro luns, que che facemos chegar, na esperanza de podermos contar contigo ben para a devandita reunión, ben para as futuras actividades que desde a Maré Solidaria poidamos levar a cabo.

Saúde e Terra.


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal