|
O PP de A Estrada non apoia á Plataforma Nunca Máis
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Sábado 30 de Novembro de 2002 - 00:00
O PP rexeita a moción porque non está de acordo coa depuración de responsabilidades políticas no caso da Catástrofe que produciu o Prestige. Nesta moción apresentada polo BNG na que se solicita
do Pleno da Corporación Municipal instar a:
1. Ao Governo do Estado a actuar con dilixéncia
á hora de reparar e indemnizar os danos provocados
polo ‘Prestige’ e solicitar do mesmo o pagamento
de percepcións salariais, a exención no
pagamento das cotizacións á Seguridade
Social, desgravacións fiscais, moratória
no pagamento de cretos hipotecários e persoais
e a cobertura do sistema público de seguros para
actividade pesqueira polo tempo no que dure as consecuéncias
deste sinistro.
2. Ao Governo do Estado a estabelecer controis e inspección
adecuados tanto sobre os barcos que recalan nos portos
galegos como sobre os que transitan polo dispositivo
de separación de Fisterra, para asegurar o cumprimento
das condicións de seguridade e aplicar unha política
preventiva, especialmente no relativo ao transporte
marítimo de mercadurias perigosas.
3. Ao Governo do Estado a que leve a cabo a prolongación
e distanciamento do dispositivo de separación
do tráfico marítimo nas costas de Galiza,
especialmente para os buques que transporten mercadurias
perigosas.
4. Ao Governo do Estado a aumentar os meios materiais
e humanos do dispositivo de seguranza e salvamento marítimo
operantes desde Galiza para que se podan realizar debidamente
as labores de prevención e controlo, ademais
das de salvamento e loita contra a contaminación.
5. Á Unión Europeia a que se dote de forma
imediata o fundo de indemnización dos danos causados
pola contaminación por hidrocarburos en augas
europeias (Fundo COPE) previsto no paquete de medidas
ERIKA II; e a recurtar os prazos máximos previstos
para a entrada en vigor das normas incluídas
nese paquete de medidas; e asimesmo, a adaptá-las
con urxéncia ao ordenamento xurídico estatal.
6. Á Xunta de Galiza para que, no ámbito
das suas competéncias, adopte todas as medidas
necesárias para minimizar o impacto ambiental
do verquido, e asegurar a recuperación en breve
prazo dos recursos marisqueiros e pesqueiros da zona
afectada, asi como a concesión directa de axudas
e a actuar ante as instáncias competentes para
depurar as responsabilidades do sinistro e procurar
a rápida e xusta satisfacción das perdas
ocasionadas.
7. Ao Governo do Estado a estabelecer un organigrama
de Salvamento Marítimo na Galiza, que conte coa
participación da Xunta de Galiza e da Direccción
Xeral da Mariña Mercante, para incrementar a
eficácia dese servizo.
8. Apoiar todas as accións e mobilizacións
tendentes a conseguir estes acordos, poñendo
a disposición de viciños e viciñas
autobuses para acudir á manifestación
convocada pola PLATAFORMA CIDADÁN ‘NUNCA
MAIS’, que partirá da Alameda de Santiago
de Compostela, o próximo domingo dia 1, ás
12 da mañá. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |