Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG solicita unha partida orzamentaria destinada a paliar a suba do IBI   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Sábado 21 de Decembro de 2002 - 00:00

Na pasada lexislatura municipal, a Xeréncia do Catastro, co consentimento do alcalde por meio da sua sinatura, procedeu a actualizar os valores catastrais da Estrada, o cal deu como resultado unha proposta chea de erros e cantidades desproporcionadas. A cidadania, indignada polos custes que tal despropósito lles suporia, mobilizou-se en torno a unha Plataforma Cidadá que conseguiu que o governo municipal dé-se marcha atrás e, polo menos, só se aplicase o coeficiente do 0,25% nos recibos do IBI mentres non se procedese a variar a Ponéncia de Valores axustada aos verdadeiros valores de mercado e se correxisen os numerosos erros que contiña e contén.

Sen embargo, o governo municipal non cumpriu a encomenda e compromiso adquiridos no correspondente Pleno da Corporación Municipal e chegados a estas alturas do ano 2002, xa case entrados no 2003, os valores catastrais non se modificaron, os erros persisten, os recibos do próximo ano 2003 subirán un 60% e, para colmo, a oficina do ORAL está-lle remitindo aos viciños que reclamaron os valores perante o Tribunal Económico-Social, sen que a sua reclamación sexa contestada, os recibos cos atrasos correspondentes a todos os anos posteriores á reclamación, coa única intención de recadar as cantidades que poderian prescribir e sen que se dean explicacións ou contestacións a tais reclamacións.

Esta actitude da Xeréncia do Catastro e mais do ORAL non é sorprendente por reiterada no que se refere á sua actitude escurantista e falta de respeito cara aos viciños da Estrada e da Plataforma Cidadá contra a suba de Impostos e agora proceden a dar un novo paso no seu afán recadatório sen dar unha mínima resposta debida ás reclamacións apresentadas, que non sempre se basearon nos valores aplicados senón en moitos erros materiais (superfície, ubicación, clasificación, etc).

A estas circunstáncias soma-se ademais o desleixo do governo municipal, inicialmente resposábel de todos estes problemas por dar o seu visto e prace á Ponéncia de Valores sen ter consultado ao Pleno da Corporación Municipal, e a partir de aquel momento por non dar un só paso para arranxar o problema e só acordar-se do asunto tarde, mal e arrasto, xa cando o inminente suba do tipo impositivo antes referido se fai irreversíbel e que traerá como consecuéncia que, se non se toman as medidas oportunas, os estradenses propietários de bens inmóbeis vexan acrescentados os seus recibos nun 60% no xa próximo 2003.

Perante esta situación, o BNG considera que a Corporación Municipal debe tomar a iniciativa e debater e aprobar as oportunas medidas que axuden a resolver a situación, motivo polo que solicita a toma en consideración, debate e aprobación das seguintes propostas:

1) Dirixir-se á Xeréncia Territorial do Catastro e ao ORAL, exixindo-lles a imediata retirada dos recibos enviados aos estradenses cos atrasos correspondentes aos anos desde que apresentaron as suas reclamacións, mentres non se lles dea unha contestación razoada aos seus argumentos.

2) Introducir nos Orzamentos municipais para o ano 2003 unha partida destinada a abrir unha liña de subvencións a todos os estradenses afectados pola suba do recibo do IBI nun 60% no próximo ano, destinado a resarci-los de dita suba nunha cantidade igual á mesma, xustificábel mediante a apresentación das correspondentes facturas que acrediten calquera obra de reforma, acondicionamento ou mellora do inmóbel afectado por dita suba, mantendo-se esta medida até que non se elabore unha nova Ponéncia de Valores axustada á clasificación real e valores de mercado de todos os Inmóbeis da Estrada.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal