|
O BNG denuncia unha nova infracción urbanística
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Domingo 12 de Xaneiro de 2003 - 00:00
As obras do hipermercado Champion non se axustan ao proxecto apresentado no Concello. Esta nova infracción ven dada polas obras que
está a realizar Champion na construcción
dun hipermercado entre a rua Benito Vigo e a Avenida de
Vigo. No proxecto que apresentou Champion para que o Concello
lle concedera a licéncia municipal contemplaba-se
a construcción dun espácio libre axardinado
e no seu lugar esta-se a construir un segundo vial de
acceso. Ademáis disto, no proxecto contempla-se
que haberia unha 46 prazas de aparcamento cando, na realidade,
ese cifra supera-se de longo, ao redor dunhas 70 prazas
de estacionamento.
Tamén o BNG denúcia que o Concello non
realizou un estudo sério do impacto que vai supor
para o tráfico rodado, xa que na entrada-saída
deste novo proxecto confluen tres ruas cunha grande densidade
de tráfico de vehículos.
Mália a que esta obra se realiza en pleno centro
urbán da nosa vila, e logo da contestación
social que tivo a construcción deste hipermercado,
sobor de todo por parte dos comerciantes, que ven perigar
os seus negócios, o Alcalde e a sua equipa de Governo,
non se decataron destas irregularidades, oferecendo un
desleixo e deixación total e absoluto das suas
funcións para as que foron elixidos pola maioria
dos viciños e viciñas do noso Concello. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |