|
Chegou-lles a hora de dar explicacións !!!
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Domingo 12 de Xaneiro de 2003 - 00:00
O Alcalde Ramón Campos e cinco dos concellais do actual grupo de Governo municipal, Manuel Bernárdez, Manuel Somoza, Alfonso Uzal, José Manuel Reboredo e Manuel Arca, deberán comparecer o próximo 20 de febreiro perante o Xuiz do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción da Estrada como imputados pur un presunto delicto de prevaricación
 Un dos edifícios afectados pola senténcia xudicial
|
O Alcalde Ramón Campos e cinco dos concellais
do actual grupo de Governo municipal, Manuel Bernárdez,
Manuel Somoza, Alfonso Uzal, José Manuel Reboredo
e Manuel Arca, deberán comparecer o próximo
20 de febreiro perante o Xuiz do Xulgado de Primera Instancia
e Instrucción da Estrada como imputados pur un
presunto delicto de prevaricación pola concesión
de licéncias de construcción dos edificios
da rua Pérez Viondi e Xusto Martínez, declarada
ilegais polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e
ratificada polo Tribunal Supremo.
Como di o dito pupular “a todo porco lle chega
o seu San Martiño” e ao equipo, ao núcleo
duro, do grupo de Governo Municipal chego-lles a hora
de dar contas perante a xustiza pola concesión
dunhas licéncias contrárias a direito, paradigma
dunha práctica reiterada e xeralizada durante os
anos que levan gobernando o Patido Popular na Estrada. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |