Martes 25 de Marzo de 2003 - 00:00
Outra volta o señor Alcalde, Ramón Campos, esquece que governa para todos/as os/as viciños/as e expulsa do seu despacho ao Presidente da Xunta Parroquial de Ouzande, cando este lle ia presentar unha proposta para o paseo que uniría a vila da Estrada con esta porróquia; sinalar que dita proposta fora consensuada e aprobada democráticamente polos/as viciños/as de Ouzande. O Grupo Municipal do BNG da Estrada volve facer público o seu rexeitamento á intolerábel actitude despótica e anti-democrática do alcalde Ramón Campos quen o 20 de marzo, como anteriormente xa ten feito con moitos viciños/as, funcionários/as, concelleiros/as ou xornalistas, arremeteu airadamente contra o Presidente da Xunta Parroquial de Ouzande –por certo, un verdadeiro representante democraticamente elixido polos seus viciños/as e non posto a dedo polo Alcalde, como no caso dos pedáneos ou alcaldes de bairro –até o punto de expulsá-lo das dependéncias municipais, tal e como acaba de denunciar xa non o próprio interesado senón a própria Xunta Parroquial de Ouzande ao completo.
Actitudes como as que onte sucederon, que se veñen repetindo ao longo dos últimos anos e intensificadas nos últimos meses (entre as que se contan ameazas e presións, non só do Alcalde, senón tamén doutros membros do grupo de governo a todo aquel que discrepe ou informe das súas falcatruadas), quizá debidas ao nerviosismo perante á súa inculpación por presuntos delictos de prevaricación, ilegalidades urbanísticas e os casos do Prestige e a guerra contra Iraq, volven pór de manifesto que Ramón Campos dista moito de dar a talla como Alcalde de todos os veciños e veciñas da Estrada e que o seu talante é incompatible co cargo que ocupa, onde a dignidade institucional esixe unha mesura, toleráncia e espírito democrático da que el carece.
Desde o Grupo Municipal do BNG animamos a todos os viciños que sofren estas ameazas, amedrentamentos e desplantes a que os sigan denunciando abertamente, sen medo ás represálias, pois só facendo-lles fronte a estas actitudes vingativas e anti-democráticas poderemos desenmascarar e pór en evidéncia definitivamente o uso espúreo, personalista e partidista que o Alcalde e outros membros do grupo de governo municipal fan das institucións, unhas institucións que son de, por e para toda a cidadanía e non unha finca particular dun pequeno dictatorzuelo que, cos seus comportamentos airados e vingativos, é indigno do cargo que ocupa. |