Como xa sinalaramos no mes de xaneiro, logo dunhas semanas de estár "indisposto" para declarar perante o xuíz polo presunto delicto de prevaricación cometido por el e por outros cinco concellais do actual grupo de governo, o Sr. alcalde prestará declaración como imputado o martes día un de abril ás 11 da mañá no xulgado da Estrada.
Tamén o mesmo día prestarán declaración o Secretário e o Aparellador do Concello en calidade de testigos.
Os feitos remontan-se aos anos 1993 e 1994 nos que o Grupo de Governo Municipal Presidido por Ramón Campos, aproban as licéncias dos edifícios situados na intersección da rua Pérez Viondi con Irmáns Valadares (con 2 alturas máis do permitido) e os edifícios da prolongación de Xusto Martínez (cunha altura máis do permitido para esa rua, sendo a prolongación máis estreita), en contra dos informes dos técnicos municipais, xa que vulneraban a normativa urbanística vixente, e mesmo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza apreciara indícios de prevaricación neste asunto.
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal