Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O Alcalde Ramón Campos: suma e segue   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Venres 11 de Abril de 2003 - 00:00

O Alcalde colecciona xuizos como que quen colecciona selos. Un viciño do Concello de Vedra, pero con propiedas no noso Concello, apresentou unha querela criminal contra Ramón Campos. Acusa ao Concello e en particular ao noso Alcalde de ter promovido unha invasión da sua propiedade na parróquia de Arnois, e terlle causado estragos na mesma.

Onte xoves día 10, o Alcalde compareceu de novo como imputado perante o xulgado estradense tras ser apresentada unha nova querela criminal contra a súa persoa. O motivo de dita querela é que o particular acusa ao Concello, e en particular ao Alcalde, de ter promovido unha invasión da súa propriedade, na parroquia de Arnois, e terlle causado estragos na mesma. Este caso fora tratado no Pleno da Corporación celebrado en setembro do pasado ano, no que o Grupo Municipal do BNG lle pedira explicacións ao Grupo de Governo por estas accións e lle recriminara o feito de non lle ter dado aclaracións sobre ditos feitos ao viciño, tras terllas pedido reiteradamente.

Agora, a arrogancia e prepoténcia da que fai gala o sr. Alcalde, que o leva a actuar de forma que semella que el non tivese que acatar a Lei e os máis elementais preceptos do procedemento administrativo, trae como resultado esta nova querela e a consecuente posta en evidéncia e falla de credibilidade democrática da sua persoa. A este respecto, cumpre lembrar que o demandante lle fixo saber a Ramón Campos en reiteradas ocasións que só esperaba unha resposta aos feitos e que o único que conseguiu foi que o alcalde, como fai con moitos outros viciños que demandas solucións aos seus problemas, o bota-se das dependencias municipais con malos modos, visto o cal, o particular decidiu actuar penalmente contra o Alcalde por invasión e estragos na súa propiedade.

Ao fío de todo o escándalo que se está xenerando no noso Concello coas reiteradas denúncias e senténcias firmes polas ilegalidades urbanísticas cometidas polo Alcalde e o seu grupo de governo, o Grupo Municipal do BNG tamén quixera subliñar a desfachatez coa que o sr. Alcalde intenta escurrir o vulto no caso da senténcia da rúa IRYDA, unha ilegalidade urbanística máis cometida polo Partido Popular.

Desde o BNG tamén concordamos en que se debería chegar a un acordo que evite o derrube pero, desde logo, o governo municipal non pode lavar as mans como se non fose con el, pois foi o culpábel de que se chegase a esta situación. Por tanto, é o propio grupo de governo, co alcalde ao fronte, quen ten que chegar a ese acordo coas duas partes porque, de non ser así, toda a responsabilidade, tanto penal como económica recaería en que cometeu a ilegalidade, arquivando o expedente de disciplina urbanística, isto é o sr. Alcalde e demáis membros da Comisión de Governo. Tratar de facer esquecer o asunto e evitar a responsabilidade no tema xa se sabe a onde lles pode levar de novo: aos tribunais penais.


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal