Xoves 17 de Abril de 2003 - 00:00
No Pleno ordinário celebrado pola Corporación Municipal o pasado
mes de Marzo, o grupo de governo municipal do PP sacou adiante,
cos únicos votos en contra do BNG, a aprobación
inicial da Ordenanza Fiscal do Imposto sobre Bens Inmóbeis (IBI), coñecido
popularmente como contribución urbana.
Dita ordenanza estabelece que a porcentaxe que se lle aplicará a todos
os bens inmóbeis pasará do 0,25% ao 0,40%, o cal supón
unha suba do 60%, e segue-se-lle impondo a obriga de contribuír
ao Solo Apto para Urbanizar. Á parte desta suba, ao recibo haberá
que engadir-lle o incremento do IPC do ano 2002 aplicado polo Governo Central
sobre o valor catastral.

A meirande parte dos bens inmóbeis afectados pola suba do IBI están
na Vila |
AÍNDA ESTAMOS A TEMPO DE PARAR ESTA INXUSTIZA,
que se pode materializar cando, despois das eleicións,
comecen a chegar os recibos.
Para evitá-lo, o
BNG CONVOCA UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA, O LUNS 28 DE ABRIL, ÁS 9.00 HORAS NA SALA DE CONFERÉNCIAS DO TEATRO PRINCIPAL
AGORA É O MOMENTO, DESPOIS XA SERÁ DEMASIADO
TARDE. ACUDE Á ASEMBLEA INFORMATIVA!!!
PRESENTA URXENTEMENTE UNHA RECLAMACIÓN INDIVIDUAL
NO CONCELLO
Nesta ordenanza incluen-se unha série de bonificacións (para
famílias numerosas, promotoras inmobiliárias, vivendas de proteción
oficial, solo apto para urbanizar, vivendas rurais, etc.), con moitas das cales
o BNG está a favor.
Sen embargo, esta ordenanza supón que o grave problema creado
polo Alcalde ao asinar a Ponéncia de Valores non se solucione,
é dicer, a sobrevaloración da maioria dos inmóbeis situados
no casco urbano e a falta de medidas compensatórias para estes bens.
Desde o BNG parece-nos inaceptábel que, despois de
todos estes anos de espera por unha solución xusta, o governo municipal
non fora capaz de arreglar este asunto e que agora corte polo san e aprobe unha
ordenanza na que se lle dan bonificacións a certos propietários
excluindo aos verdadeiramente afectados.
É evidente que a solución definitiva a este problema
pasa pola redacción dunha nova Ponéncia de valores que axuste
os mesmo á sua verdadeira contia, pero, mentres tanto, debemos
exixir que se resarza por esta suba do 60% aos realmente perxudicados. Neste
senso, o BNG apresentou no Pleno da Corporación unha proposta
destinada a compensar aos propietários por esta esaxerada suba, proposta
que foi rexeitada polo Partido Popular, que lle dá solucións
a uns e deixada chantados a os máis perxudicados, isto é, todos
os propietários do casco urbano.
A modo de exemplo, e para que esta suba se visualice perfectamente en toda
a
sua magnitude, presentamos uns casos elixidos ao chou:
| Tipo de Ben |
Ubicación |
Ano 2002 |
Ano 2003 |
|
Piso |
Rua 35 |
99 € |
158 € |
|
Baixo Comercial |
Calvo Sotelo |
241 € |
385 € |
|
Vivenda Unifamiliar |
Avenida de Pontevedra |
922 € |
1.475 € |
|
Terreo Edificábel |
Fernando Conde |
155 € |
248 € |
Así pois, se vostede é propietario dun Ben Inmóbel (piso,
baixo comercial, vivenda unifamiliar, terreo edificábel, praza de garaxe,
etc.) dentro do casco urbano terá que facer a seguinte conta:
CANTIDADE PAGADA NO 2002 + 60%
=
CANTIDADE A PAGAR NO 2003
ISTO É UN VERDADEIRO ABUSO!!
AÍNDA ESTAMOS A TEMPO DE PARAR ESTA INXUSTIZA,
que se pode materializar cando, despois das eleicións,
comecen a chegar os recibos.
Para evitá-lo, o
BNG CONVOCA UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA, O LUNS 28 DE ABRIL, ÁS 9.00 HORAS NA SALA DE CONFERÉNCIAS DO TEATRO PRINCIPAL
AGORA É O MOMENTO, DESPOIS XA SERÁ DEMASIADO
TARDE. ACUDE Á ASEMBLEA INFORMATIVA!!!
PRESENTA URXENTEMENTE UNHA RECLAMACIÓN INDIVIDUAL
NO CONCELLO
Descarrega
aquí o modelo de instáncia (Word e PDF)
 Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |