Domingo 04 de Maio de 2003 - 00:00
A Concellalía de Xuventude, organizou un ciclo de Conta-contos no Teatro Principal e ameazou con non pagar-lle a Paula Carballeira, a primeira Contacontos en intervir, se tocaba determinados temas que ao PP non lle gustan, isto é, o Prestige e a Guerra.
Paula Carballeira así o fixo saber a todos os presentes na sua actuación do sábado pasado, cando afirmou o seguinte: "Hoxe é para min unha actuación moi emotiva e moi especial. É a primeira vez que alguén me di que non podo dicir algo, que non podo dicir Nunca máis ao chapapote, Nunca máis aos gobernos incompetentes, e Non á Guerra. E eu como son tozuda, digo todo iso e repetireino varias veces. Paula Carballeira así o fixo saber a todos os presentes na sua actuación do sábado pasado, cando afirmou o seguinte: "Hoxe é para min unha actuación moi emotiva e moi especial. É a primeira vez que alguén me di que non podo dicir algo, que non podo dicir Nunca máis ao chapapote, Nunca máis aos gobernos incompetentes, e Non á Guerra. E eu como son tozuda, digo todo iso e repetireino varias veces.
O BNG pedirá explicacións ao Alcalde e ao Concellal de Xuventude, José Antonio Maceira, xa que non se pode tolerar este tipo de actuacións mafiosas e pseudo-fascistas por parte dos representantes públicos. Ademáis da-se a casualidade de que non é a primeira vez que isto sucede, porque non hai moito que actuou o grupo de teatro Chévere, que tamén foron ameazados por este concellal. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |