Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Noa López Calvelo   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 4
Malo Bo
Luns 12 de Maio de 2003 - 00:00

Noa López Calvelo

Viciña de Cora, estudante universitária e Monitora de Tempo Libre

"Decidín participar no BNG porque aposta por melloras reais para a mocidade estradense"

Que quere a mocidade da Estrada? ¿Cales son as súas necesidades principais?

Ben, eu creo ter unha idea aproximada de cales son as inquedanzas e demandas pricipais da mocidade do meu concello. Sen embargo, creo que o goberno local non sabe realmente o que queremos, ou eso é o que se desprende das políticas que dirixen á mocidade.

Entón, ¿que vai facer o BNG diante desta situación?

Nós propoñemos que, en primeiro lugar é esencial o coñecemento, o máis profundo posíbel, das nosas necesidades e inquedanzas. Para iso, comezaremos a nosa acción de goberno coa elaboración dun amplo estudio sociolóxico sobre a situación da mocidade en todos os ámbitos: emprego, movemento asociativo, lecer, cultura, a saúde, ensino, deporte, ecoloxía, etc. Incluiremos neste unha necesaria avaliación de recursos existentes, tanto materiais como humanos, cos que hoxe en día conta a mocidade estradense e tamén dos que se precisan.

Iso quere dicir que teremos que esperar para coñecer as propostas do BNG?

Todo o contrario. Sen prexuízo dos resultados do estudo, partimos dunha serie de propostas coas cales nos comprometemos: Crearemos un servizo de apoio á mocidade, formado por persoal cualificado; elaboraremos un plano de formación para o movemento asociativo; incluiremos os centros escolares nas programacións que se elaboren; primaremos o criterio de interdisciplinariedade, entre as diferentes áreas de goberno, que tenda a optimizar recursos e esforzos; e, tamén deseñaremos un programa de actuación que potencie o voluntariado, pero partindo do criterio básico da cooperación.

No referido ao asociacionismo e o lecer entre a xente nova, ¿que propostas destacarías?

É este un dos aspectos peor tratado polo actual goberno municipal. É necesario acondicionar e optimizar os locais tanto públicos como privados, para así tirar deles un maior aproveitamento. Comprometémonos a dotalos de medios e recursos. O papel do Concello será o de elaborar, sempre en colaboración co movemento asociativo, programacións estábeis, que teñan uns criterios e continuidade. Como exemplo, promoverase unha actuación no lecer nocturno, co fin de dar unha alternativa que ao mesmo tempo non sexa incompatíble cos hábitos da mocidade.

Falando de saúde, ¿Cales son os proxectos do BNG ao frente do goberno municipal?

Nun ámbito tan importante e desgraciadamente relegado a un segundo plano, cremos que é imperante a nedesidade de elaborar un plano de prevención da drogodependencia tendo en conta a información, as políticas actuación necesarias, e a reivindicación á Xunta dun maior apoio na creación de infraestructuras. Por outra banda, tamén realizaremos programas con contidos informativos sobre sexualidade e anticoncepción, o mesmo de información e prevención das infeccións de transmisión sexual. Ademais, o concello gobernado polo BNG subministrará gratuitamente a “píldora do día despois”.

Para rematar, ¿Por que cres que a mocidade debería votar ao BNG?

Pois pola mesma razón que eu decidín presentarme na súa candidatura. Porque o goberno do BNG aposta pola mellora nas condicións de vida da mocidade, e faino dun xeito real e directo amosando un especial interés por coñecer as súas opinións e demandas.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal