Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Benvid@ á páxina do BNG de A Estrada
O BNG da Estrada presenta unha moción de apoio ao pobo palestino  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 5
Venres 09 de Xaneiro de 2009 - 12:19
A moción foi aprobada cos votos do BNG e o PSOE, votando en contra PP e CIDEGÁ

O BNG presentou no pleno de onte unha moción urxente no que se rexeitan os bombardeos e a invasión levados a cabo por Israel. A moción aprobada cos votos favorábeis do BNG e do PSOE, (o PP e CIDEGÁ votaron en contra da mesma, solicita do goberno español que suspenda as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel até que non se poña fin á agresión militar, invasión e blocaxe que está perpetrar na franxa de Gaza, en Palestina.

Alén disto, coa aprobación da moción aprobouse o apoio do Concello da Estrada á concentración convocada polo colectivo “A Estrada por Palestina”, que se levará a cabo este sábado 10 de xaneiro ás 20:30 horas, na Praza da Constitución da Estrada. Ao mesmo tempo o Concello da Estrada tamén apoia a manifestación convocada en apoio ao pobo Palestino do domingo 18 de xaneiro en Santiago de Compostela. Coa aprobación da moción o Concello fará un chamamento á participación dos veciños e veciñas das Estrada en ambas as dúas mobilizacións.


A Estrada por Palestina  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Xoves 08 de Xaneiro de 2009 - 13:14

cartaz-aestrada_palestina_pequeno.jpgDesde xaneiro de 2006 Israel somete á franxa de Gaza, onde viven un millón e medio de persoas, a un feroz bloqueo económico, que se viu incrementado nas últimas semanas impedindo a achega de calquera tipo de axuda humanitaria, imprescindíbel para a subsistencia da poboación palestina de Gaza.

O 27 de decembro de 2008, Israel decide unilateralmente apretar a corda e esganar aínda máis ao pobo palestino, e decide, co beneplácito dos Estados Unidos e/ou a pasividade da Comunidade Internacional e a ONU, bombardear a franxa de Gaza, producindo máis de 500 mortos e 2.500 feridos, boa parte deles nenos e nenas de curta idade. O 4 de xaneiro Israel invade Gaza e as consecuencias para a subsistencia física do pobo palestino en xeral e do preto dun millón e medio de palestinos en particular que viven en Gaza, é unha incógnita.

Diante desta situación o BNG da Estrada e Galiza Nova fan un chamamento aos veciños e veciñas da Estrada a acudir á concentración para parar o xenocicio perpetrado polo estado de Israel contra o pobo palestino. Esta concentración levarase a cabo o vindeiro sábado 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, diante do Concello. Lerase un manifesto e posteriormente lanzaremos zapatos contra os tanques de Israel que bombardean a faixa de Gaza.


O BNG executará un plan de obras en inversións para o Concello  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Xoves 04 de Decembro de 2008 - 09:24

O BNG da Estrada, a través da Primeira Tenente de Alcalde, Raquel López, acaba de dar a coñecer as obras e inversións que se farán na Estrada con cargo á dotación do goberno central para remontar a crise económica, e que no noso Concello elévase esta a 3.800.000 euros. Este importe súmase as inversións da Consellaría de Medio Rural no rural da Estrada, que só nun ano aportou 5.000.000 de euros.

As obras que fará o BNG dende o goberno municipal serán as seguintes:

  • Proxecto de mantemento e limpeza de beiravías , gabias e tageas en viais de titularidade municipal da zona sur-este do concello, incluída a reposición de tubos (importe aproximado 175.000€)
  • Proxecto de e limpeza de beiravías , gabias e tageas incluída a reposición de tubos, e mantemento en viais de titularidade municipal da zona norte-oeste do concello, (importe aproximado 175.000€)
  • Beirarrúas de Ouzande en 1.630 metros (importe aproximado 220.000€)
  • Arranxo do Albergue Turístico de Sabucedo -supresión de barreiras arquitectónicas e mellora interior para adecuación á normativa sectorial-, (importe aproximado 150.000€)
  • Mellora de presas de rega en Tabeirós, Lamas e Arnois (importe aproximado 250.000€)
  • Reposición da Ponte de Barbude sobre o Liñares (área recreativa)
  • Acondicionamento de viais no rural (asfaltados ou formigonados)

Actuacións en materia de Deportes:

  • Pistas de Atletismo da Baiuca
  • Renovación firme das Pistas de Tenis Municipais
  • Reforma da Cuberta do Frontón e renovación do firme
  • Acondicionamento da zona deportiva

Actuacións en Edificios Municipais:

  • Rehabilitación da "Casa do Pobo"
  • Rehabilitación das Escolas Unitarias de Requián (Frades), Aguións, Sto. André de Vea e S. Xiao de Vea.

A Consellaría de Medio Rural faille entrega ao Concello dun tractor desbrozador  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 26 de Novembro de 2008 - 21:48

O Delegado Provincial da Consellaría de Medio Rural, Gonzalo Constenla, fíxolle entrega hoxe á Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Medio Rural, Raquel López Doce, dun tractor desbrozador valorado en 80.000 euros, que sumarase á maquinaria que para este fin ten o Concello da Estrada.

entrega_tractor2.jpg

O BNG reitera a súa aposta polo pacto, o diálogo e o traballo dun goberno unido que quere A Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 26 de Novembro de 2008 - 21:33

O BNG recomendou ao PSOE e ao alcalde Dono "que escoiten aos veciños e veciñas da Estrada e actúen con responsabilidade e madurez política" para cumprir co mandato dos estradenses que nas pasadas eleccións apoiaron "un goberno de coalición estábel que resolva os problemas da Estrada". Segundo o responsábel local do BNG, Xose Manuel Baños, "o BNG ten claro que os veciños e veciñas que apoiaron nas eleccións ao PSOE e ao BNG fixérono porque queren unha transformación na Estrada e un goberno que goberne en lugar de facer ruído e dar espectáculos deplorábeis".

Ler máis...

O PXOM ten que ser a prioridade máxima do actual goberno municipal  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Xoves 13 de Novembro de 2008 - 00:22
O futuro da Estrada non se decide nas próximas eleccións, pero si se pode decidir no pleno extraordinario do vindeiro venres, onde as forzas políticas do noso concello teremos que poñer os alicerces para que aprobación do PXOM sexa un realidade


O BNG da Estrada fai un chamamento ás restantes forzas políticas do noso Concello para que o próximo venres actúen con responsabilidade e con coherencia

O BNG, cando asinou hai un ano o pacto de goberno co PSOE para conformar un goberno estábel, asumiu que "dotar á Estrada dun Plan Xeral de Ordenación Municipal" ía "ser a tarefa básica do novo goberno", porque "actualmente o principal problema co que se atopa A Estrada é a falta dun proxecto de desenvolvemento urbanístico acorde coas necesidades socio-económicas do concello que potencie os seus sectores produtivos e potencie a actividade construtiva fortemente prexudicada polos anos de paralización de licenzas municipais de construción e actualmente polo encorsetamento ao que nos someten as Normas Provisionais da Xunta de Galiza que impide a ampliación do casco urbano, a edificación na zona rural e dificulta o desenvolvemento de solo industrial".

Ler máis...

Un ano TRANSFORMANDO A Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Mércores 15 de Outubro de 2008 - 11:54

O 8 de outubro de 2007 o BNG entrou a formar parte do goberno municipal responsabilizándose das áreas de Medio Rural, Facenda, Deporte, Turismo e Participación Cidadá. En 12 meses o BNG no goberno municipal, a través da Primeira Tenente de Alcalde, Raquel López Doce, e dos Concelleiros, Maribel Ruíz Ferro e Xan Carlos Castro Blanco, foi quen de marcar un antes e un despois na xestión nas áreas citadas anteriormente.

Descarga o noso boletín especial Visita a nosa Galería de imaxes
Ler máis...

O BNG anima a asistiren á Manifestación da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 14 de Outubro de 2008 - 12:23

Os próximos 18 e 19 de outubro a Marcha Mundial das Mulleres, rede feminista internacional que agrupa a mulleres de máis de 150 países, dará un paso máis na súa loita contra a pobreza e a violencia. Delegadas dos cinco continentes acudirán a Vigo para celebrar o VII Encontro Internacional, nunhas xornadas cargadas de reflexión para seguir construíndo un mundo onde sexan erradicadas a pobreza e a violencia. Todas as persoas, mulleres e homes, e colectivos, que comparten estes dous obxectivos, teñen un convite para acompañar as mulleres vindas dos cinco continentes a dar este paso na cidade de Vigo.

Ler máis...

Augas de Galicia está a ralentizar a tramitación do proxecto da Cidade do Móbel  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Luns 13 de Outubro de 2008 - 16:38
Augas de Galicia, dependente da Consellaría de Medio Ambiente, ten pendente de emitir un informe imprescindíbel para que a Cidade do Móbel continúe cos trámites administrativos que restan antes da súa aprobación

A día de hoxe, e logo de que rematara o prazo de presentación de emendas, así como a resolución das mesmas por parte da Instituto Galego de Vivenda e Solo, dependente da Consellaría de Vivenda e Solo, Augas de Galicia ten pendente de remisión o correspondente informe sectorial, que se adxuntará á Memoria Ambiental, que tamén ditaminará a Consellaría de Medio Ambiente.

Ler máis...

O BNG pide responsabilidade e madurez política ao PSOE que se equivoca facendo oposición  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Martes 30 de Setembro de 2008 - 19:05
O BNG ten claro que o adversario é o Partido Popular e os seus adláteres, ademais do pasado que representan na nosa localidade

O BNG da Estrada saíu ao paso das críticas vertidas contra os nacionalistas polo alcalde Dono e o ex –alcalde Tallón nos últimos días. O responsábel local do BNG, Xose Manuel Baños, animou aos socialistas a guiarse pola "responsabilidade e madurez política" e fixo un chamamento ao alcalde para que "aposte e traballe pola unidade do goberno en lugar de tentar crear división e enfrontamentos gratuitos e inxustificados que poden perxudicar aos estradenses".

Ler máis...



 <<  <  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal