Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Benvid@ á páxina do BNG de A Estrada
Concertazo contra o decretazo  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 14 de Abril de 2010 - 09:28

A Concellaría de Participación Cidadá colabora coa plataforma Queremos Galego sufragando un autobús ao macro-concerto contra o decretazo

foto
Clara Iglesias, de Queremos Galego,
e Xan Carlos Castro Blanco,
Concelleiro de Deportes e Participación Cidadá

Este sábado 17 de abril, a partires das 19:30 horas, en Pontevedra milleiros de galegos e galegas cantarán e bailarán a prol da nosa língua e contra do decretazo do PP ao son dos grupos máis representativos do panorama musical galego, e en galego. Desde Berrogüetto, Uxía Senlle, Lamatumbá, Galegoz, Ruxe Ruxe, á Asociación de Gaiteiros,... tocarán por primeirza vez xuntos nun macro-concerto que non ten precedentes en Galiza.

Aínda estás a tempo de mercar a túa entrada anticipada a un prezo de 10 €, só tes que chamar ao noso local, 986590002, ou envíanos un correo a “estrada@bng-galiza.org”, e afarémosche chegar a entrada.

Ademais, grazas á colaboración da Concellaría de Deportes e Participación Cidadá que dirixe o nacionalista Xan Carlos Castro Blanco, terás a posibilidade de desprazarte ao macro-concerto en autobús, que sae ás 18 horas da Praza do Concello, voltando ás 2:30 horas. Só tes que chamar ao 986590002 ou envíanos un correo a “estrada@bng-galiza.org” para reservar a túa praza.

Para rematar, recorda que frear o decretazo contra o galego é cousa de todos e todas, e con música, a loita farase máis amena.


O BNG esixe a mellora urxente do acceso ao Centro Médico do Souto de Vea  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Martes 06 de Abril de 2010 - 20:00

O BNG presenta unha proposición non de lei para mellorar a seguridade dos peóns no acceso ao centro médico do Souto de Vea

O Centro Médico do Souto de Vea, ao que acoden un número importante de veciños e veciñas do Val do Vea, está situado ás aforas do Souto de Vea, ao outro lado da PO-841, que une Santiago e A Estrada, unha estrada con un grande tráfico viario a todas as horas do día.

Os pacientes que acoden diariamente a este centro médico son na súa meirande parte xente maior, que a diario ten que cruzar a PO-841, sen que haxa sequera un paso de peóns. Isto provocou a morte dunha persoa que foi atropelada cruzando este vial en dirección ao centro de saúde. A morte deste veciño provocou unha fonda indignación entre a veciñanza, que se mobilizou na procura de melloras para a súa seguranza. En reiteradas ocasións houbo declaracións de intencións para mellorar este acceso, mais dous anos despois nada se sabe.

Deste xeito o BNG presenta no Parlamento Galego unha proposición non de lei para o seu debate e aprobación en Comisión, na que insta á Xunta de Galiza a adoptar de xeito urxente, e neste mesmo ano, as medidas que se precisen co fin de protexer aos veciños e veciñas do Val de Vea, que todos os días teñen que cruzar a estrada de titularidade autonómica PO-841 (Santiago-A Estrada) para achegarse ao Centro Médico de Souto de Vea, co fin de evitar novos atropelos.

Notas:
Adxuntamos a Proposición non de Lei presentada hoxe.


A Concellaría de Medio Rural manterá as Feiras Sustentábeis  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 16 de Marzo de 2010 - 09:17

Agader non aportará nin un só euro ao evento

feira.jpgDesde a entrada do BNG no goberno municipal da Estrada, no noso concello veñen celebrándose dúas veces ao ano, na primavera e no outono, dúas citas xa ineludíbeis na Praza da Abastos da Estrada. Estamos a referirnos ás Feiras Sustentábeis, que cada ano acolle a un numeroso público que acode na procura de produtos naturais, produtos ecolóxicos das hortas da Estrada.

Sen embargo, neste ano, e coa irrupción do PP no goberno da Xunta, eliminaranse as axudas da Concellaría de Medio Rural para organizar este evento, que contará exclusivamente co orzamento do departamento municipal que dirixe a nacionalista Raquel López Doce.

A primeira destas feiras sustentábeis realizarase o 15 de maio, coincidindo ca Festa do Salmón.

Write Comment (0 Comments)


O BNG insta á Xunta a realizar as obras de mellora nos Centros Educativos Públicos Da Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Venres 12 de Marzo de 2010 - 19:25

Carme Adán denuncia que o xefe territorial da Delegación provincial non recibira aínda aos pais, que levan agardando dende o 4 de Xaneiro

O Bloque Nacionalista Galego conseguiu sacar adiante hoxe na Cámara unha iniciativa para instar á Xunta a realizar as obras necesarias nos centros de ensino públicos da Estrada para a correcta adecuación das instalacións ás necesidades educativas, que terán que estar finalizadas no prazo non superior a un ano e que se acometarán en función de criterios técnicos e educativos.

A iniciativa, defendida pola deputada do BNG Carme Adán e que foi transaccionada cunha emenda do PP, contando cos votos en contra do PSdeG, pretende dar así resposta ás reivindicacións da comunidade educativa deste concello, nomeadamente no que atinxe ao IES Antón Losada Diéguez e o IES Manuel García Barros, que son os que rexistran as deficiencias máis graves, explicou Adán.

A parlamentar do BNG lamentou que malia ter transcorrido algún tempo dende o rexistro desta iniciativa, o goberno da Xunta non se deu por aludido e non adoptou ningunha medida, nin tan siquer houbo dilixencia por parta do xefe territorial para recibir nin visitar á Federación Estradense de pais e nais que levan agardando dende o 4 de Xaneiro.

A deputada lembrou que se está a falar, por exemplo, dun cadro eléctrico obsoleto, con planchas do teito que en moitas ocasións caen e con elas arrastran os tubos fluorescentes, cartos de baño que non cumpren as normas sanitarias básicas ou os aseos e vestiarios do ximnasio, no caso do Antón Losada Diéguez.

No caso do García Barros, Carme Adán explicou que dada a antigüidade do centro hai moitas estancias sen modernizar e graves problemas nas portas de emerxencia, na colocación de extintores ou nas propias bocas de incendios, o que incluso foi denunciado por Protección Civil, afirmou, como responsábel de elaborar o Plan de Evacuación do centro.

Para Adán, é preocupante –como xa denunciara no seu momento- que o orzamento da Xunta reducira de forma considerábel, en Educación, as partidas para arranxos e novas infraestructuras, mais agarda se poidan adoptar medidas e tomar decisións que solvente casos tan sangrantes como o destes centros.


As UXFOR son un modelo de xestión esperanzador para os propietarios e para o sector forestal  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Domingo 07 de Marzo de 2010 - 20:47

As UXFOR son un modelo de xestión esperanzador para os propietarios e para o conxunto do sector forestal

O PP paraliza as UXFOR por unha decisión baseada no rancor político

Esquecer as UXFOR servirá para seguir desviando os fondos de xestión forestal cara os servizos de extinción de incendios facendo perdurar no tempo o caos do monte

A paralización das UXFOR responde a unha actuación caprichosa por parte do PP, consecuencia dun discurso maliciado cando estaba na oposición, que mesmo foi incapaz de fundamentar ideoloxicamente -por canto a propiedade aínda sae reforzada e clarificada despois da identificación da propiedade e rexistro da sociedade e dos socios copartícipes coa correspondente participación- e que, unha vez que pasa a asumir funcións de goberno, resulta unha actuación desleal cos afectados aos que, amais, causa prexuízos.

O monte é un caos retroalimentado, entre outros factores, por unha pequena propiedade fragmentada en moitas parcelas nas que hoxe é imposíbel realizar xestión forestal mecanizada e sustentábel. As UXFOR implantadas polo BNG cando dirixía a Consellaría de Medio Rural na lexislatura pasada, son o resultado dunha reflexión, xa vella no sector, que atopou na unidade de xestión o xeito de resolver a fragmentación da propiedade. Isto permite, á súa vez, dirixir cara a propiedade forestal e cara un monte ordenado e produtivo as partidas orzamentarias que a nivel europeo, estatal e autonómico foron creadas para realizar xestión e ordenación. Esquecer as UXFOR servirá para seguir desviando os fondos de xestión forestal cara os servizos de extinción de incendios facendo perdurar no tempo o caos do monte.

Estando de acordo, como di López Campos, coa filosofía e utilidade das UXFOR e diante dun feito tan evidente como é a positiva recepción que por parte da sociedade tivo a utilidade das mesmas, -48 constituídas ou en proceso en menos dun ano-, a única acción fundamentada que lle cabe ao Goberno da Xunta é, a través de modificacións ao decreto, realizar aquelas correccións que, a criterio dos servizos xurídicos, resolvan os "defectos do modelo" e permitan iniciar o rexistro das UXFOR como persoas xurídicas. Xa o di o propio López, Portavoz Municipal do PP, se a propiedade da terra está garantida legalmente, e grazas á xestión conxunta pasa a ser unha participación nunha sociedade, daquela só lle resta dicir sociedade "limitada de propietarios" e, como López debera ter certos coñecementos de dereito mercantil, sabe que só falta rexistrar a sociedade no rexistro mercantil e o proceso é incuestionábel en dereito.

Se despois dun ano isto non se fixo e se segue a falar dos "defectos" sen concretalos e presentar a solución respectiva, para o BNG é evidente que a paralización das UXFOR é unha decisión baseada no rancor político exclusivamente e non unha decisión tomadas por cuestións técnicas ou xurídicas. Ademais, se o PP liquida as UXFOR estará derramando un valioso traballo de intervención social, toma de decisións e organización dos propietarios, que estaba actuando como revulsivo e modelo de xestión esperanzador para estes e para o conxunto do sector forestal.

Write Comment (0 Comments)


Visita do portavoz nacional á cooperativa de Monte Cabalar e da Uxfor da Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Sábado 27 de Febreiro de 2010 - 20:49

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, realizou hoxe á tarde unha visita á Estrada, onde coñeceu o proxecto cooperativo de Monte Cabalar e a Unidade de Xestión Forestal. “O actual Goberno da Xunta non está disposto a apoiar iniciativas para apoiar o medio rural”, sinalou Guillerme Vázquez en declaracións a xornalistas.

“A Unidade de Xestión Forestal que hoxe visitamos estivo impulsada dende o anterior Goberno, en concreto, dende a Consellaría do Medio Rural que ostentamos no anterior mandato e escollemos esta iniciativa porque dende o BNG cremos neste tipo de actuacións e nas formas destinadas a poñer en valor terreos que practicamente estaban abandonados e, ademais, para xerar emprego mediante esta actividade, dentro das dificultades que ten o sector agrario no noso País”, explicou.

“Lamentamos que experiencias deste teor non poidan ter continuidade ao non estaren apoiadas por parte do actual Goberno galego e os cidadáns terán que xulgalo no seu momento”, sinalou.

Durante a visita, o portavoz nacional estivo acompañado da concelleira do Medio Rural, Raquel Lopez Doce, da concelleira de Facenda, Maribel Ruiz, do responsábel local do BNG, Xosé Manuel Baños, e do presidente da cooperativa, Francisco Barreiro, ademais doutros cooperativistas.

MÁIS DE MIL PROPRIETARIOS

A concelleira do Medio Rural da Estrada, Raquel López Doce, explicou que Monte Cabalar é unha cooperativa de explotación comunitaria da terra que agrupa aproximadamente 3.600 propiedades de máis de 1.000 propietarios nunha explotación gandeira en extensivo con máis de 700 ha de monte fechadas nas parroquias de Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca e Souto co obxectivo de intervir sobre o abandono e o minifundio.

En canto á Unidade de Xestión Forestal “A Coviña”, explicou que abrangue 22.75 hectáreas de monte repartidas en 120 parcelas, que estaban en mans de 50 propietarios.

Write Comment (0 Comments)


O PP utiliza manobras de distracción para non concretar a data de construción da Cidade do Móbel  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Luns 22 de Febreiro de 2010 - 16:16

Se gobernara o BNG a Cidade do Móbel xa estaría en construción

O BNG da Estrada saíu hoxe ao paso das declaracións do Deputado e Concelleiro do Partido Popular, José López, a respecto da Cidade do Móbel. O BNG asegura que “no Proxecto en trámite elaborado pola Consellaría de Vivenda e Solo, que dirixía a nacionalista Teresa Táboas na pasada lexislatura, xa contemplaba o centro de negocios e a exposición permanente” que agora o PP quere incluír no proxecto da Cidade do Móbel”.

planocidade.jpg
Descarga o Plano

Para os nacionalistas “esta é unha manobra de distracción do PP para seguir dilatando o proceso e non concretar a data de construción do citado polígono sectorial”, que se atopaba, a finais da lexislatura pasada nos últimos meses de tramitación, e que hoxe, en 2010, xa estaría en construción de seguir gobernando o BNG a Xunta de Galiza”.

Segundo os nacionalistas, “o PP, nada máis chegar á Xunta, optou por paralizar este proxecto e deixalo no limbo, e agora utiliza estas manobras dilatorias para non concretar unha data de construción da Cidade do Móbel”.

“Proba do escaso interese que ten a Cidade do Móbel para o Partido Popular e para o Goberno de Núñez Feijóo”, engade a nota do BNG, “ é o rexeitamento por parte do PP ás emendas que presentou o Bloque Nacionalista Galego ao orzamento da Xunta , que multiplicaba por dez o consignado polo PP para a Cidade do Móbel”. Para o BNG “este rexeitamento demostra que ao PP non quere construír a Cidade do Móbel, e utiliza as manobras de distracción para que se vexa que fai, pero o PP xa ten demostrado sobradamente que é un partido inútil para A Estrada e inútil para Galiza”.

O BNG da Estrada engade que “a Cidade do Móbel é un proxecto estratéxico e de vital importancia para sector do móbel e para o Concello da Estrada, xa que sería un xerador de emprego moi importante nestes intres de crise económica”.


A Concellaría de Medio Rural xestiona o arranxo dos desperfectos dos viais de Arnois  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Luns 22 de Febreiro de 2010 - 12:56

Nunha reunión convocada pola Concellaría de Medio Rural a semana pasada, que dirixe a nacionalista Raquel López, á que asistiron o presidente da Asociación de Veciños “O Castro”, Xesús Martínez, e representantes das empresas adxudicatarias do Tren de Alta Velocidade e da adxudicataria da canteira de extracción de áridos, acordaron o arranxo inmediato dos viais que une os lugares de Moimenta e Carballal, na parroquia de Arnois.

Raquel López e o presidente da asociación trasladáronlle nesta reunión o malestar dos veciños desta parroquia polas fochancas que inundan esta estrada, e que son debidos ao paso continuo de camións da canteira de das obras do TAV. Na reunión, as empresas comprometéronse a arranxar estes desperfectos de xeito inmediato e tamén se farán cargo do custe das obras.


Os nacionalistas explican na Estrada o seu posicionamento a prol da fusión das caixas  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Sábado 20 de Febreiro de 2010 - 18:04

O BNG quere unha caixa ao servizo de Galiza, xa que é o único instrumento de intervención pública na economía galega, fundamental para o desenvolvemento desta

O BNG continúa coa campaña de información sobre o seu posicionamento a favor da fusión das caixas galegas e sobre a Lei de Caixas, unha iniciativa que levou ao Parlamento Galego, e que foi finalmente aprobada por este a finais do ano pasado, e que agora se atopa recorrida polo Goberno Central no Tribunal Constitucional.

Neste sentido, e na ronda de actos que está a levar o BNG en xeral por todo Galiza, o próximo venres 26 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, o Portavoz Nacional da organización nacionalista, Guillerme Vázquez, achegarase á Estrada para, de primeira man, explicar a todos os veciños e veciñas do noso Concello o posicionamento do Bloque a prol da fusión das caixas, que vive agora os momentos máis delicados e confusos por mor do recurso presentado polo Goberno de Rodríguez Zapatero, contra unha norma aprobada no Parlamento Galego.

Segundo o BNG, ou se aposta decididamente pola fusión entre Caixa Galcia e Caixa Nova para ter unha caixa galega, ou, o proceso aberto polo FROB (Fondo de Restruturación Ordenada Bancaria), deixará a todos os galegos e galegas sen os únicos instrumentos financeiros de intervención pública na economía galega que son as caixas de aforro; e sen unha caixa galega os aforros serán espoliados en beneficios doutras comunidades máis ricas.

Mais o BNG non está só nesta loita. Segundo os nacionalistas, non só fóron eles os que presentaron a Lei de Caixas para a súa aprobación no Parlamento Galego, senón que foi o Bloque quen, ademais, logrou unir a case a todas as forzas políticas con representación parlamentar, agás o PSdeG-PSOE, e a todos os sindicatos e empresarios do País, na defensa dos intereses económicos de Galiza reflectido na sinatura do manifesto “Galiza ten dereito”, ao que se están sumando outras entidades que non queren que se espolie os aforros de todos os galegos e galegas.


A Concellaría de Deportes presentou sinalización das rutas de mountain bike  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Xoves 18 de Febreiro de 2010 - 20:32

A ruta Rapa das Bestas e a ruta do Salmón están homologadas internacionalmente


moutain-bike.jpgO Concelleiro de Deportes e Participación Cidadá, Xoán Carlos Castro, presentou onte, xunto co Presidente da Asociación Ciclista Bikestrada, José Manuel Fondevila, e o Secretario, Carlos González, a nova sinalización da ruta de bicicleta de montaña Rapa das Bestas e Salmón. A sinalización, que contou cunha subvención da Xunta de Galiza de 44.000 euros, están homologadas internacionalmente, e marcan o itinerario a seguir, en bicicleta ou a pé, durante preto de 100 quilómetros.

A Ruta Rapa das Bestas discurre por Ouzande, A Somoza, Monte Cabalar e Codeseda, sabucedo, Couto da Pereira, Souto, Arca, Monte Redondo entre outras parroquias e lugares do noso Concello, até chegar á zona deportiva que é o punto de saída de ambas as dúas rutas.

A Ruta do Salmón, que tamén sae da zona deportiva discurre polas parroquias de Matalobos, Gondomar, San Xiao, Cora, ao longo do río Vea. Continúa por Santeles, Paradela, preto do Ulla, e sobe preto do Liñares até chegar á zona deportiva.

A ruta de moutain bike non só é unha aposta polo deporte, senón que premite dar a coñecer o noso rico patrimonio paisaxístico e cultural, e serve tamén de promoción dunhas das festas máis senlleiras do noso Concello, a Rapa das Bestas.




 <<  <  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal