Enmarcado na campaña
baixo o lema “A nosa lingua, a nosa nación.
Autodeterminación!”, que Galiza Nova está
realizar ao longo do país, terá lugar un acto
reivindicativo o sábado 12 de decembro ás 18:00 na
Praza da Constitución da Estrada (diante do concello).
Esta actividade consistirá
na substitución simbólica da actual praca, que recolle
o nome de “Praza da Constitución”, por outra co
nome de “ Praza da Autodeterminación”.
Con este acto, Galiza Nova A Estrada quere pór de manifesto unha vez máis que, a día de hoxe, as galegas e galegos seguimos sen ser libres para decidirmos o noso futuro. A Constitución Española nega a existencia da ación galega e, polo tanto, impide que poidamos desenvolver políticas propias a nivel económico, social, lingüístico ou cultural, sen inxerencias alleas á
propia vontade do pobo galego. As mozas e mozos galegos non imos
celebrar unha constitución sacralizada polo PP e polo Psoe
que, despois de máis de 30 anos, só serve para agravar
os nosos problemas.
O BNG non cuestiona o dereito que lle asiste a esta empresa anunciarse pero considera que un medio público non é o máis acaido, e menos nun concello que ten aprobado un plan de igualdade, que nos marca o camiño a seguir para loitar contra a discriminación da muller, e no que tamén se teñen aprobado en reiteradas ocasións mocións contra a violencia machista con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O BNG considera que estes actos de denuncia e repusla, así como o plan de igualdade aprobado polo Concello, obrigan a este a actuar en consecuencia en todas os eidos da vida do concello, tamén na Radio Municipal. Por este motivo, Xosé Manuel Baños, o representante do BNG no padroado da Fundación Cultural A Estrada, entidade que dirixe a Radio Municipal, ven de denunciar este feitos na reunión do padroado de hoxe venres, e instou ao Alcalde a facer as xestións oportunas para retirar da Radio Municipal o anuncio do club Bolboretas, que ademais emitíase en horario de máxima audiencia, concretamente púidose escoitar o pasado luns 30 de novembro pas 7 e vinte da tarde.
No BNG cualificamos de indigna esta situación para os residentes do Centro
Desde o mes de outubro véñense sucedendo unha serie de obras no Centro de 3ª Idade da Estrada o que está a provocar graves problemas aos residentes como durmir acinados, frío, sucidade, choiva,... e toda unha serie de inconvenientes provocados polas obras que teñen lugar nun tempo, o outono, pouco propicio para levalas adiante cos menores problemas para os residentes.
No BNG cualificamos de indigna esta situación para os residentes do Centro. E por este motivo, a través da deputada do BNG Teresa Táboas, presentamos unha pregunta parlamentar para saber que planificación fixo o goberno do PP para levar adiante estas obras.
Este convenio suporá a mellora dos accesos e da contorna do Pazo así como a visita gratuíta aos xardíns deste
Na tarde de hoxe reuníronse en Oca, o Exmo. Sr. D. Ignacio de Medina y Fernández de Córdoba, Duque de Segorbe, Presidente da Fundación Ducal Casa de Medinaceli, D. Rafael Manzano Martos, Arquitecto, membro do Padroado da Fundación e D. Juan Manuel Albendea Solís, Director Xeral da Fundación, coa Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Medio Rural e Turismo, Raquel López, acompañada de dous técnicos municipais. A reunión tivo por obxecto concretar sobre o terreo algunha das actuacións previstas no "Proxecto de Mellora de accesos e contorno do Pazo de Oca" presentado polo Concello da Estrada á convocatoria de financiamento realizada pola Deputación Provincial a través do Plan de Investimentos 2009-2011.
No pasado mes de outubro asinouse un Protocolo previo ao Convenio de cooperación entre a Fundación Ducal Casa de Medinaceli e o Concello da Estrada en virtude do cal a Fundación pon a disposición do Concello os terreos afectados pola actuación, constitúese unha servidume de paso indefinida nun anaco de vial propiedade do Pazo e acórdase a exención da taxa pola visita aos Xardíns para todos os veciños do noso Concello, entre as cuestións máis salientables que recollerá o convenio, cuxa sinatura se prevé para o mes de xullo do vindeiro ano, unha vez que o Padroado da Fundación Ducal lle dea a súa aprobación definitiva.
Esta actuación ademais da mellora nos accesos ao lugar da Praza, vai supor unha importantísima mellora no contorno do Pazo de Oca, o pazo máis interesante e mellor conservado de Galiza, declarado BIC e referencia pola que A Estrada é coñecida a nivel internacional. Desde a Concellaría de Medio Rural e Turismo queremos salientar a boa disposición e cordialidade da Fundación Ducal durante todo este proceso, compartindo en todo momento os obxectivos de mellora propostos polo Concello da Estrada.
O BNG da Estrada, da man de Raquel López, Portavoz Municipal do BNG, Alberte Maceira, Responsábel Comarcal do BNG, e Teresa Táboas, Deputada do BNG, presentaron as emendas que afectan á nosa localidade aos orzamentos da Xunta de 2010.
O BNG multiplica por 10 o previsto inicialmente polo PP para a Cidade do Móbel, que era tan só de 150.000 euros, o que, segundo indicou Teresa Táboas, demostra que o PP non está interesado en sacar este proxecto, que aposta pola economía de base produtiva.
Alén disto, o BNG da Estrada tamén emendou os orzamentos da Xunta con 400.000 euros para a ampliación do Colexio Pérez Viondi, e 300.000 euros para un convenio a tres bandas (Concello, Xunta e Estado) para recuperar e por en valor a Torre de Guimarei. Neste sentido, temos que recordar que o BNG da Estrada, presentara tamén unha emenda de 300.000 euros aos orzamentos estatais para este fin.
Outra das demandas históricas do BNG que contempla estas emendas é o centro de día, imprescindíbel para a nosa localidade, para o que o BNG pide que estabeleza un orzamento de 900.000 euros para o vindeiro ano.
O BNG pide que nos orzamentos de 2010, 2011, 2012 e 2013 se contemplen as partidas necesarias para garantir a súa total execución e entrada en servizo en 2013
Articular a comunicación e a conexión dos grandes polígonos industriais da Estrada con viais de media e alta capacidade e centros de distribución de mercadorías.
O trazado que finalmente se leve a cabo terá que ter conexións cos polígonos industriais de Toedo e o futuro polígono sectorial Cidade do Moble de Lagartóns.
Incluir o factor do tráfico pesado actual e futuro no curto prazo, tal e coma se fixo en outros concellos como Lalín, Vilagarcia, etc, nos que se tiveron en conta estas cuestións.
Mellorar a conexión coa Vila da Estrada e atender ao tráfico que dende o sur do Concello e dos veciños de Cerdedo e Forcarei se desprazan pola PO-2006 para atravesar o casco urbano e conectar coa PO-841.
Con estas alegación o BNG pretende, non só que se faga canto antes, ao tratarse dunha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento do noso concello, senón que esta autovía conecte o Polígono de Toedo e a futura Cidade do Móbel, epicentros do desenvolvemento económico da Estrada.
A Concellaría de Medio Rural e Turismo organiza unhas novas xornadas micolóxicas entre os días 13 de 21 de novembro. O programa das xornadas podedes ollalo na seguinte ligazón.
O BNG inclúe unha emenda nos orzamentos do Estado nos que pide 3 millóns de euros para a Variante da Estrada e 300.000 euros para a adquisición e restauración da Torre de Guimarei
Sobre a Variante non é a primeira vez que o BNG inclúe emendas aos orzamentos estatais. Desta volta o BNG ven de solicitar un incremento de 3 millóns de euros ao orzamento previsto polo Goberno Central que era de tan só 100.000 euros, que non garantía que o ano que ven se inicien as obras, que xa levan un notábel retraso, malia as promesas e o anuncio de inicio das obras do PSOE, pero que até o momento non se concretaron, e, como dixemos, o orzamento previsto inicialmente así o reflicte.
No que se refire á Torre de Guimarei, o BNG considera que un elemento arquitectónico como este, que mesmo forma parte do escudo oficial do Concello non pode quedar perennemente baixo as silveiras, e por iso emendamos os orzamentos estatais para que o Concello, através dun convenio co Goberno Central, adquira e restaure a Torre de Guimarei, e recuperala para uso e desfrute de todos os veciños e veciñas.
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal