O Consello Local do BNG reunido o pasado luns 22 de xuño, analizou a proposta do equipo redactor do PXOM para construír dúas torres de 36 metros nos terreos anexos aos xardíns municipais, e considera que esta proposta non beneficia ao Concello, xa que quintuplica a edificabilidade que recollín as Normas Subsidiarias do 78 e o Decreto 276/2006 que as derrogou, e en concreto o apartado 1.5 do Anexo polo que se establece a Ordenación Urbanística Provisional.
Para o BNG a única proposta admisíbel para dita zona (superficie de 4.750 m2 colindante cos xardíns municipais, e Rúas Irida e Castelao e Avda. Benito Vigo) é a que se recollía nas Normas Subsidiarias isto é: edificación aberta cunha edificabilidade máxima do 60% (2.850 m2 construídos) establecendo unha media de 4 alturas (baixo +3) dado que son distintas na avenida e no resto.
Polo tanto, en ningún caso o BNG aceptará construír torres de case 40 metros no centro da Estrada, polo prexuízos que isto lle causará aos veciños das Rúas Irida e Castelao, polo irracional que é a proposta, máis propia dunha cidade como New York que dunha vila galega que non ten problemas de espazo para construír.
O futuro da Estrada non se decide nas próximas eleccións, pero si se pode decidir no pleno extraordinario do vindeiro venres, onde as forzas políticas do noso concello teremos que poñer os alicerces para que aprobación do PXOM sexa un realidade
O BNG da Estrada fai un chamamento ás restantes forzas políticas do noso Concello para que o próximo venres actúen con responsabilidade e con coherencia
O BNG, cando asinou hai un ano o pacto de goberno co PSOE para conformar un goberno estábel, asumiu que "dotar á Estrada dun Plan Xeral de Ordenación Municipal" ía "ser a tarefa básica do novo goberno", porque "actualmente o principal problema co que se atopa A Estrada é a falta dun proxecto de desenvolvemento urbanístico acorde coas necesidades socio-económicas do concello que potencie os seus sectores produtivos e potencie a actividade construtiva fortemente prexudicada polos anos de paralización de licenzas municipais de construción e actualmente polo encorsetamento ao que nos someten as Normas Provisionais da Xunta de Galiza que impide a ampliación do casco urbano, a edificación na zona rural e dificulta o desenvolvemento de solo industrial".
Os feitos denunciados remóntanse aos anos 1993 e 1994 nos que o Grupo de Governo Municipal do Partido Popular, presidido por Ramón Campos, aproban as licenzas dos edifícios situados na intersección da rúa Pérez Viondi con Irmáns Valadares (con 2 alturas máis do permitido) e os edifícios da prolongación de Xusto Martínez (cunha...
O Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra ven de sinalar a data na que se celebrará o xuízo por un presunto delito de prevaricación urbanística, no que terán que comparecer o Alcalde Ramón Campos, Manuel Somoza, Manuel Arca Castro e José Manuel Reboredo, que terán que comparecer perante o tribunal o 18 de setembro. Recordemos que o Fiscal pide oito anos de inhabilitación para cargo público e a acusación que representa ao BNG da Estrada, solicítase penas de prisión para Ramón Campos e para Alfonso Uzal pola comisión de tres delictos de prevaricación e 8 anos de inhabilitación por cada un dos delictos. Para o resto de concelleiros da comisión de goberno encausados solicítase 7 anos de inhabilitación e 12 meses de multa por cada un dos tres delictos dos que se acusa ao integrantes da Comisión de Goberno que o 8 de novembro de 1993 e o 5 de agosto de 1994 aprobaron licenzas de construción declaradas ilegais polos tribunais de xustiza.
Raquel López na súa intervención semanal que ten en EstradaTV, destacou o distinto tratamento que lle está a dar o PP galego aos casos das imputacións por delitos urbanísticos de Gondomar e os da Estrada. Mentres que en Gondomar o PP solicitou a súa dimisión e na Estrada é xusto o contrario, e iso que está imputado até o Alcalde. Raquel López pensa que este cambio de “talante” é debido a próxima data dos comicios electorais.
Sexa polas vindeiras eleccións municipais ou por outras inconfesábeis cuestións, o PP non aprobará o PXOM neste ano 2007. A esta conclusión chegamos logo da pregunta formulada no pleno de onte 8 de xaneiro sobre o montante estimado do orzamento do presente ano, aínda sen presentar e sen aprobar. A resposta do Concelleiro de Facenda foi clara ao respecto, o orzamento de 2007 será de aproximadamente 10 millóns de euros, cando o pasado ano o orzamento aprobado foi de preto de 20 millóns de euros por mor precisamente do PXOM.
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal