Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Logo de once anos...  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Xoves 22 de Setembro de 2005 - 12:44

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 da Estrada que instrúe a causa penal (Dilixencias Previas P.A. 665/1994), a intancias do BNG, polo “presunto delicto de prevaricación administrativa” contra os membros da Comisión de Goberno do Partido Popular da Estrada, na que están imputados o Alcalde, Sr. Ramón Campos, o actual Concelleiro de Urbanismo, Sr. Reboredo Baños, o actual Concelleiro de Facenda, Sr. Arca Castro e o Concelleiro de Rural, Sr. Somoza Carbón, entre outros, dictou un Auto que dá continuidade ás Dilixencias, ao ter informado o Fiscal que aprecia indicios de delicto en tódolos imputados, en concreto estima a presunta comisión do delicto de prevaricación urbanística (Art. 320 do Código Penal) ou de prevaricación administrativa (Art. 404 do Código Penal), indicando que as penas máximas as que poderían ser condenados son de nove anos de privación de liberdade, e outras de multa e inhabilitación especial para emprego ou cargo público.

Queremos salientar, tras 11 anos de proceso, a continuidade deste preceso xudicial tras o Informe da Fiscalía, e que segudo nos informa o noso Asesor Xurídico terá continuidade nesta fase na Audiencia Provincial, onde se celebrará o xuízo.

Máis información sobre o asunto da sentencia xudicial


O BNG urxe a aprobación do PXOM  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Sábado 10 de Setembro de 2005 - 16:44

O BNG da Estrada comparte a preocupación dos sectores sociais da Estrada que urxen a aprobación do PXOM e coincide con eles en que o Pleno da Corporación Municipal da Estrada ten que proceder á súa aprobación urxentemente, atendendo ao interese xeral e sen pasar por riba dos lexítimos direitos dos cidadáns.

Para o BNG, o longo proceso no que o PP non só non conseguiu, senón retrasou por varias ocasións, conscientemente –baixo o noso entender por motivos relacionados coas tramas de especulación urbanística— a aprobación do mesmo, explica ben a situación actual:

Ler máis...

O Goberno Municipal do PP ten que darlle unha solución ao conflito do PXOM na vila  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Sábado 02 de Xullo de 2005 - 22:46

A situación á que se chegou non é nin máis nin menos que o resultado de máis de tres lustros dunha nefasta política urbanística.

Se, no seu momento, os propietarios cederon os seus terreos para a apertura de novos viais a cambio da promesa de que as súas propiedades estremeiras se converterían en solares, agora teñen todo o dereito do mundo a reclamar o prometido.

Tanto Ramón Campos como José Manuel Reboredo son os máximos responsábeis do que vai camiño de converterse nun grave conflito social.

O BNG volverá a presentar alegacións ao PXOM para intentar, por última vez, darlle un xiro completo ao modelo urbanístico caduco, especulativo e inoperante do PP. Ademais, desde o BNG imos exixir que se lle dea unha solución a ese colectivo afectado.

Ler máis...

O BNG esixe ao PP que clarifique antes das eleccións a ampliación da Alameda  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Domingo 24 de Abril de 2005 - 19:00
alameda da estrada

O BNG recórdalle Sr. Alcalde da Estrada e ao grupo de goberno do PP que antes das eleccións galegas debe estar perfectamente claro cal vai ser o futuro dos terreos que colindan coa Alameda, xa que agora non vale o que ocorreu no 2003 que primeiramente anunciaban que ían ampliar a alameda até a rúa Castelao, e despois das eleccións apreséntase un proxecto de construcción de vivendas e de aparcadoiros soterrados, proxecto que agora defende o PP.

Ler máis...

Os dictames das alegacións da Vila xa están na rede  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Luns 18 de Abril de 2005 - 23:27

O BNG da Estrada seguindo coa súa idea de transparencia en todo o que se refire ás decisións que afectan aos viciños e viciñas do noso Concello, poñemos á súa disposición a última actualización dos dictames das alegacións ao PXOM, en cuxo arquivo en formato .pdf se poderán atopar as alegacións que afectan á Vila, ademais de estar xa incluido todo o rural.


Nova actualización  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 6
Venres 01 de Abril de 2005 - 15:23

Desde o martes até onte xoves, a páxina web rexistrou un aumento espectacular nas súas visitas, con 1570 páxinas vistas e 308 descargas completas do ficheiro das alegacións. Estes datos confirman a necesidade de unha maior transparencia e información en todo o proceso de aprobación do PXOM, necesidade que o BNG, dentro das súas responsabilidades e limitacións, vai intentar cubrir con iniciativas como esta, polo hoxe xa se poden ver os dictames das alegacións correspondentes ás parroquias de Arca, Souto, Sabucedo, Parada, abeirós, Codeseda Olives, Pardemarín, Ribela, Liripio e Guimarei.

E mañá sábado engadiremos as parroquias de Cereixo, Vinseiro, Nigoi, Ouzande e San Xurxo de Vea.




 <<  <  1  2  3  4  5  6  7  8  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal