|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Domingo 13 de Marzo de 2005 - 18:24
 Na pasada xuntanza da Comisión Municipal de Urbanismo, o BNG non
deu o seu apoio á aprobación do Plan Parcial de
ampliación privada do Poligono Industrial de Toedo promovido
pola empresa Sansinaes, tendo en conta que nós consideramos
prioritario o desenvolvemento de solo público industrial e
tamén á vista dos informes contrarios dos técnicos
municipais e da ausencia do informe vinculante da Dirección
Xeral de Estradas.
Á vista da chegada deste ao Concello e, polo tanto, ao debate
que se vai producir no Pleno da Corporación Municipal de
mañá, aínda considerando que as deficiencias
técnicas se deben modificar no propio Plan Parcial e non no seu
proxecto de execución, como defende o goberno local, o BNG
ESTÁ DISPOSTO A CAMBIAR O SENTIDO DO SEU VOTO sempre e cando se garantice que, si xa non antes, polo menos ao par da iniciativa
privada, haxa un compromiso orzamentario municipal para mercar e
desenvolver a ampliación do Polígono Industrial de Toedo
á iniciativa pública. |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Venres 04 de Febreiro de 2005 - 16:15
O BNG da Estrada non só rexeita as palabras do Concelleiro de Urbanismo, o Sr. Reboredo, que solicitaba a sustitución da Comisión de Urbanismo de Raquel López Doce, Concelleira do BNG, se non que ratifica e felicita o traballo desenvolvido por esta no citado organismo por exercitar unha laboura de fiscalización e control das actuacións ilegais do grupo de goberno, que como se pode ver, molestan ao Sr. Reboredo.
A recente sentenza na que se retera a actuación ilegal do goberrno local no caso da rúa Iryda vén confirmar toda unha xestión continuada de constantes ilegalidades urbanísticas,refrendada xa con dúas sentenzas firmes e que só son unha mostra das múltipes infraccións nas que incorre o goberrno local desde que o PP goberna na Estrada; tanto é así que o BNG estuda presentar un escrito diante da Fiscalía Anticorrupción, para que investigue estas condutas ilegais.
O BNG solicita, máis unha vez, que dimitan os responsabeis políticos desta desfeita, desde o Alcalde até todos os membros da Xunta de Goberno Local que avalan co seu voto, unha e outra vez, estas decisión irregulares. |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 23 de Decembro de 2004 - 22:11
Este trabalingüas explica de xeito moi gráfico cal é a actitude do PP Estradense, que hai uns días non tiña reparos en apoiar un emenda do BNG, que solicitaba máis investimentos para A Estrada, pero incapaz de facer valer as decisión soberanas do Pleno da Corporación, o noso Concello quédase, outra volta, sen uns investimentos vitais, xa que o Partido Popular acaba de rexeitar no Parlamento Galego as propostas de investimento para A Estrada propostas polo BNG e apoiadas unanimemente pola Corporación Municipal da Estrada, entre elas, partidas específicas para o Polígono Sectorial do Móbel, Ampliación do Polígono Industrial de Toedo, dotación de novo solo industrial (coa súa inclusión todos eles no Plano Galiza para que se declarasen de interese supramunicipal e xa se puidesen comezar a acometer a comezos do 2005), beirarrúas entre A Estrada e Ouzande, Centro de Saúde do Foxo, Variante Norte-Sul contemplada no PXOM, Acceso á Autoestrada do Atlántico, novo trazado para a estrada Baloira-Pontecesures, treito Forcarei-Vilapouca e outros investimentos específivos e xerais que suporían unha inversión de máis de 8 millóns de euros para o noso Concello. |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Sábado 18 de Decembro de 2004 - 20:15
O BNG consegue contra todo pronósitco no Pleno do día 14 de decembro, que o PP e o PSOE reclamen dos seus respectivos gobernos, esto é, o Parlamento de Galiza e o Goberno de Madrid, o seguinte: Reclamar do goberno central que se cumpla o Plano Galiza, na contía e prazos acordados no Parlamento Galego o 28 de xullo e 25 de outubro; Reclamar aos Grupos Parlamentares do Parlamento de Galiza, que apoien a aprobación das emendas de investimentos para A Estrada presentadas polo Grupo Parlamentar do BNG, o que supón uns 8,3 millóns de euros para A Estrada, entre as que destacamos as seguintes: posta en funcionamento do Polígono Sectorial do Móbel, Beirarrúas en Ouzande, Periférico Norte-Sul da Estrada, Proxecto de conexión coa A9 a través da Anllada, Proxecto da variante Forcarei-Vilapouca, Dotación de novas bolsas de solo industrial para A Estrada, ...
O que non chegou a aprobar o pleno foi unha moción presentada polo BNG na que solicitaba do Goberno Municipal un Estudo sobre a situación das mulleres no Concello da Estrada que sirva de base para a elaboración do Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres, que conte oa participación das diferentes organizacións sociais, económicas e políticas existentes no noso Concello tanto no deseño do Plan como no seu posterior desenvolvemento. O PP estaba de “acordo no fondo, pero non na forma”. |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Luns 06 de Decembro de 2004 - 15:58
Os pedáneos do rural estradense en xuntaza gastronómica nesta pasada fin de semana decidiron,(ignoramos se por iniciativa propia ou inducida) atacar ao BNG logo das críticas verquidas pola nosa organización ao PXOM e de como este beneficiaba a determinados persoeiros do rural.
Afirman os pedáneos que eles non foron os grandes beneficiados na redaccion do PXOM cando iso é un feito contrastado, só hai que coller unha parroquia ao e ver quen sae beneficiado na delimitación das áreas de expansión, un feito, que por outra parte, foi confirmado polos propìos veciños nas diversas reunións que o BNG realizou polo rural para explicar o seu posicionamento sobre o BNG e coñecer as impresións dos veciños ao respecto.
Tamén afirman que eles “non son políticos nin queren selo”, e isto é rotudamente falso: primieiro, porque os pedáneos son nomeados a dedo polo PP en base aos seus intereses partidistas, nada que ver coa idea que ten o BNG de como se deberína elixir os representantes das parroquias, é dicir, mediante eleccións libres e democráticas; e segundo, porque entre eles hai políticos, como exemplo o Alcalde Barrio de Santo André de Vea é Concelleiro do PP, que se beneficiou, nada máis debutar no cargo, da construción dunhas beirarrúas diante da súa casa. |
|
Ler máis...
|
|
1 2 3 4 5 6 7 8
|
|
 |
| Boletín |

Descarga o boletín de xullo 2010
|
|
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|