Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A Corporación Local apoia unanimemente a Cidade do Moble  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 4
Martes 12 de Decembro de 2006 - 12:36

Nunha moción presentada no pleno de onte, os tres grupos políticos expresaron o seu apoio unánime á construción en Lagartóns da Cidade do Moble que están a impulsar dende as Consellarías que dirixe o BNG na Xunta.

Tras varios anos o Polígono sectorial do Moble en Lagartóns, ao que a Corporación Municipal xa manifestara o seu apoio comeza a materializarse impulsado polas Consellarías de Vivenda e Solo e de Innovación e Industria. Este proxecto sempre foi unha das demandas do BNG para o sector do moble, cuestión que conta co respaldo dos mobleiros, dos empresariado en xeral, do comercio, en definitiva de todo o tecido produtivo e social do noso Concello.

O proxecto Cidade do Moble en elaboración vai ser pioneiro e modélico no que se refire á construción do primeiro parque empresarial especializado e de carácter estratéxico que se leva a cabo en Galiza. Ocupará unha superficie de 530 mil metros cadrados situado en Lagartóns, en terreos que o PXOM en trámite contempla como de solo industrial, onde xa están instaladas algunhas empresas do sector do moble e outras industrias, que a futura Cidade do Moble integrará, dotándoas dunha serie de servizos cos que actualmente non contan proporcionando, por exemplo, un axeitado tratamento de residuos. E será este punto, o medioambiental, no que tanto na execución coma no desenvolvemento e posterior funcionamento, este polígono sectorial vai ser exemplo, non so por garantir que se cumpra toda a normativa na materia, e deste xeito, evitar danar aínda máis o río Liñares, senón que mesmo vai permitir rexeneralo e recuperalo nese entorno para uso e goce de toda a cidadanía.

Ler máis...

Cidade do Móbel: o polígono do século XXI  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Mércores 22 de Novembro de 2006 - 17:53

cidade do móbelO BNG sempre tivo presente, e sempre foi unha das súas demandas para o sector do móbel, a creación dun polígono sectorial, cuestión que conta co respaldo dos mobleiros, dos empresarios en xeral, do comercio, en definitiva de todo o tecido produtivo, e tamén de todos os partidos políticos con representación no noso Concello.

O PP, froito da presión política e social, asinou a última hora antes das eleccións galegas de 2005 un protocolo que non era máis ca un "papel" baleiro de contido, e tivo que ser o BNG a través das Consellarías de Vivenda e Solo e de Innovación e Industria as que se implicaron e van facer realidade un proxecto que será pioneiro e modélico no que se refire á construción do primeiro parque empresarial especializado e de carácter estratéxico que se leva a cabo en Galiza.

A Cidade do Móbel ocupará unha superficie de 528 mil m2 e estará situada en Lagartóns, en terreos que o futuro PXOM contempla xa como de solo industrial, onde xa están instaladas dende hai algúns anos empresas do sector do móbel e outras industrias, que a futura Cidade do Móbel aglutinará para incorporar a este polígono, dotándoas dunha serie de servizos cos que actualmente non contan proporcionando, por exemplo, un axeitado tratamento de residuos. E será este punto, o medioambiental, onde o BNG da Estrada estará especialmente vixilante para que na execución e desenvolvemento deste polígono sectorial se cumpra toda a normativa vixente, e deste xeito, non só evitar danar aínda máis o río Liñares, senón mesmo rexeneralo e recuperalo nese entorno para uso e goce de toda a cidadanía.


Descarga a presentación
da Cidade do Móbel
Ler máis...

Anxo Quintana e Teresa Táboas presentan o proxecto da Cidade do Moble da Estrada  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 4
Xoves 20 de Xullo de 2006 - 13:45
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, apostou na Estrada por crear un moble galego, con deseño propio, que permita acadar unha imaxe de marca, xa que o futuro do sector, dixo, pasa por fabricar aquí os mobles porque esta é a actividade que xera máis valor engadido, máis postos de traballo e máis riqueza.

Quintana falou de "reinventar os sectores tradicionais", no acto de presentación do proxecto da Cidade do Moble, que tivo lugar este mediodía no centro comarcal da Estrada e no que tamén participou a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas.

quin_e_teresa.jpg

Segundo o vicepresidente, a Cidade do Moble é unha aposta pola revitalización dos nosos sectores tradicionais, neste caso, do moble, xa que se lle proporcionan os recursos e as tecnoloxías suficientes para garantir a súa competitividade. Quintana aludiu á milagre galega que pasa, dixo, por apostar pola innovación e a reinvención, é dicir, por fortalecer os sectores emerxentes e reinventar os sectores tradicionais.

A Cidade do Moble representa, segundo Quintana, a creación do primeiro parque empresarial sectorial do país, co que se vai dotar de servizos comúns ás empresas do sector, abaratando, deste xeito, os custes de produción.

Ler máis...

Anxo Quintana inaugurou hoxe na Estrada a Feira Profesional do Moble de Galiza  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Xoves 30 de Marzo de 2006 - 16:23
O vicepresidente sinalou que a Cidade do Moble será o primeiro polígono empresarial especializado de Galiza e apostou por converter ao moble da Estrada “nunha referencia, nunha imaxe de marca” como xa acontece con outros produtos galegos.
moble1.jpg
Anxo Quintana, Montse Prado, Delegada de Industria,
e Gonzalo Constenla, Delegado de Medio Rural

O vicepresidente inaugurou hoxe na estrada a Feira Profesional do Moble de Galicia alertando ao sector de que “non podemos conformarnos con producir unha gran cantidade de madeira, temos que fabricar os mobles aquí porque esta é a actividade que xera maior valor engadido, máis postos de traballo e máis riqueza”. Por iso Quintana apostou por “crear un moble propio, cun deseño propio e diferenciado do que se fai noutros sitios”, que transmita a “calidade, modernidade e vangarda” deste sector en Galiza, para presentar aos consumidores “un moble do país, feito no país”.

Ler máis...

O Sr. Palmou fai exercicios de oportunismo e demagoxia  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Xoves 22 de Setembro de 2005 - 12:42

O BNG da Estrada considera un exercicio de verdadeiro farisaísmo que o Sr. Palmou solicite unha partida económica nos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2006 destinada á Cidade do Móbel --que por outra parte non vai ser precisa, pois neles xa vai figurar consignación orzamentaria a tal fin-- cando precisamente o Sr. Palmou e todos os demais deputados do PP votaron en contra da inclusión da mesma partida, a proposta do BNG, nos orzamentos precedentes, cando el mesmo formaba parte do goberno galego e cando ditas partidas nunca aparecían.

palmou
Ler máis...

Paque Empresarial Especializado do Móbel: Nada de promesas, feitos  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Venres 22 de Abril de 2005 - 15:42
lagartons liñares

O pasado día 7 de abril asinábase no noso Concello un protocolo de intencións que sentaría as bases para que se faga na parroquia de Lagartóns un Parque Empresarial Especializado do Moble, ou “Cidade do Moble”, como lle chamou o Conselleiro Núñez Feijoo, que abriría a posibilidade que no futuro se asenten novas empresas adicadas a este sector o que redundaría en máis emprego para A Estrada.

O BNG, que sempre apoiou e demandou sempre a criación deste parque empresarial sectorial, así como a criación de solo industrial público, ven de apresentar esta semana no Parlamento de Galiza unha serie de iniciativas co fin de demandar que este “protocolo de boas intencións” non rematen en iso, e por este motivo, unhas das iniciativas apresentadas solicita que se concreten prazos de construción e de posta en marcha, investimentos previstos, etc, porque o BNG non está disposto a que este tipo de iniciativas se quede en nada, xa que é imprescidíbel para o crecimento do noso Concello.

Ler máis...



 <<  <  1  2  3  4  5  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal