Se xa ben sendo habitual que o grupo municipal do BNG apresente mocións e preguntas en todos os plenos, hoxe puidemos asistir a un monólogo do BNG no pleno ordinario do mes de maio, no que se apresentaron catro mocións, unha delas da que xa demos conta anteriormente, e das restantes dúas delas foron aprobadas tamén por unanimidade.
As xa realizadas, as anunciadas e as continuas e persintentes futuras visitas á Estrada dos candidatos do PP ao Parlamento Galego, encubertas como visitas institucionais, constitúen, alén dunha atolondrada carreira por manterse nun poder que se lles escapa das mans, un verdadeiro fraude ético trasladado á política, por, entre outras, as seguintes razóns:
O próximo xoves día 10 de Febreiro, ás 20.30 hs, no Restaurante San Onofre, terá lugar un acto público comarcal enmarcado na campaña sobre o referendo da Constitución Europea, ao que están convidadas todas aquelas persoas que desexen ter información sobre o que se vai decidir o día 20 de Febreiro.
O acto será presentado pola coordinadora da Comisión Nacional de Mocidade do BNG e responsábel comarcal da Muller, Noa López Calvelo e nel intervirá o Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez.
O BNG presenta unha moción solicitando que o Concello apoie a creación no parlamento Galego dunha Comisión para o Novo Estatuto de Galiza, que se ocupe de elaborar un documento de bases consensuado, que sirva de base para que o novo goberno saído elabore un novo Estatuto de Galiza froito do consenso e non da exclusión.
Coñecer se, entre as licenzas de apertura que se están requirindo estes días por parte da policía local, tamén está a do supermercado Champion e se non é así, por qué se lle dá tanta présa ao pequeno comercio local e se fai a vista gorda coas grandes áreas comerciais de capital alleo.
No Pleno do mes pasado, o BNG solicitamos que o Concello se dirixise á COTOP para o arranxo do firme da estrada a Santiago. Agora solicitamos que tamén se repoña o firme do treito de conexión coa estrada a Cesures, no cruce de Baloira, xa que se atopa nun estado lamentábel.
Raquel López Doce, Concelleira do BNG da
Estrada desde as pasadas eleicións municipais e vice-responsábel
comarcal da organización, afronta un novo reto na súa traxectoria
política ao ser nomeada polo Consello Nacional do BNG como Candidata ao
Senado por Pontevedra, apostando decididamente pola presenza destacada de representantes
das comarcas do rural, ademáis de pola muller e a renovación.
"Imos defender a permanencia do Réxime Especial Agrario
da Seguridade Social, e paralizar a integración no de Autónomos
que iniciou o PP (co apoio do PSOE e de IU) na última lexislatura e instar
á súa mellora e equiparación en prestacións co réxime
xeral"
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal