A moción foi aprobada cos votos do BNG e o PSOE, votando en contra PP e CIDEGÁ
O BNG presentou no pleno de onte unha moción urxente no que se rexeitan os bombardeos e a invasión levados a cabo por Israel. A moción aprobada cos votos favorábeis do BNG e do PSOE, (o PP e CIDEGÁ votaron en contra da mesma, solicita do goberno español que suspenda as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel até que non se poña fin á agresión militar, invasión e blocaxe que está perpetrar na franxa de Gaza, en Palestina.
Alén disto, coa aprobación da moción aprobouse o apoio do Concello da Estrada á concentración convocada polo colectivo “A Estrada por Palestina”, que se levará a cabo este sábado 10 de xaneiro ás 20:30 horas, na Praza da Constitución da Estrada. Ao mesmo tempo o Concello da Estrada tamén apoia a manifestación convocada en apoio ao pobo Palestino do domingo 18 de xaneiro en Santiago de Compostela. Coa aprobación da moción o Concello fará un chamamento á participación dos veciños e veciñas das Estrada en ambas as dúas mobilizacións.
O BNG recomendou ao PSOE e ao alcalde Dono "que escoiten aos veciños e veciñas da Estrada e actúen con responsabilidade e madurez política" para cumprir co mandato dos estradenses que nas pasadas eleccións apoiaron "un goberno de coalición estábel que resolva os problemas da Estrada". Segundo o responsábel local do BNG, Xose Manuel Baños, "o BNG ten claro que os veciños e veciñas que apoiaron nas eleccións ao PSOE e ao BNG fixérono porque queren unha transformación na Estrada e un goberno que goberne en lugar de facer ruído e dar espectáculos deplorábeis".
O 8 de outubro de 2007 o BNG entrou a formar parte do goberno municipal responsabilizándose das áreas de Medio Rural, Facenda, Deporte, Turismo e Participación Cidadá. En 12 meses o BNG no goberno municipal, a través da Primeira Tenente de Alcalde, Raquel López Doce, e dos Concelleiros, Maribel Ruíz Ferro e Xan Carlos Castro Blanco, foi quen de marcar un antes e un despois na xestión nas áreas citadas anteriormente.
O BNG ten claro que o adversario é o Partido Popular e os seus adláteres, ademais do pasado que representan na nosa localidade
O BNG da Estrada saíu ao paso das críticas vertidas contra os nacionalistas polo alcalde Dono e o ex –alcalde Tallón nos últimos días. O responsábel local do BNG, Xose Manuel Baños, animou aos socialistas a guiarse pola "responsabilidade e madurez política" e fixo un chamamento ao alcalde para que "aposte e traballe pola unidade do goberno en lugar de tentar crear división e enfrontamentos gratuitos e inxustificados que poden perxudicar aos estradenses".
O BNG da Estrada, na súa acción de goberno municipal, só lle rende fidelidade aos veciños e veciñas do noso Concello, e a súa acción de goberno vai no sentido de resolver o moitos problemas que estes teñen
As valoracións feitas polo socio de goberno están fóra de lugar e equivócanse atacando ao BNG, porque o obxectivo do noso co-goberno municipal é resolver os problemas da xente
Neste sentido, dentro das áreas da nosa competencia aprobamos uns orzamentos que marcan un punto de inflexión na política orzamentaria do noso concello nas últimas lexislaturas e que contemplan investimentos con fondos propios de preto de 1.000.000€, aos que se suman 605.000€ da anualidade 2008 dos Plans plurianuais da Deputación de Pontevedra. Tamén dende a Concellaría de Facenda eliminamos as taxas de protección civil, algo que pasou totalmente despercibido, pero evitará que os veciños e veciñas que requiran este servizo non teñan que pagar un só euro.
Onte o BNG celebrou o seu mitin central de campaña electoral, que contou coas intervencións de Olaia Fernández Davila (Candidata ao Congreso), Anxo Quintana (Portavoz Nacional do BNG), Belén Pazos (1ª Tenente de Alcalde de Cuntis e Candidata ao Senado) e Raquel López Doce (1ª Tenente de Alcalde da Estrada).
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal