Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG non apoiará o soldo de Dono como Alcalde  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 8
Sábado 23 de Xuño de 2007 - 19:47
As retribucións que propón o PSOE para adicación exclusiva de Dono son superiores ao Alcalde de Pontevedra e ao Alcalde Teo, ambos os dous médicos como o actual Alcalde da Estrada, e consideramos que deben ser inferiores aos 55.000 euros anuais

Agora co PSOE unha soa persoa percibe pola súa adicación exclusiva case tanto como dúas do PP na pasada lexislatura

Nos mandatos anteriores este Capítulo do Gasto Municipal (Dedicacións exclusivas, Subvencións a Grupos Políticos Municipais, Indemnizacións por Asistencia a Órganos Colexiados e outros) ven tendo un peso excesivo no Orzamento Municipal, en Concellos coma o noso a suma destas partidas non debe superar o 3% do Orzamento Municipal. O gasto cos gobernos do Partido Popular situou ao mesmo en máis do 4,21%, xa que logo procede adoptar medidas de cara á súa redución, o que implica que cada decisión adoptada neste ámbito debe ser valorada individual e globalmente.

Desde o BNG consideramos precisa e apoiamos que o Alcalde se dedique enteiramente ao Concello, polo que apoiamos a aprobación da súa Dedicación exclusiva, en canto ás retribucións consideramos que as mesmas deben fixarse en relación a dous parámetros: a capacidade económica do Concello e o volume dos gastos de representación, e as retribucións que se deixen de percibir como consecuencia do cese na actividade laboral que se viñera desempeñando -cun límite mínimo e un límite máximo-.

O importe das retribucións salariais propostas polo PSOE para a adicación exclusiva de Dono (74.060,00€) ...

Ler máis...

Extracto da rolda de prensa do BNG  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Xoves 21 de Xuño de 2007 - 17:31

A continuación poderedes ver un extracto da rolda de prensa na que explicamos as negociacións co PSOE para acadar un co-goberno para A Estrada, logo de que o PSOE non acadara a maioría absoluta nas pasadas eleccións municipais. Na rolda de prensa interevén Raquel López Doce, Alberte Maceira (Responsábel Comarcal do BNG); tamén están presentes Maribel Ruíz Ferro e Xan Carlos Castro Blanco (Concelleiros) e Manuel Anxo Rendo Lema, que forma parte da comisión negociadora co PSOE.


O PSOE da Estrada non quere un co-goberno  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Mércores 20 de Xuño de 2007 - 18:59
O BNG non quere máis do que lle corresponde, pero tampouco menos do asinado polas dúas forzas políticas a nivel galego

O BNG mantivo onte a cuarta reunión co PSOE da Estrada para acadar un co-goberno no noso Concello, cuestión esta que non foi posíbel logo de que este partido presentara, outra vez, unha oferta pechada e inamovíbel, o que demostra que o PSOE non quere un co-goberno co BNG, ao mesmo tempo que evidencia unha falla de diálogo impropia dunha forza política que ten que gobernar en minoría.

Como é público e notorio as dúas forzas políticas asinaron a nivel galego un acordo para co-gobernar nos Concellos onde ningunha das dúas forzas políticas acadaran a maioría absoluta. Con este acordo, que asinaron Touriño e Quintana, ten que reflectirse que estes gobernos municipais están dirixidos por dúas forzas políticas, gobernando un número de áreas en función da súa representatividade nese goberno. Alén diso, o Acordo compromete a que a segunda forza acada a Primeira Tenencia de Alcaldía, para reflectir, precisamente, que hai dúas forzas políticas, e non unha , á que se lle uniu unha serie de concelleiros.

O BNG cumpriu co esixido no Acordo Nacional,...

Ler máis...

O BNG facilitou a investidura de Dono como Alcalde  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Sábado 16 de Xuño de 2007 - 15:15

O BNG, reunido onte en Asemblea, decidiu absterse na investidura de José Antonio Dono como Alcalde, cumprindo así o que pactaron as direccións nacionais do PSOE e do BNG, plasmado no acordo marco.

raquel16062007.jpg
Investudura de Raquel López con Concelleira

A Asemblea do BNG tamén decidiu rexeitar o acordo que lle propuxo o PSOE da Estrada para conformar un bipartito, ao entender que esa oferta vai contra o espírito do acordo marco acadado polas respectivas direccións nacionais. O BNG entende que a primeira tenencia de alcaldía é o xusto para que se vexa que hai dous partidos no goberno, e ao mesmo tempo, entende que as áreas de goberno que lle corresponden deben estar en función da súa representación nese bipartito. De todos os xeitos o BNG amósase dispostos a consensuar co PSOE todas aquelas cousas que consideren oportuno, pero sempre mirando para o interese xeral dos veciños e veciñas; e tampouco pecha as portas a un posíbel acordo de goberno no futuro.

Ler máis...

O Acordo Marco  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Martes 12 de Xuño de 2007 - 12:16

Poñemos a disposición de todos e todas o acordo marco ao que chegaron as direccións nacionais do BNG e do PSOE para a gobernabilidade dos concellos onde ningunha forza acadara a maioría absoluta, como é o caso da Estrada.

Este acordo marco acadado polos direccións nacionais do BNG e do PSOE marcan os principios básicos dos que partirá a negociación que levarán a cabo o BNG e o PSOE da Estrada de cara a conformar un Goberno Municipal, e que son os seguintes:

  • Ostentará a alcaldía a forza máis votada, das asinantes do pacto.
  • Na segunda forza, recairá e a Tenencia de Alcaldia única.
  • As áreas de responsabilidade distribuiranse en proporción á representatividade de cada forza política en cada ámbito.

Ao mesmo tempo, este acordo compromete a que o Alcalde efectuará unha delegación xenérica de competencias aos concelleiros/as que contemplará todas as facultades, dereitos e deberes na materia ou área delegada agás as indelegábeis, co obxecto de garantir a capacidade de xestión na súa área, dentro do marco das liñas programáticas básicas e no sometemento ás normas xerais e ás decisións corporativas, que garantizan o funcionamento unitario do goberno municipal.


Entrevista a Raquel López Doce na Cadena Ser Santiago  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Xoves 31 de Maio de 2007 - 11:14

A continuación poderedes escoitar a entrevista que a Cadena Ser Santiago lle fixo a Raquel López Doce, Portavoz Municipal, para valorar os resultados electorais e o posíbel pacto co PSOE.


powered by ODEO



 <<  <  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal