|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Mércores 04 de Xaneiro de 2006 - 10:27
En declaracións aos medios de comunicación local, a porta-voz municipal do BNG, Raquel López, dixo que as consellarías do BNG, nomeadamente, a de Industria e a de Vicepresidencia, teñen partidas orzamentarias concretas para a Estrada. Neste sentido, indicou que existe o compromiso firme da Consellaría de Industria de apoiar a Cidade do Moble, e a Consellaría do Benestar, a de crear unha residencia de día, e que da rapidez con que se inicien as obras depende en grande medida, que o Concello “faga os deberes” no campo que é da súa compentencia, o PXOM.
Raquel López indicou tamén que malia a escasa marxe de maniobra das consellarías do BNG, “A Estrada conta” nos orzamentos destas consellarías, que viron as súas actuación mermadas debido a que o anterior goberno do PP agotara a práctica totalidade do orzamento para 2005 e comprometeu boa parte do do 2006 antes de abandoar o poder. |
|
Calificación usuario/a:    / 5
|
|
|
|
Mércores 26 de Outubro de 2005 - 22:41
Logo de 10 anos de Concelleiro, Gonzalo Constenla presenta a súa dimisión debido á imposibilidade de adicarlle o tempo que o cargo require, despois de que for a nomeado Delegado da Consellería de Medio Rural no mes de setembro.
Na rolda de prensa celebrada esta mañá na que daba conta da súa dimisión como Concelleiro, quixo agraceder a confianza depositada nel e na organización aos viciños e viciñas que o votaron e aos que non, xa que sempre estivo disposto a atender os problemas tanto duns como dos outros e, ainda que agora ten outro tipo de responsabilidades sempre terá un intre para atender aos viciños e viciñas do noso Concello.
Malia todo, Gonzalo Constenla segurirá vinculado ao noso Concello, non só polo seu cargo de Delegado da Conselleria, senon através do BNG, xa que seguirá sendo membro do Consello Local da nosa organización.
Coa demisión de Gonzalo Constenla, o grupo municipal do BNG renóvase parcialmente coa incorporación de Noa López Calvelo, que ainda que é unha persoa xove, está sobradamente preparada para a nova tarefa que desempeñará a partires de agora, como ten demostrado noutros eidos da vida social do noso Concello.
Proximamente o Grupo Municipal do BNG convocará unha rolda de prensa para dar conta da nova reestruturación do mesmo en canto as responsabilidades que desempañarán Raquel López Doce, Xan Carlos Castro Blanco, Maribel Ruiz Ferro e Noa López Calvelo, que conforman o novo grupo municipal do BNG. |
|
Calificación usuario/a:    / 4
|
|
|
|
Martes 21 de Xuño de 2005 - 14:01
O BNG valora moi positivamente o espectacular aumento de apoio popular que obtivo na vila da Estrada, onde superou os resultados anteriores nun 54%. O BNG quer agradecer a todos os veciños e veciñas do casco urbano estradense o seu apoio, que estimamos se debeu en primeiro lugar a un traballo constante en defensa dos intereses cidadás, como foi o caso do IBI --onde tivemos que facer de oposición e goberno--, aínda que non unicamente, sabendo sempre estar coa xente da Estrada. En todo momento, os concelleiros e concelleiras do Grupo Municipal, así como toda a organización local, nos marcarmos como obxectivo prioritario denunciar a política caciquil, partidista e de burla e desprezo á cidadanía que exerceu o PP, á que apuxemos unha actuación de apoio á cidadanía e á súa dignidade, intentando en todo momento integrar a nosa liña política municipal coa liña política do BNG a nivel nacional, e levando as reivindicacións municipais aos Parlamentos galego, español e europeo. |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 11
|
|
|
|
Luns 06 de Xuño de 2005 - 22:40

Son moitos os anos que Gonzalo Constenla, Porta-voz Municipal do BNG na Estrada, ten dedicado á política activa desde un ámbito máis local. Agora o Bloque confía na súa valía e experiencia para defender A Estrada e a súa comarca desde unha instancia superior, o Parlamento de Galiza.
"O Sr. Palmou, que ademais de Conselleiro é Secretario Xeral do PP, estaba máis ocupado en solucionar os problemas internos do PP que en arranxar os problemas da Estrada". |
|
Ler máis...
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Luns 09 de Maio de 2005 - 23:53
O BNG rexeita, e así o expresou no pleno ordinario de maio, que se lle otorgue ao Conselleiro de Medio Ambiente, o Sr. Barreiro, o Salmón de Ouro porque polo seu apoio ás politicas de destrución dos ecosistemas fluviais, nomeadamante a construción salvaxe de encoros nos ríos galego, algúns deles no nosoi Concello, e o apoio á contaminación da Ría de Pontevedra que supón a permanencia de ENCE en Lourizán, non é merecedor dea esta insignia de ouro, que debería recaer, en todo caso, en persoas que se caractericen por todo o contrario. |
|
Ler máis...
|
|
4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
|
|
 |
| Boletín |

Descarga o boletín de xullo 2010
|
|
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|