|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Sábado 03 de Maio de 2008 - 23:52
Gonzalo Constenla, Delegado de Medio Rural, e Raquel López Doce, Concelleira de Medio Rural da Estrada anunciaron que a Consellaría de investirá grazas ao Plan Bianual de Infraestruturas Agrarias 2007-2008 máis de 6 millóns de euros en distintas obras e proxectos no noso Concello. Gonzalo Constenla e Raquel López fixeron asimesmo unha recapitulación de todo o investido na Estrada polo departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal, e estiman que chegará a un total de 25 millóns de euros dende 2005 até finais de 2008, apenas tres anos e medio de goberno nacionalista na Xunta.
Estes números deixan en ridículo os 16 anos de Goberno do PP na Estrada e na Xunta, que, como todos sabemos, os orzamentos da Xunta apenas tiveron incidencia na Estrada.
O proxecto singular da Cooperativa Monte Cabalar lévase unha suma importante dos orzamento, mais tamén están contempladas a mellora de distintos viais e varias parroquias do Concello, así como as concentracións parcelarias de Arca e Codeseda. |
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 06 de Decembro de 2007 - 14:30
A Consellaría de Medio rural investirá 166.795 euros para a mellora de viais en Couso, Toedo, Guimarei e Oca, cuxas obras se levarán a cabo ao longo do vindeiro ano
Estes investimentos formarn parte do Plan Estratéxico de Infraestruturas de Medior Rural que a Consellaría que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal, está a levar en todo Galiza, e que, no caso da Estrada destina máis de 166 mil euros para a mellora de infraestruturas, e que son un adianto do que investirá a Consellaría no noso Concello, que, recordemos, neste ano foron 4.600.000 euros, un cifra record até hoxe.
O BNG da Estrada quere destacar o grao de cumprimento que esta Consellaría en particular está a ter coa Estrada, cando o Partido Popular presidía a Xunta, o grao de investimento no noso Concello en particular, era practicamente inexistente, e tivo que ser o BNG, unha vez que se fixo cargo de varias Consellarías as que destinaran á Estrada os investimentos que tantos anos se nos negaban. |
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 22 de Novembro de 2007 - 17:15
O Concello da Estrada contará por primeira vez cun Regulamento de Participación Cidadá grazas á iniciativa do BNG
O BNG cumpre así coa promesa que fixo ao presentarse ás eleccións municipais e tamén co acordo de Co-Goberno Municipal asinado co PSOE
O Regulamento de Participación Cidadá foi unha iniciativa do BNG no último mandato do Partido Popular, presentando unha moción no Pleno Ordinario do mes de maio de 2006, pero que nunca se chegou a discutir en comisión algunha porque o PP non tiña o máis mínimo interese en dotar aos veciños e veciñas da Estrada dun instrumento desde o que puideran canalizar as súas demandas, e favorecer a participación activa de todos os veciños e veciñas na vida do seu Concello dende distintos ámbitos de actuación: a parroquia, a entidade cultural, deportiva, dende o traballo e a empresa, etc.
O Regulamento de Participación Cidadá foi unha das promesas do BNG cando se presentou ás eleccións municipais no pasado mes de maio, e tamén foi un dos aspectos contemplados no acordo de co-goberno co PSOE, e dende onte é xa unha realidade, logo de ser aprobado por maioría absoluta do Pleno da Corporación, a iniciativa do Concelleiro de Participación Cidadá, o nacionalista Xan Carlos Castro Blanco.
(Descarga o Regulamento aprobado) |
|
Ler máis...
|
|
Calificación usuario/a:    / 1
|
|
|
|
Mércores 05 de Setembro de 2007 - 14:52
Hai algo máis dun ano o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, daba conta na Estrada da creación dunha Comisión para a realización dun Proxecto de Revitalización da parroquia de Sabucedo. Esta comisión está integrada pola Vicepresidencia da Xunta de Galiza, a Consellaría de Medio Rural e Consellaría de Vivenda e pretende promover un conxunto de iniciativas para favorecer o desenvolvemento integral do lugar de Sabucedo.
Pois ben, logo dun ano de reunións empezan a verse os primeiros froitos, xa que a Consellaría de Innovación e Industria aportará 315.000 euros para levar a cabo o acondicionamento do entorno do Campo do Medio de Sabucedo, que é de vital importancia para o turismo da zona, pois é neste lugar onde se celebran a verbena e demais actos da tradicional Rapa das Bestas. O obxectivo desta actuación é proceder á dinamización desta área rural e potenciar a celebración da Rapa das Bestas, conservando e valorizando os recursos etnográficos, culturais, paisaxísticos e medio ambientais da parroquia de San Lourenzo de Sabucedo e, en xeral, da comarca.
Dende o BNG da Estrada valoramos moi positivamente esta iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria que ven poñer as cousas no seu sitio, logo que desde distintos ámbitos da política estradense se acusara á Consellaría gobernada polo BNG de falta de sensibilidade coa Estrada, o cal é radicalmente falso como se ven de demostrar, aínda que tamén o demostran outras iniciativas como pode ser a Cidade do Moble. Asemade, outras Consellarías dirixidas polo BNG, por exemplo a Consellaría de Medio Rural, tamén teñen A Estrada entre as súas prioridades, como o demostra o orzamento record (4.600.000 euros) desta Consellaría para o 2007 en distintas actuacións no noso Concello (concentracións parcelarias, Monte Cabalar, etc). |
|
Calificación usuario/a:    / 1
|
|
|
|
Martes 10 de Abril de 2007 - 18:34
A Consellaría de Medio Rural investirá, grazas ás xestións feitas polo BNG da Estrada, máis de 4.600.000 € neste ano 2007, o que contrasta co que investiu o PP nos últimos cinco anos de goberno na Xunta, que só investiu pouco máis de 3.400.000 €, o que é indicativo do grao de compromiso que tiña o Partido Popular co noso Concello a pesares de ter entre os seus Conselleiros a destacados membros do PP local, que foi incapaz, o mesmo que o PP na Alcaldía da Estrada, de traer investimentos para A Estrada e sacala da parálise na que leva anos encaixada, grazas á súa falla de iniciativa política para solucionar os problemas dos nosos veciños e veciñas.
De entre os investimentos previstos destacamos a execución da rede de camiños nas parroquias de Arca e Codeseda, cun investimento de 3.386.000 €; nestas dúas parroquias tamén se investirán máis de 100.000 € para o proxecto de concentracións parcelarias que se levarán a cabo. O BNG da Estrada tamén conseguiu o compromiso da Consellaría para a execución da obra da traída de auga na parroquia de Couso, para o que se destinarán máis de 400.000 €. A parte do referido, a Consellaría aportará á Cooperativa Monte Cabalar, coa que asinou un convenio de colaboración, máis de 240.000 €.
O BNG da Estrada consegue investimentos e obras das Consellarías que dirixe na Xunta para o noso Concello a pesares de non gobernalo, o que contrasta o co executado por uns, o PP, e co prometido por outros se gañan as eleccións municipais, o PSOE. |
|
1 2 3 4 5 6
|
|
 |
| Boletín |

Descarga o boletín de xullo 2010
|
|
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|