Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Os viciños e viciñas de A Estrada pechan-se no Concello  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Venres 19 de Decembro de 2003 - 00:00

Mália a que o BNG expuxo as suas propostas ao Grupo de Governo do PP para solucionar o problema do Catastrazo (suba do 60% no recibo da contrición), éstas foron rexeitadas polo Partido Popular, deixando como única alternativa o peche indefinido dos viciños e viciñas, xunto cos Concelleiros do BNG, nas depedéncias municipais ata que se convoque un pleno extraordinário para atallar un problema que afecta a meirande parte dos viciños e viciñas da vila, que é o incremento desmesurado do recibo do IBI.

Os afectados e afectadas pechados no Concello convocan a todos e todas para asistir á Asemblea Informativa que se celebrará hoxe, venres 19, ás 21:00 H. nas oficinas do Concello, para incrementar a presión sobre o grupo de Governo, para que convoque un Pleno Extraordinário e para organizar o peche para o fin de semana.

Acude á Asemblea!!!!

Ler máis...

Consuma-se o Catastrazo!!!  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Venres 14 de Novembro de 2003 - 00:00

Estes días están chegando aos domicílios dos propietários de pisos, baixos comerciais, casa, fincas, garaxes, etc. do casco urbano da Estrada os recibos do Imposto de Bens Inmóbeis (coñecido como a contribución urbana) nos que, salvo nos casos de bonificacións por familia numerosa, pisos de protección oficial ), figura un incremento do 60% a respeito do ano pasado, en clara contradición coas declaracións de destacados dirixentes do PP tanto locais como Estatais, nas que afirman que o "PP baixa os impostos".

Maribel Ruíz Ferro, Concelleira do BNG, integrante da comisión de Facenda, responde ás nosas preguntas sobre este asunto:

Ler máis...

O BNG quere reducir os gastos correntes do Concello  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 15 de Outubro de 2003 - 00:00

Nun acto de responsabilidade coas mermadas arcas municipais, o BNG propuxo no pasado pleno do día 13 de outubro unha redución de 40.000 euros anuais das dietas que o Concello paga aos edís, por asisténcias a plenos e comisións, e nas subvencións aos grupos municipais, que foron ambas rexeitadas polo PP e o PSOE.

Ler máis...

O Governo Municipal do PP Sobe un 60% os recibos da Contribución Urbana  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Xoves 17 de Abril de 2003 - 00:00

No Pleno ordinário celebrado pola Corporación Municipal o pasado mes de Marzo, o grupo de governo municipal do PP sacou adiante, cos únicos votos en contra do BNG, a aprobación inicial da Ordenanza Fiscal do Imposto sobre Bens Inmóbeis (IBI), coñecido popularmente como contribución urbana.

Dita ordenanza estabelece que a porcentaxe que se lle aplicará a todos os bens inmóbeis pasará do 0,25% ao 0,40%, o cal supón unha suba do 60%, e segue-se-lle impondo a obriga de contribuír ao Solo Apto para Urbanizar. Á parte desta suba, ao recibo haberá que engadir-lle o incremento do IPC do ano 2002 aplicado polo Governo Central sobre o valor catastral.

Praza da Farola
A meirande parte dos bens inmóbeis afectados pola suba do IBI están na Vila

AÍNDA ESTAMOS A TEMPO DE PARAR ESTA INXUSTIZA,
que se pode materializar cando, despois das eleicións, comecen a chegar os recibos.

Para evitá-lo, o
BNG CONVOCA UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA, O LUNS 28 DE ABRIL, ÁS 9.00 HORAS NA SALA DE CONFERÉNCIAS DO TEATRO PRINCIPAL


AGORA É O MOMENTO, DESPOIS XA SERÁ DEMASIADO TARDE. ACUDE Á ASEMBLEA INFORMATIVA!!!


PRESENTA URXENTEMENTE UNHA RECLAMACIÓN INDIVIDUAL NO CONCELLO
Ler máis...

O BNG solicita unha partida orzamentaria destinada a paliar a suba do IBI  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Sábado 21 de Decembro de 2002 - 00:00

Na pasada lexislatura municipal, a Xeréncia do Catastro, co consentimento do alcalde por meio da sua sinatura, procedeu a actualizar os valores catastrais da Estrada, o cal deu como resultado unha proposta chea de erros e cantidades desproporcionadas. A cidadania, indignada polos custes que tal despropósito lles suporia, mobilizou-se en torno a unha Plataforma Cidadá que conseguiu que o governo municipal dé-se marcha atrás e, polo menos, só se aplicase o coeficiente do 0,25% nos recibos do IBI mentres non se procedese a variar a Ponéncia de Valores axustada aos verdadeiros valores de mercado e se correxisen os numerosos erros que contiña e contén.

Ler máis...

O BNG apresenta unha moción contra a suba das tarifas de SOGAMA  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 17 de Setembro de 2002 - 00:00

Solicita da empresa pública SOGAMA a paralización da aplicación do incremento das tarifas, previsto para o 1 de xaneiro de 2003

No pasado mes de xullo a empresa pública SOGAMA decidia, de xeito unilateral, a suba do prezo por tonelada tratada desde 32,80 euros até 41,80 euros con vixéncia desde o 1 de xullo, asi como unha progresiva actualización de tarifas que situará o prezo do tratamento por tonelada no ano 2005 en 60,25 euros, quer dicer, que as tarifas de SOGAMA atinxirán case o duplo en tres anos, situando-se nas máis caras do Estado español e farán, dalgunha forma ou doutra, disparar a xa desmedida presión fiscal que sofren nestes momentos os contribuíntes estradenses.

Ler máis...



 <<  <  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal