Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A Asemblea de Viciños condea unanimemente a actitude provocadora do Alcalde  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 14 de Xaneiro de 2004 - 00:00

A Asemblea de Viciños e Viciñas condea unanimemente a actitude provocadora do alcalde, tanto onte co chamamento aos alcaldes de bárrio para provocar incidentes entre os asistentes ao pleno como a sua actitude no día de hoxe á chegada ao Concello, arrincando carteis e ameazando aos veciños, chegando mesmo a agredir a un dos manifestantes que xa presentou denuncia contra el. A sua intención é provocar enfrontamentos para así xustificar o desaloxo. Polo que reiteramos a nosa demanda aos veciños para que sigan a desenvolver a sua protesta de xeito pacífico e democrático sen responder ás súas provocacións. Tamén a Asemblea amosa sua solidariedade co veciño agredido e repulsa as declaracións do alcalde dando publicidade na Radio Local de datos persoais, insultos e calumnias.

Ler máis...

O PP e o PSOE votan en contra da moción dos viciños e viciñas  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Luns 12 de Xaneiro de 2004 - 00:00

O PP eo PSOE van de novo da man e rexeitan a moción apresentada polo BNG no nome dos viciños e viciñas afectados pola suba da contribución, que significaría unha bonificación para inmobles do casco urbano do 75% nos recibos do ano 2004, que compensaría a suba do 2003 e a correspondente do 2004, e para os vindeiros anos unha bonificación do 37,5%, ata que se redacte unha nova ponéncia de valores.

Ler máis...

O BNG denúncia ao Alcalde na Consellaría de Xustiza, Interior e Admon. Local  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Venres 02 de Xaneiro de 2004 - 00:00

O BNG de A Estrada solicitou onte, 2 de Xaneiro, no rexistro da Consellaria de Xustiza, Interior e Administración Local, dirixida polo Sr. Jesús Palmou, que o citado organismo tome as medidas oportunas perante a actitude do Sr. Alcalde, Ramón Campos de Infrinxir a Leis de Bases de Réxime Local.

Ler máis...

Fin de Ano Reivindicativo: Contribución Solución!!!  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 31 de Decembro de 2003 - 00:00

Hoxe 31 de decembro, os veciños e veciñas afectados pola suba desproporcionada do IBI, logo de 13 dias pechados no Concello, reivindicando a convoctoria do pleno correspondente ao presente mes para tratar a súa problemática, continúan co seu encerro dado o incumprimento da legalidade vixente acometida polo alcalde e denunciando a súa negativa a abordar un grave erro de xestión que lle acarrea a moitos estradenses unha suba de ao menos o 60% do seu recibo da chamada "contribución".

Fin de Ano!!!
Viciños e Viciñas pechados no Concello celebrando o fin de Ano 2003
Ler máis...

Ficou inaugurada a Praza da Contribución  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Domingo 28 de Decembro de 2003 - 00:00

Hoxe ás 17 h. ficou inaugurada a que será desde hoxe a Praza da Contribució



O Sr. Alcalde e a Sra. Conselleira de Inauguracións
O Sr. Alcalde e a Sra. Conselleira de Inauguracións inaugurando a Praza da Contribución

A inauguración levouna a cabo a Sr. Belén Eugasto Quetipagas, Conselleira de Inauguracións, acompañada polo Sr. Alcalde, Manuel Alén e por toda a corporación municipal, que descubriu unha placa conmemorativa na que se pode ler o seguinte texto:

Esta Praza da Contribución, que foi pagada polos sufridos contribuintes da Estrada, foi inaugurada, con certo retraso, o 28 de Decembro de 2003, pola Conselleira de Inauguracións Dona Belén Eugasto Quetipagas, sendo Alcalde Don Manuel Alén.
O Sr. Alcalde e a Sra. Conselleira de Inauguracións
O Sr. Alcalde, Manuel Alén, e a Sra. Conselleira de Inauguracións, Belén Eugasto Quetipagas
Ler máis...

Entrevista co Valedor do Pobo  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Domingo 28 de Decembro de 2003 - 00:00

Unha representación dos viciños e viciñas pechados desde o día 19 de decembro no Concello, xunto co Deputado Bieito Lobeira, entrevistarán-se, mañá luns 29 de decembro, co Valedor do Povo, Sr. José Ramón Vázquez Sandes, para expor-lle unha queixa sobre a situación que están a sofrer por parte do Alcalde

Ler máis...



 <<  <  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal