Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG solicita unha entrevista co Director Xeral de Obras Públicas  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Mércores 04 de Abril de 2007 - 11:08

A parálise que caracteriza ao PP no goberno municipal ponse de manifesto unha vez máis ao ser incapaz de executar un simple acordo plenario, no que se lle solicitaba que intermediara coa COTOP para impedir que se inicien as obras da autopista sen antes arranxar os danos ocasionados.

Como dixemos, unha vez queda demostrada a incapacidade e ineptitude para levar adiante un Concello, e responder ás demandas veciñais, que viñan denunciando en reiteradas ocasións os desperfectos ocasionados nas súas propiedades, e agora atópanse con que a empresa contratada pola COTOP retoma os traballos sen antes arranxar os desperfectos.

Ler máis...

Manifestación do BNG da Estrada en Moraña  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Domingo 18 de Marzo de 2007 - 23:34
manifestacion_moranha.jpg

O BNG da Estrada, con Raquel López Doce, portavoz municipal á cabeza, manifestouse hoxe en Moraña, acompañando ao BNG de Cuntis e Moraña, que se manifestaron por mor da paralización das obras de mellora que a Consellaría de Política Territorial estaba acometendo na estrada Moraña-Porráns, pola que a diario pasan centos de persoas, mesmo veciños e veciñas da Estrada que escollen este itinerario para evitar os permanentes atascos de Caldas de Reis.

cartel.jpg

A mellora desta estrada, que como todos sabemos atopábase en moi mal estado, sendo a única vía de comunicación dos veciños e veciñas de Moraña con Pontevedra, foi unha reivindicación feita ao longo de moitos anos polos veciños e veciñas de Moraña. Logo de comezaran as obras de mellora da estrada, a Consellaría que dirixe a socialista María José Caride paralizounas por falta de presuposto deixando o arranxo da estrada sen rematar.

Ler máis...

O BNG solicítalle á COTOP que arranxe determinados viais do noso Concello  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 13 de Marzo de 2007 - 19:58

Nunha moción presentanda onte luns no Pleno ordinario do mes de marzo, o BNG solicitou que se inste á Consellaría de Política Territorial que inclúa os viais PO-841(A Estrada – Santiago), e PO-213 (A Estrada – Ponte Ulla) e PO-214 (Baloira –Pontecesures) no Plan de Infraestruturas de Transporte co fin de adecualas ás demandas de utilidade existentes por parte da cidadanía, en condicións acordes coa nova visión estratéxica do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2006-2010.

Na mesma moción tamén se insta á mesma Consellaría a reapertura inmediata da Estación de Autobuses da Estrada, que leva xa varios meses pechada, o que está a causar graves prexuízos aos veciños e veciñas.

O BNG tamén aproveitou a presentación desta moción para solicitar á Consellaría de Política Territorial a reanudación inmediata das obras de acondicionamento da estrada PO-226 Cuntis-Porráns no tramo Moraña-Porráns.


O PP oponse a substituír bandas rugosas  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 14 de Novembro de 2006 - 12:08

O PP ven de rexeitar unha moción do BNG que instaba ao grupo de goberno a substituír as bandas rugosas que se colocaron na Rúa Fernando Conde por “lombos de burra”, como os que colocaron na rúa Gradín.

bandas rugosas

Os veciños e veciñas desta rúa queixáronse en reiteradas ocasións da excesiva velocidade que experimentan os vehículos e o concello optou por unha medida drástica: colocar até 23 bandas rugosas, que impide o tránsito normal por esa rúa.

O BNG con esta moción pretende que se substitúan esas bandas rugosas por “lombos de burra”, que teñen vantaxe fronte ás bandas rugosas (pensadas para ser instaladas de xeito provisional en zonas de obras, e non de xeito permanente en zonas residenciais), entre elas que ademais de servir para limitar a velocidade dos vehículos a velocidades seguras e razoables (40 Km/h.), son máis seguras para os peóns xa que o estar os pasos de peóns elevados mellorase notablemente a súa visibilidade, non danan os vehículos, non son ruidosas e teñen outra vantaxe engadida que é a accesibilidade que proporcionan, sendo un importante elemento na eliminación de barreiras arquitectónicas ao por ao mesmo nivel os pasos de peóns e as beirarrúas.


Acceso á AP-53 en Orazo  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Xoves 12 de Outubro de 2006 - 23:22

Ante a inminente inicio das obras de acceso á AP-53 en Orazo, e ante os problemas que aínda sen solucionar de obras anteriores, o BNG presentou o pasado luns unha moción na que se insta á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a que non autorice o reinicio da execución das obras do Acceso á AP-53 en Orazo, sen antes solucionar todas as deficiencias existentes (acondicionamentos de accesos a fincas, repoñer camiños, canalización de augas pluviais, reposición de traídas de augas, etc), denunciadas polos veciños e veciñas e das que xa ten constancia a propia Consellería. A citada moción foi apoiada por unimidade de todas as forzas políticas do Concello.


O BNG presenta unha moción apoiando as demandas dos veciños de Callobre  
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Martes 10 de Outubro de 2006 - 11:15

O BNG da Estrada, logo de manter unha reunión cos veciños e veciñas afectados, presentou unha moción, que foi secundada polas restantes forzas políticas, na que se apoia a alegación que formulan os veciños e veciñas de Callobre e, a asociación desta parroquia "Isaac – Quen Queirades", consistente na modificación do proxecto coa supresión da Dotación de carril adicional na N-640 e Reordenación de Accesos (Punto 1.5 da Memoria explicativa –páxina 3-, e Punto 2.3.2. do documento sometido a información - páxinas 43 a 45-) e a formulación do inicio da variante no entorno do punto quilométrico 8+200 (á altura que se plantexa o paso inferior) coa supresión do resto do trazado.

No caso de que esta alegación non fora aceptada, o BNG solicita que se proceda a dar solución ao problema exposto por medio da instalación, ben dunha Ponte Elevada sobre a N-640, ben creando un Paso Soterrado baixo a N-640 entre os P.K 8+640 e 8+696, no que non se afectan vivendas e tendo en conta os viais existentes, que permita, en condicións de seguridade, a comunicación e transito de persoas, vehículos, maquinaria agrícola e gando entre ámbalas dúas marxes da estrada N-640.

Ler máis...



 <<  <  1  2  3  4  5  >  >> 

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal