Luns 26 de Xaneiro de 2004 - 00:00
O mitin do PP no homenaxe a Reimóndez confirma a nosa denuncia da política cultural partidaria e profundamente sectaria que está a levar a cabo a facción deste partido na Estrada. Política cultural que nada ten que ver coa do BNG alí onde goberna que é respectuoso co carácter institucional deste tipo de actos. Así, por exemplo, mentres esto ocorría na Estrada, o BNG en Pontevedra entregaba os premios “cidade de Pontevedra” a dous ex-concelleiros do PP e do PSOE, polo seu labor a prol da cultura nesa vila.
Esto na Estrada é impensable, aquí mesmo se prohibe o uso de terreos públicos para erixir un monumento á corporación republicana fusilada en 1937, porque no noso Concello aínda goberna a Santa Inquisición, aínda non chegou a transición.
Pero como a intoxicación informativa desta organización non ten límites e por enriba de excluír ao BNG e a calquera tipo de colectivo cultural – mesmo aos autores desta iniciativa do “ano cultural” – do consenso para propoñela, por non mostrar a nosa adhesión cega e muda diante dos feitos consumados, atrévense a malversar as nosas palabras obrigándonos a contestar publicamente:
1º É mentira que o BNG teña nada en contra de que se lle renda homenaxe ao ex-alcalde de Alizanza Popular, Manuel Reimóndez Portela, senón que mesmo temos apoiado a iniciativa de dedicarlle o Museo Estradense.
2º O noso voto en contra é por incumprir acordos previos sobre a denominación do rueiro (non dedicar rúas mentres non se fixese unha revisión global), pola reiterada marxinación á recuperación da memoria histórica estradense e polo veto a homenaxear aos que non foran adictos ao réxime.
3º No Pleno do día 12 ofrecemos o noso voto favorábel si había un cambio de actitude e se remataba a censura e a discriminación. Como se contestou desfavorablemente non nos quedou máis remedio que votar en contra. |