O voceiro do BNG no concello de Agolada presentou no pleno ordinario que se celebrou o día 28 de febreiro, unha iniciativa que ten por obxecto a creación dunha comisión para organizar a feira da artesanía de Agolada.
Do que se trata é de deixar de facer unha feira de artesanía, por chamar
o tema delgunha maneira, xa que o final somente se trata duns tenderetes para
vender catro cosiñas, as mesmas que hai sempre en todolos mercadillos, e tentar
facer unha mostra de traballos artesanais, en vivo, con mostras e talleres nos
que a xente participe.
- Artesans do barro, que traballen en vivo e deixen a xente probar e facer os
seus monecos.
- Traballadores da pedra, canteiros,
- Ferreiros, que fagan ferramentes, coitelos, etc.
- Zoqueitos, e artesanos do coiro, da madeira, cos traballos que se fan hoxe en dia para xoguetes, e outros.
- Palilleiras e traballadoras do liño, e telares.
- Gaiteiros que fan instrumentos, gaitas, guitarras, etc
Pero o que realmente se pretende é que sexan interactivos. Evidentemente ten que ter a sua parte comercial, pero o esencial seria velos traballar en vivo, e que poidan
participar aquelas persoas que queiran. Ai que tentar de que o ambiente sexa diferente, musica en vivo, nas ruas. Actuacions teatrais, malabares. Películas , proxeccions de fotos,
mimos. Conseguir que a cultura saia as rúas, e sexa nos pendellos como
dinamizador e centro do mesmo.
Na proposta pretendese que forme parte da comisión:
- Representación de cada un dos grupos da corporación de Agolada.
- Representación das Consellerías de Innovación e Industria, de Cultura, e de Medio Rural.
- Representación da Deputación de Pontevedra.
- Representación da Asociación de Amigos dos Pendellos.
- Representación da Asociación de Empresarios e Comerciantes.
- Representación de asociacións agrarias locais.
- Persoas que se queiran participar a modo individual.
|