BLANCO OBTIVO O COMPRISO DA VICEPRESIDENCIA DA XUNTA PARA POR EN FUNCIONAMENTO A RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE AO IGUAL QUE A CREACIÓN DUNHA GARDERÍA PÚBLICA (GALESCOLA) EN AGOLADA

Xosé Ramón Blanco, voceiro do BNG en  Agolada, valora moi positiva a entrevista  mantida co delegado provincial da Vicepresidencia da Xunta de Galiza en Vigo o pasado día 23 de marzo.

O BNG DEMANDA MAIOR INVERSIÓN PARA REMATAR AMPLIACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE AGOLADA.
Blanco asegura que dende que o PP de Agolada prometeu no ano 2003 unha ampliación do Polígono Industrial de Agolada, despois de catro anos aínda apenas hai realizado o movemento de terras, o que supón o 15% total das obras e a este ritmo non se rematará antes do ano 2012

CONSTELA ANUNCIA AO VOCEIRO DO BNG A CONTRATACIÓN DOS TRABALLOS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA EN DUAS ZONAS DE AGOLADA.
O Delegado de Medio Rural confirmou que este ano vaise levar a cabo o levantamento topográfico das zonas de Agra-Sexo-Val-Baíña e de Berredo-Basadre-Bidian-Ramil. O delegado confirmou tamén as cifras a investir: 298.477 €.

XOSÉ RAMÓN BLANCO MANTIVO UNHA  ENTREVISTA CO DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL, D. GONZALO CONSTELA BERGUEIRO, PARA TRATAR A SITUACIÓN DAS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS DAS PARROQUIAS

O voceiro do BNG tamén tratou con Constenla outros asuntos, como foron as obras de arranxo de pistas que a consellaría está a levar a cabo no concello ou a limpeza dos camiños no monte da parroquia de Brocos.

O BNG PROPÓN INVESTIR ANUALMENTE NA PARROQUIA DE BROCOS UN 75% DOS INGRESOS QUE O CONCELLO RECAUDA POLO ENCORO DE PORTODEMOUROS.
 

O voceiro do BNG no concello ven de formular unha proposta que supón, como mínimo, superar a cifra dos 15.000 euros anuais a investir na parroquia.

Blanco afirma que hai unha débeda histórica coa parroquia de Brocos dende o ano 1968  en que foi construido o encoro, xa que tanto concello como deputación se benefican duns ingresos que non repercuten nos veciños da parroquia que son os que sofren os prexuízos do encoro.

O BNG VEN DE SOLICITAR NO CONCELLO O PROXECTO E AS FACTURAS DE MATERIAL E DEMAIS GASTOS OCASIONADOS POLA REFORMA DO CAMPO DE FUTBOL DE AGOLADA.

Xosé Ramón Blanco, presentou un escrito no concello reclamando a documentación correspondente aos gastos.

CULTURA RESTAURARÁ OS ‘PENDELLOS’ DE AGOLADA E O SEU CONTORNO

Investiranse 174.000 euros no vindeiro ano 2007. Inclúe a rehabilitación de dous inmobles que forman parte do conxunto protexido: a Capela das Virtudes e a Casa das Neves

AGOLADA NON RECIBE CARTOS DA XUNTA PARA A FESTA DO BECERRO PORQUE O ALCALDE NON PRESENTOU AS SOLICITUDES EN TEMPO.

De feito, Ramiro Varela tan só comunicou a celebración da festa ao delegado provincial da Consellaría de Medio Rural o pasado 3 de novembro, e nin tan só a rexistrou no correspondente rexistro ao efecto, cando a convocatoria de axudas fora publicada no DOG en decembro do ano pasado.

A CONSELLARÍA DE MEDIO RURAL ADICA UN INVESTIMENTO 55.000 € AO REMATE DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA DA PARROQUIA DE ESPERANTE.

O investimento previsto para a parroquia de Esperante en Agolada, de 55 mil euros, destinarase á creación da rede de camiños e ao acondicionamento de servizos de concentracións parcelarias.

VISITA AOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DE AGOLADA.

As delegacións provinciais das consellarías de Medio Rural e Cultura en Pontevedra están a desenvolver unha serie de charlas e visitas en distintos concellos coa finalidade de divulgar o Patrimonio arqueolóxico entre distintas comunidades de montes, parroquias....

O BNG DENUNCIA QUE O PP UTILIZA DISTINTO RASEIRO NO TRATAMENTO DO URBANISMO MUNICIPAL.

A persoas próximas ao equipo de goberno permítenselle construcións ilegais e sen licenza urbanística. Temos constancia da existencia no concello de denuncias de particulares que non se tramitan por ir contra de membros do PP

GONZALO CONSTELA, DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL EN PONTEVEDRA, VISITOU AS PARROQUIAS DE TRABANCAS E BRÁNTEGA NO CONCELLO DE AGOLADA

Por medio desta visita, que tivo lugar o pasado sábado 3 de xuño pola tarde, o delegado da consellaría coñeceu a situación destas parroquias e informou ao veciños da situación da concentración parcelaria e doutros asuntos relacionados co medio rural que está desenvolvendo a consellaría.

AO ALCALDE DE AGOLADA VAILLE MEDRAR A NARIZ POLAS MENTIRA QUE CONTA

Ramiro Varela ten o costume de facilitar información falsa aos medios cando o BNG lle descubre algún tipo de falcatruada. É falso que as asociacións non cobrasen as subvencións por non telas xustificado, xa que en tódolos casos foron xustificadas a no mes de xaneiro deste ano.

O BNG considera excesivo o retraso que acumula a compra dos Pendellos de Agolada.

En decembro de 2004, o presidente da deputación de Pontevedra garantizou unha subvención de 142.000 € para a compra dos inmobles e aínda non se materioalizou o proceso

O BNG pide crear unha comisión para organizar a Feira da Artesanía nos Pendellos.

A finalidade é dinamizar o evento, fomentar a participación da sociedade de Agolada na súa realización e darlle un empuxe coa implicación da Xunta de Galiza e a Deputación de Pontevedra.

O BNG propón ao PP un Plan de Infraestructuras para Agolada no 2006.

Trátase de actuacións relacionadas coa apertura de  camiños rurais, saneamentos e asfaltado de pistas rurais, traidas de augas, alcantarillado e demais obras comunitarias que teñen como obxectivo mellorar as condicións de vida dos veciños que viven nas parroquias de Agolada.

A consellería de Medio Rural dedica 303.802 euros para obras e infraestructuras en Agolada no período 2006-09.

O BNG considera que a nova aportación da Consellería de Medio Rural para infraestructuras en Agolada mellora sustancialmente as cantidades do anterior goberno da Xunta de Galiza.

Cargos da Xunta respaldan ao BNG de Agolada no seu décimo aniversario

Carme Adán, Gonzalo Constela e Lois Bara, encontrábanse entre os asistentes ao acto

 

 Contacto |Legal

novo estatuto

 

panelgrupo.jpg