Nacín hai 41 anos na parroquia de Brocos, Agolada.

    Cursei estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Historia Contemporánea.

    Actualmente traballo na Consellaría de Medio Rural, no distrito forestal de Noia.

    Milito no nacionalismo galego dende fai 20 anos cando entro a formar parte dos Comités Abertos de Facultade na miña época de estudante, dos que fun membro do seu órgano directivo, o Consello Nacional.

    Fun membro do Claustro da Universidade de Santiago entre os anos 1990 e 1992

    Entre os anos 1992 e 1995 exercín o cargo de Vicepresidente do Consello da Xuventude de Galiza.

    Os meus compañeiros de organización elixironme para que ocupase o cargo de Portavoz Municipal do BNG de Agolada dende o ano 1995, ano en que entro a formar parte da corporación municipal.

    Fun vice-responsable comarcal do BNG na comarca de A Estrada-Deza.

    Son membro das Comisións de Agricultura, Urbanismo, Servizos Sociais e Cultura do Consello Nacional do BNG.

    Tamén son membro da asemblea da Mancomunidade de municipios do Deza en representación do Concello de Agolada