O BNG DEMANDA MAIOR INVERSIÓN PARA REMATAR AMPLIACIÓN DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE AGOLADA.

O REMATE DA OBRA ESIXE 884.836 EUROS E O CONCELLO PARA ESTE ANO 2007 PREVE INVESTIR 105.500 EUROS,

TAN SÓ O 11% DO TOTAL.

O voceiro do BNG no concello de Agolada, Xosé Ramón Blanco, considerou no día de hoxe que o proceso de ampliación do Polígono Industrial de Agolada acumula un retraso considerable.
Blanco asegura que dende que o PP de Agolada prometeu no ano 2003 unha ampliación do Polígono Industrial de Agolada, despois de catro anos aínda apenas hai realizado o movemento de terras, o que supón o 15% total das obras e a este ritmo non se rematará antes do ano 2012.
Nos proxectos plurianuais aprobados pola Xunta de Goberno Local de Agolada na súa sesión correspondente ao día 29 de decembro de 2006 para presentar aos plans provinciais da Deputación de Pontevedra tan só figuran 328.562 euros para os anos 2006, 2007 e 2008.
Un raquítico 37 % do total que esixe o proxecto de ampliación elaborado no seu momento polos técnicos municipais. 
Así para o ano 2006 contemplase unha inversión de 84.400 euros.
Para o ano 2007 105.500 euros..
O resto figura para os vindeiros anos, concretamente para o ano 2008 contémplanse tan só 137.662 euros.
Seguindo este ritmo de inversión (ao redor dun 12% anual) no ano 2010 aínda faltaría por executar o 50% do total das obras.
Despois do presupostado para o ano 2008, de acordo co proxecto técnico, as obras que faltan para rematar a ampliación aínda son a rede de abastecemento (50.000 euros), a rede de telefonía (30.000 euros), a rede eléctrica e alumeado (100.000 euros) e a pavimentación dos viais (250.000 euros). Ou sexa ao redor dos 400.000 euros.