AO ALCALDE DE AGOLADA VAILLE MEDRAR A NARIZ POLAS MENTIRA QUE CONTA

Ramiro Varela ten o costume de facilitar información falsa aos medios cando o BNG lle descubre algún tipo de falcatruada.

É falso que as asociacións non cobrasen as subvencións por non telas xustificado, xa que en tódolos casos foron xustificadas a no mes de xaneiro deste ano.

 

Segundo nos comentan os responsables das asociacións, cos que falamos, en xaneiro deste ano se lles remitiu unha carta dende o concello na que se lles comunicaba que tiñan que xustificar a subvención correspondente ao ano 2005 antes do 31 de xaneiro de 2006.


Tras cumprimentar este trámite tódalas asociacións coas que falamos se atopan a día de hoxe coa subvención xustificada e aínda sen cobrar.


Dicir que tal como nos informou algunha asociación, coñecedora de obriga de xustificación da devandita axuda, anticipouse no tempo e xa remitiu a documentación no mes de novembro do ano pasado.
As asociacións coas que nos puxemos en contacto e que xustificaron a subvención en tempo e  aínda non cobraron son:

  1. Asociación Avelaíña...................................................................................... 1000 €.

  2. Asociación de Pais e Alumnos “Agromar”....................................................... 1500 €.

  3. Asociación Amigos dos Pendellos.................................................................. 1250 €.

  4. Sociedade Deportiva Agolada ....................................................................... 3000 €.

  5. Asociación Bico da Balouta........................................................................... 3000 €.

Hai asociacións que teñen certos problemas de liquidez económica por mor do concello de non pagarlles os cartos que lles deben. Parece que isto non é motivo de  queixa para o alcalde de Agolada. Para o BNG é moi importante que o tecido asociativo do concello funcione perfectamente xa que nel se sustenta a vida do municipio.

É evidente que o alcalde falta á verdade cando afirma que o motivo da falta de pago é a xustificación dos gastos. Ou por outra parte non se entera de como van as cousas no concello