Orzamentos 2007
Análise Orzamentos Municipais 2007
Cifra total do orzamento.- 2004: 2.021.500
2005: 1.509.531
2006: 1.428.936
2007: 2.656.341
INGRESOS: 2.713.640 euros.
Desglose xeral.-
|
Concepto |
2005 |
2006 |
2007 |
||
|
Transferencias |
75,0% |
65,6% |
937.818 |
55,30% |
1.499.786 |
|
Ingresos propios |
18,8% |
30,0% |
439.304 |
42,77% |
1.159.852 |
|
Débeda |
6,2% |
3,6% |
51.814 |
1,90% |
52.000 |
Increméntase notablemente o financiamento con recursos propios (debido, fundamentalmente, á venda de terreos do Sangal e os terreos das vivendas protexidas: 664.363 euros). A venda destes terreos prodúcese á empresa adxudicataria do polígono do Sangal e á concesionaria da construccións das vivendas de protección social.
O recurso á débeda efectúase, unha vez máis, a través da Caixa de Anticipos de Deputación, sen recurrir a máis endebedamento privado, pois xa existen dous préstamos en Caixanova.
Son uns orzamentos continuistas, sen grandes cambios. O grande incremento das transferencias obedece aos 588.991 euros recibidos do Estado con motivo do traspaso de tramos en desuso da N-541 para investir no seu arranxo.
Os orzamentos péchanse cun superávit de 55.297 euros para financiar o saldo negativo resultante do exercicio 2005, en aplicación do plan de saneamento aprobado o pasado ano. Cando no ano 2005 se comentou desde o grupo do BNG a necesidade de sanear as contas, contestárase que non había nengún problema, que se debía a desaxustes momentáneos derivados a certas diferenzas de criterio da Intervención Municipal. Dous anos despois observamos que estabamos no certo.
O mesmo informe da Intervención fai mención a un maior axuste de certas partidas de ingresos diversos que eran empregadas en pasados exercicios para engrosar artificialmente o capítulo de ingresos tal como fixo constar na liquidación dos orzamentos do 2005.
Impostos indirectos.- As taxas por obras e construccións pasan de 42.000 a 70.000 euros (previsións do Sangal e vivendas protexidas).
Impostos directos.- Rexístrase un incremento pouco destacable dun 10%.
Taxas.- As taxas polo servizo de Axuda a Domicilio pasan de 36.000 a 19.000, prevéndose aportacións da Consellería de Benestar. No resto das Taxas prodúcense pequenos incrementos debido á recente aprobación de novas ordenanzas onde se actualizaban a maioría de taxas por servizos municipais (pleno de outubro).
Transferencias de capital.-
|
Organismo |
2004 |
2005 |
2006 |
2007 |
|
Unión Europea |
64.137 |
87.967 |
54.177 |
0 |
|
Estado |
33.262 |
40.229 |
40.184 |
588.991 |
|
Xunta Galiza |
630.079 |
24.040 |
0 |
0 |
|
Deputación |
133.132 |
142.541 |
230.072 |
159.591 |
|
Total |
893.610 |
294.777 |
324.433 |
748.582 |
Parece dubidosa a exactitude dos datos referidos á Xunta de Galiza, toda vez que nos consta que se están efectuando transferencias de fondos, cando menos, para o remate do Centro de Día da Terceira Idade e, posiblemente, para o PAI.
Non figuran aportacións do POL nin do PPC debido a que non existe aínda información sobre as cuantías económicas a percibir neses programas, no seu momento farase a correspondente modificación de crédito para incluílos no orzamento.
GASTOS: 2.656.341 euros
Tampouco se aprecian variacións sustanciais coa salvedade da partida para o arranxo dos tramos da N-541 transferidos polo Estado.
O salario do alcalde rexistra un incremento próximo ao 2%, continuando na desorbitada cifra de 43.369,22 euros. Consérvase a mesma asignación que o pasado exercicio para os grupos políticos con representación na Corporación (6.611 euros).
Mantéñense os 6.000 euros da Festa Grastronómica e increméntase a partida de Festexos Populares de 6.000 a 11.000 euros.
En axudas á natalidade prevese unha partida de 2.100 euros, o que podería considerarse verdadeiramente escaso para unha política seria de asentamento de poboación no concello.
A partida de productividade dos funcionarios da Administración Xeral increméntase nun 144,6% (de 5.000 a 12.230 euros). Quizais debera pedirse unha aclaración a este punto. Así mesmo, a retribución do Técnico Local de Emprego pasa de 16.543 a 25.779 euros (55,8%).
Existen dúas partidas importantes que conviría aclarar:
- Inversión nova en terreos, adquisición………..524.229,60 euros.
- Outras inversións novas………………………………….164.704,99 euros.
O Canon de SOGAMA redúcese nun 50% (de 33.000 a 16.000 euros) ¿Cal é o motivo?
No apartado de Comunicacións hai unha partida de 13.500 euros correspondente a “reparación, conservación e mantemento de maquinaria e instalacións”. No 2006 era de tan só 1.000 euros.
Evolución da débeda.-
|
|
2004 |
2005 |
2006 |
2007 |
|
Recurso a endebedamento |
125.000 |
190.000 |
51.813 |
52.000 |
|
Amortizacióno débeda |
9.146 |
9.357 |
47.509 |
53.000 |
Clasificación do gasto por funcións.-
|
Débeda pública |
58.895 |
|
|
Acción social |
240.364 |
|
|
Promoción educativa |
7.759 |
|
|
Promoción emprego |
26.259 |
Salario do técnico (concelleiro) |
|
Urbanismo e arquitectura |
965.813 |
|
|
Promoción e difusión da Cultura |
27.560 |
|
|
Deportes |
6.783 |
|
|
Infraestructuras |
627.591 |
|
|
Recursos hidráulicos |
102.000 |
Terreo para nova depuradora |
Retribucións persoal funcionario.-
|
Salario Base |
42.527 |
|
Trienios |
3.878 |
|
Pagas extras |
14.191 |
|
Complementos directos |
28.414 |
|
Complementos específicos |
42.921 |
|
Total |
131.931 |
RESUMO POR CAPÍTULOS:
|
GASTOS |
INGRESOS |
||
|
Persoal |
588.070 |
Imp. Directos |
205.638 |
|
Gto. Corrente e servizos |
486.282 |
Imp.. indirectos |
70.000 |
|
Gtos. financeiros |
6.292 |
Taxas e outros |
216.851 |
|
Transf. correntes |
6.360 |
Trans. correntes |
751.203 |
|
Inversións reais |
1.455.440 |
Ing. patrimoniais |
667.363 |
|
Trans. de capital |
60.902 |
Trans. de capital |
748.859 |
|
Pasivos financeiros |
53.003 |
Pasivos financeiros |
52.000 |
|
Total |
2.656.341 |
Total |
2.711.640 |
CONCLUSIÓN:
É de salientar que o propio informe da Intervención Municipal fai unha mención especial da necesidade de reducir parte do persoal laboral temporal, que debera pasar a ser fixo ou funcionario debido á longa duración da súa relación laboral con Concello.
Así mesmo destaca a mención, en varias ocasións, da existencia dun superávit neste exercicio (55.297 euros) que se emprega para compensar o remanente negativo do exercicio 2005, en aplicación dun plan de saneamento aprobado recentemente. Cando no 2005 se destacou por parte do BNG a aparente necesidade de sanear as contas debido a un excesivo endebedamento e á existencia de partidas de ingresos pouco específicas que estaban infladas para elevar a cuantía total dos orzamentos, desde a Alcaldía respostuse que non era así, que se debía a simples diferencias de interpretación por parte da Intervención Municipal. De feito, nesta ocasión, o informe da Intervención tamén fai mención da notable rebaixa desas partidas que estaban sendo empregadas para cadrar as contas con previsión de ingresos absolutamente desorbitadas.
Por segundo ano consecutivo non hai previsión de transferencias de capital por parte da Xunta, claro exemplo de mala xestión por parte da Alcaldía, pois os orzamentos non recollen a existencia de proxectos importantes de desenvolvemento ou de investimentos que merezan o apoio financeiro do Goberno Galego. Entendemos que deberan existir partidas neste epígrafe a maiores dos convenios que se poidan firmar ao longo do exercicio.
Razonamento do voto en contra.-
Salario do alcalde excesivo.
Orzamentos absolutamente continuistas e pouco ambiciosos descontando as cantidades correspondentes á desafectación da N-541.
Ausencia dunha política clara e definida que promova o desenvolvemento económico do concello.
Aparentemente, a única partida que figura no epígrafe de promoción de emprego é a destinada ao salario do Técnico Local de Emprego, que ve incrementada a súa retribución nun 55,8% (de 16.543 a 26.259 euros). Sería de agradecer que se xustificase este elevado incremento. Suponse que habería moito que facer neste campo e descoñecemos os resultados da labor desempeñada por este técnico nos anos que leva desempeñando as súas funcións.
En Cerdedo, a 15 de decembro de 2006.